O PPdeG DEFENDERÁ UNHA INICIATIVA NO PARLAMENTO SOLICITANDO A AMPLIACIÓN DO CEIP DE NAVIA EN VIGO

  • A alteración polo Concello bipartito de Vigo dos terreos destinados a usos educativos en Navia xa orixinara a tallante oposición da propia concelleira de Educación socialista.
  • O deputado do PPdeG Ignacio López-Chaves defenderá mañá, mércores, na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia, unha iniciativa na que se solicita á Xunta o inicio, no vindeiro curso escolar, das accións necesarias para a ampliación do CEIP Castelao, situado no polígono de Navia, en Vigo.-A posta en marcha desta ampliación sería, segundo salienta López-Chaves, unha mostra máis do compromiso da Consellería de Educación coa cidade de Vigo en materia de educación pública. Nese sentido, o deputado popular lembra que nestes momentos está en construción pola dita consellería un novo edificio para o CEIP Virxe do Rocío, en Bouzas, cun investimento de dous millóns de euros. Así mesmo, están consignadas partidas nos orzamentos para a construción do novo CEIP Altamar, “construción que ata a data non se puido iniciar pola negativa do Goberno bipartito de Vigo a ceder uns terreos axeitados e que cumpran a normativa legal”. “En catro anos, a Xunta Bipartita non construiu nin tan sequera iniciou a construción dun só colexio público de Primaria na cidade de Vigo”, apunta López-Chaves, quen lembra que a actual Consellería de Educación “xa está a construír un e o segundo non está en marcha pola negativa do actual alcalde, Abel Caballero, a ceder os terreos para que sexa posible”.O PPdeG denuncia que, respecto ao Colexio Público de Navia, “transcorridos catro anos de goberno bipartito en Vigo non se fixeron as xestións polo Concello para a cesión á Xunta dos terreos previstos para usos educativos”. A falta de xestión neste tema “xa orixinara conflictos no seo do actual goberno PSOE-BNG, ao denunciar a concelleira de Educación do Concello –do PSOE- que se alterou a cualificación urbanística do solo, deixando de ser educativo, coa súa tallante oposición”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: