Archivo | abril 18, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 18-04-11 Galicia


Caballero anuncia a publicación “inmediata” do listado de parcelas municipais onde edificaranse 500 vivendas protexidas

Algunhas das parcelas, adiantou o alcalde, estarán emprazadas na Praza Elíptica, en Rosalía de Castro, en Lavadores, San Roque, Navia-Alcabre e en Aragón, entre outras. As vivendas “libres de plusvalía” rondarán os 90 metros cadrados e os 120.000 euros, e ergueranse como cooperativa de particulares. Caballero valorou que, por primeira vez, o Concello dispoña dun censo de terreos da súa titularidade, e adiantou que a próxima semana publicarase o listado de parcelas para VPO.

 


O alcalde avanza que estudará cos empresarios e emprendedores novas medidas de apoio ás PEMES

Abel Caballero entrevistouse este luns coa Asociación de Jóvenes Empresarios y Emprendedores de Galicia (AJEGA), con quen comprometeuse a estudar conxuntamente novas fórmulas de apoio ás pequenas e medianas empresas da cidade. Este respaldo, a formalizar nun convenio coa entidade, sumaríase ás rebaixas nas taxas de terrazas e de licenzas impulsadas polo goberno local, e eloxiadas por AJEGA.

 


Xabier Alonso convida a participar na Festa da Bicicleta que terá lugar o vindeiro 8 de maio dende Samil

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este luns a Festa da Bicicleta “Pedaleamos xuntos”, que se celebrará o vindeiro 8 de maio, organizada por Decathlon. O concelleiro nacionalista destacou que se trata dunha “festa do deporte popular, neste caso do ciclismo”, que sairá ás 9.30 horas dende a praia de Samil, chegará ao parque de Castrelos, e voltará ás 14 horas á praia de Samil.

 


O alcalde urxe á Xunta de Galicia a construir o novo colexio Altamar

Abel Caballero reuníu este luns á Asociación de Veciños do Freixeiro para ensinarlles o proxecto elaborado por Urbanismo para edificar un novo centro no lugar que hoxe ocupa o colexio Altamar, evitando así “destruir” a zona verde anexa ao Museo Liste, a outra alternativa proposta. O alcalde indicou que a Xunta de Galicia ten os terreos e o proxecto á súa disposición para telo construído, con “vontade”, en outubro ou novembro.

 


Abel Caballero valorou os “niveis de ocupación moi elevados” rexistrados no primeiro voo Vigo-Londres

O pasado sábado iniciouse a ruta Vigo-Londres subvencionada polo Concello de Vigo e o alcalde valorou hoxe positivamente o establecemento desta conexión para os negocios da cidade olívica e para o turismo. Das 180 prazas dispoñibles, a ruta a Londres ocupou 151 e a volta a Vigo outros 97 asentos. “Acertamos cando apostamos por este avión”, asegurou Abel Caballero.

 

A biblioteca Xosé Neira Vilas continúa o mércores o programa de animación á lectura cun obradoiro de encadernación

A biblioteca pública Xosé Neira Vilas acollerá o vindeiro mércores, 20 de abril ás 19 horas, un obradoiro de encadernación xaponesa, segundo informa a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. Esta iniciativa enmárcase no programa de animación á lectura deste novo espazo cultural da cidade e terá lugar no marco da celebración do Día do Libro.

 


Preto de 400 persoas participaron esta fin de semana en actividades da Concellería de Medioambiente

A ruta nocturna polo Lagares concluiu no Tombo do Gato preto da 1 da madrugada. A visita á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, que tivo lugar o pasado domingo, 17 de abril, foi a última desta tempada.

AYMERICH LEMBRA QUE DESDE QUE GOBERNA FEIJÓO “GALIZA CONTA CON 45.000 PARADOS MÁIS, 75.000 EMPREGOS DESTRUÍDOS E 55.000 AFILIADOS MENOS Á SEGURANZA SOCIAL”

O portavoz parlamentar do BNG afirma que “Santi Domínguez e os demais concelleiros e concelleiras do BNG levan catro anos facendo do concello de Vigo un parapeto social contra a crise” Iolanda Veloso acusa a Corina Porro de estar “muda, caladiña en cuestións fundamentais para a cidade como o financiamento do AVE, a situación da Caixa Galega ou a Área Metropolitana” O portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, pronunciou esta tarde unha conferencia no antigo reitorado da Uvigo, baixo o título “O Estado da Nación galega: 2 anos de goberno do PP”, no cal cualificou o goberno de Feijóo como un executivo esgotado que só pretende esgotar a lexislatura. Na intervención, lembrou os datos en materia laboral e social da primeira metade de mandato de Alberto Núñez Feijóo: “45.000 parados e paradas máis, 75.000 empregos destruídos, 55.000 afiliados menos á Seguranza Social, máis de 600.000 galegos e galegas por baixo do limiar da pobreza, 43.000 dependentes á espera dunha prestación, 275.000 doentes padecendo o inferno das listas de espera sanitarias e  300.000 demandantes de emprego”. Leer Más…

Caballero comprométese coa protección social como punto clave do seu proxecto.

 Os socialistas traballarán para garantir a igualdade de oportunidades para tódolos vigueses Abel Caballero visitou a parroquia de Oia na que se investiron uns 1,4 millóns de euros durante os últimos catro anos Abel Caballero compartiu cos veciños de Oia a súa intención de potenciar a protección social dos cidadáns como eixo central do seu proxecto xunto coas políticas activas de emprego. O Alcalde destacou a importancia de traballar pola protección de todas aquelas familias e persoas que precisan de axudas económicas e sociais. “Queremos unha cidade na que tódalas persoas teñan un teito baixo o que durmir e na que tódolos cidadáns poidan contar coas mesmas oportunidades. Traballamos na inclusión social das persoas e iniciativas como a construción do albergue 

Na xornada de hoxe, os socialistas estiveron tamén presentes na parroquia viguesa de Saiáns onde visitaron as principais obras de mellora e mantiveron encontros cos veciños para coñecer as súas preocupacións. Leer Más…

NUEVAS FECHAS GIRA PRESENTACIÓN NUEVO DISCO DE ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS

 6 Mayo – 18.00 Showcase en FNAC Callao -Madrid
6 Mayo – 22.00 Festimad 2011 – Sala Charada – Madrid
14 Mayo – Pazo da Cultura de Pontevedra – Pontevedra, con Russian Red
26 Mayo – 22.00 – Festival Primavera Sound- Primavera Pro – Escenario Adidas – Barcelona
27 Mayo – 12.00 Festival Primavera Sound- Primavera Pro – Primavera al Parc – Barcelona
27 Mayo – Showcase en FNAC Pza. de Cataluña – Barcelona
28 Mayo – Festival Primavera Sound – Escenario Myspace – Barcelona
4 Junio – Festival Pulpo Pop – O Barco de Valdeorras
17 Junio – Mardi Grass – A Coruña Leer Más…

LA ENFERMEDAD DE LA DEPRESIÓN CENTRARÁ LA JORNADA FORMATIVA DE PROMOCIÓN DE LA SALUD QUE SE CELEBRA MAÑANA EN PORRIÑO

La Concejalía de Bienestar Social del Concello do Porriño ha organizado un programa de jornadas formativas de promoción de la salud dirigidas especialmente a aquellas personas cuidadoras no profesionales en el ámbito de la dependencia Después de la conferencia de mañana aún quedan otras cuatro charlas informativas sobre el maltrato en la tercera edad, los autocuidados de la persona cuidadora y prevención de riesgos en el hogar, la movilización e higiene postural y la alimentación en la prevención de enfermedades. Estas jornadas se celebrarán los días 26 de abril y  3, 10 y 18 de mayo, respectivamente, y serán, de igual modo, en el centro cultural municipal, en horario 17.00 a 19.00 horas  web www.concellodoporrino.net

A NOVA CARTEIRA DE SERVIZOS DE ATENCIÓN Á DEPENDENCIA TRANSFORMA O MODELO DE ATENCIÓN, BASEADO ATA O MOMENTO EN CENTROS, E ROMPE A BARREIRA DA IDADE

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe este novo modelo de atención que pasa a ser baseado en servizos, co obxectivo de ofrecer “un traxe a medida” para as persoas dependentes.
  • Mato destacou que a nova carteira nace do consenso e traballo acadado con todos os sectores implicados na atención social  
  • A partir de agora, a autorización e acreditación pasará a ser dos servizos prestados e non dos centros, isto é, as instalacións poderán presentar unha oferta de diferente natureza e adecuala ás necesidades específicas dos usuarios
  • Con este novo modelo acádase unha maior eficiencia, eficacia e optimización nos recursos da comunidade para a atención á dependencia
  • Ata este momento, os usuarios dos centros de atención  residencial á dependencia debían ser maiores de 65 anos ou ben ser persoas con algún tipo de discapacidade, o que dificultaba administrativamente a atención de menores de 65 anos con algún tipo de dependencia Leer Más…

Novacaixagalicia anticipa nun ano a obtención de sinerxías pola fusión

A optimización da rede comercial ha permitir mellorar a cociente de eficiencia un 6,7%

  A terceira fase de reordenación da rede de oficinas vai afectar a 65 sucursais,.- A caixa galega prevé concluír en 2011 o seu plan de reestruturación de oficinasResponsables de recursos humanos de Novacaixagalicia comunicaron hoxe aos representantes sindicais o adianto a 2011 do plan de reorganización da rede comercial da entidade, co que se prevé axustar a presenza da caixa galega á realidade do mercado financeiro actual e conseguir unhas sinerxías de 56 millóns de euros cada ano. O aforro anual en gastos de explotación permitirá a Novacaixagalicia mellorar a cociente de eficiencia nun 6,7%.  Leer Más…

Programación La Fábrica de Chocolate Club 19-23 abril 2011

RUE ROYALE
Entrada anticipada: 6 euros en Honky Tonk y Ticketea
Entrada taquilla: 8 euros -Martes 19 de ab 21.30h.

REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO PRESENTA: DJ NEGRALHA CONVIDA BNEGÃO + CARABA
Anticipada: 6 € en Honky Tonk, Bar Ferry, Bar Princesa, Bar Candela y www.laboleteria.es
Entrada en taq: 8 eurosViernes 22 abril, 22:00 h. www.myspace.com/seletores

TOKYO SEX DESTRUCTION
Taquilla:8 euros  ,.-Sábado 23 abril 22:00 h.
www.myspace.com/tokyosexdestruction

NUEVOS HORARIOS! Dom. a Jue. 21:30 h. / Viernes y Sábado: 22:00 h.

XUVENTUDE PORÁ EN MARCHA UN PROGRAMA PARA RECUPERAR O PATRIMONIO CULTURAL DE CELANOVA NO QUE PARTICIPARÁN 100 VOLUNTARIOS

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en Ourense este plan, que se desenvolverá entre os meses de maio e xuño
  • A Xunta inicia este ano por primeira vez esta iniciativa enmarcada na programación   do Ano Europeo do Voluntariado
  • Os voluntarios recuperarán, entre outras actuacións, o xacemento arqueolóxico de Castromao
  • O programa, ao que xa se poden anotar os mozos e mozas, ofertará de balde aloxamento e pensión completa nun albergue A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado porá en marcha a partir do próximo mes de maio un programa de voluntariado para recuperar o patrimonio cultural de Celanova. O responsable desta área autonómica, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe esta iniciativa que se inicia por primeira vez este ano e que está enmarcada na programación do Ano Europeo do Voluntariado  Durante os 5 fins de semanas dos meses de maio e xuño levarase a cabo este programa que xirará ao redor do xacemento arqueolóxico de Castromao, uns dos principais referentes da cultura castrexa do noroeste da Península, tanto pola súa larga presenza no tempo como pola súa riqueza documental que se descubriu a partir de sucesivas escavacións e investigacións. Este xacemento permite coñecer como foron os primeiros asentamentos sociais no noroeste da Península na Idade de Bronce, así como a súa evolución no tempo, ademais do proceso de adaptación das estruturas aos novos tempos e as novas necesidades construtivas. Leer Más…

O CENTRO DE DÍA E A ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL DE TOMIÑO CELEBRAN MAÑÁ UN ENCONTRO INTERXERACIONAL ENTRE MAIORES E NENOS

 As actividades incluirán contacontos, bailes e xogos 
 O obxectivo é dinamizar as relacións entre distintas xeracións Os usuarios do Centro de día de Tomiño visitarán mañá martes a Escola infantil A Galiña Azul da localidade para celebrar un encontro interxeracional cos nenos e nenas de 0 a 3 anos. En dúas quendas, unha de mañá que comezará ás 11:00 horas e outra de tarde a partir das 16:00 horas, os maiores desplazaranse ata o centro infantil para compartir cos pequenos diversas actividades como contacontos, bailes e xogos. Como despedida, os nenos recibirán, como recordo do encontro, un agasallo elaborado polos usuarios do centro de día. O encontro de mañá foi organizado polos traballadores do Centro de día de Tomiño co obxectivo de dinamizar as relacións entre distintas xeracións, transmitir valores de respeito e convivencia e incentivar a imaxinación e a creatividade dos participantes. O centro de día de Tomiño, que entrou en funcionamento o pasado mes de setembro, pertence á rede de centros de atención a persoas maiores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Estes servizos veñen definidos como centros xerontolóxicos de alcance social e terapéutico e de apoio ás familias, que prestan atención diurna ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no entorno habitual.