Archive | abril 20, 2011

NOTA INFORMATIVA – ACLARACIÓN DECLARACIONES MIGUEL FIDALGO

Ás asociacións de comerciantes que representamos, nos gustaría facer as seguintes puntualizacións con respecto as  declaracións feitas polo concelleiro do partido popular, Miguel Fidalgo sobre a Concellalía de comercio: Que é un mal ano para o comercio de Vigo é unha realidade, pero achacarlle a culpa en exclusiva ao concelleiro é cando menos unha esaxeración habendo como hai outros actores implicados no bo funcionamento do sector (Xunta de Galicia, Cámara de Comercio, e incluso a banca facilitando liquidez). Todo é mellorable pero tamén é de xustiza recoñecer que nunca se tivo unha relación tan cercana, participativa e con feitos como a que se esta a producir durante estes catro anos co actual concelleiro de comercio en comparación coas outras corporacións municipais anteriores     Leer Más…

UN TOTAL DE 2.500 FAMILIAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA SOLICITARON A ALTA EN REPOBLAR

Baixo Repoblar, Iberbanda comercializa servizos tanto de voz como de datos, sendo o de 1 Mbps, subvencionado pola Deputación, o produto máis demandado polos usuarios (tamén se ofrecen 3 Mbps co prezo usual de Tngo). En canto ó prezo, este atópase entre os máis baratos de España: 17 €/mes para 1 Mb de baixada e 384 Kb de subida. A posta en marcha deste proxecto supuxo a colocación de 54 emprazamentos (21 de Retegal e 33 de nova construción). Para elo, a Deputación investiu 5,9 millóns de euros, que foron completados coa inversión de 1,5 millóns da empresa pública Retegal. Dunha poboación total 436.281 habitantes, dos 55 concellos adheridos, despois desta actuación teñen acceso á Banda Larga de Internet 422.516 persoas (o 96%), o que significa que este plan posibilita o acceso a preto de 359.607 veciños que no tiñan ningunha posibilidade real de acceso a través das compañías comercias convencionais.A Deputación de Pontevedra, reunida hoxe en Xunta de Goberno, fixo público o balance das solicitudes de alta recibidas para os servizos do proxecto Repoblar. Este plan de acceso a Internet de Banda Larga, auspiciado baixo a marca Tngo de Iberbanda, foi solicitado xa por preto de 2.500 familias da provincia de Pontevedra, procedentes dos 55 concellos que se adheriron.

FEIJÓO ADIANTA QUE A AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL, CON SEDE EN VIGO, SEGUIRÁ MENSUALMENTE O IMPACTO DA CRISE DE PORTUGAL NA ECONOMÍA GALEGA

Reitera a necesidade da celebración do Cumio Ibérico entre España e Portugal para analizar as consecuencias da crise de Portugal nas economías das comunidades autónomas transfronteirizas.-O obxectivo, explica, “é informar aos empresarios e ás empresas sobre eses movementos económicos que se están producindo e tamén ás autoridades gobernamentais das dúas zonas da Eurorrexión para activar, dentro das súas competencias, as súas posibilidades de actuación”
§   “É evidente que a situación de incerteza que se abre na economía portuguesa pode afectar á economía galega e que hai unha serie de consecuencias no comercio, nos investimentos, nas importacións, nas exportacións e no mercado de traballo da Eurorrexión”, afirma, indicando que por iso hai que “tutelar e monotorizar” estes movementos para tentar diminuír o seu impacto
§  Lembra que os “empresarios e autoridades políticas que nos reunimos en Portugal constatamos o reto que temos por diante”, un reto, dixo, “que temos que asumir entre todos para minimizar os impactos da intervención da economía portuguesa”
§  Avoga por seguir captando fondos europeos e por ampliar a Macrorrexión; por seguir executando os programas de cooperación transfronteiriza; por continuar e intensificar a colaboración no ámbito da innovación; e por incentivar “expedicións no ámbito internacional no mundo da lusofonía e hispanoamericano”
§  Espera que no segundo semestre deste ano, tras as eleccións no país luso, se poida celebrar o cumio entre España e Portugal

A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO LEMBRA ÓS VITICULTORES QUE ESTEAN VIXIANTES ANTE O RISCO DE APARICIÓN DE MILDIU

O presidente provincial recomendou manter a calma “xa que polo momento só se atoparon pequenas manchas de aceite concentradas na zona do Salnés” O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, deu conta hoxe do último aviso emitido pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro que anuncia a posibilidade de aparición de Mildiu nas vides por mor das condicións climatolóxicas que se están a dar. En concreto atopouse unha mancha de aceite nunha finca de Tremoedo (dun total de 13 parcelas ás que a Estación Fitopatolóxica do Areeiro faille o seguimento). Leer Más…

XUVENTUDE SORTEA MÁIS DE 4.500 PRAZAS DOS CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA RAPACES E RAPAZAS DE ENTRE 9 E 17 ANOS

  • O director xeral da área autonómica, Ovidio Rodeiro, presidiu hoxe o reparto das prazas que se celebrou en Santiago
  • A Consellería de Traballo e Benestar dedicará este ano máis de 3,2 millóns de euros a toda a campaña estival
  • O investimento da Xunta nesta actuación permitirá a contratación de máis dun millar de mozos e mozas
  • A oferta increméntase nos campos de traballo con motivo da conmemoración do Ano Europeo de Voluntariado, así como nas actividades para maiores de 18 anos Leer Más…

O punto de información ó cidadán da Deputación recibe máis de 10.000 consultas

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, deu hoxe a coñecer que o punto de información ó cidadán da entidade provincial atendeu un total de 10.854 consultas dende a súa apertura hai un ano, concretamente en abril de 2010.

Esta iniciativa comezou a andar en abril de 2010 co obxectivo de “conseguir unha administración máis próxima e participativa, así como achegar a institución provincial ós cidadáns dun xeito personalizado e inmediato”, dixo Louzán, obxectivo que se está a cumprir tendo en conta que “o 100% das persoas que empregaron este servizo manifestaron a súa satisfacción”. Segundo informou Louzán os soportes empregados para realizar as consultas foron de carácter presencial en 6.527 casos; telefónico en 4.228 casos; e a través do correo electrónico atendéronse 99 consultas. O punto de información está situado na planta baixa do Pazo provincial (entrando á dereita). Este servizo encárgase de facilitar información de todo tipo relacionada coa institución (programas, actividades, axenda…); de recoller queixas e suxestións; compulsa de documentación, revisa solicitudes e documentación que teñen que entregar os cidadáns e xestiona o correo info@depo.es.

PORTOS DE GALICIA DENEGA A CONCESIÓN PARA A CONSTRUCCIÓN DUN POLÍGONO DE FONDEOS PARA A NÁUTICA RECREATIVA EN BAIONA

  • Os estudos técnicos revelan que a proposta do Monte Real Club de Yates excedería da superficie acotada no concurso    Portos de Galicia vén de denegar o outorgamento da concesión para a construción dun polígono de fondeos para a náutica recreativa en Baiona ao Monte Real Club de Yates. Esta decisión vén avalada polas obxeccións técnicas atopadas a unha proposta que fora alegada dende os diferentes axentes sociais que operan no porto, como a confraría e o Concello. Tralos estudos técnicos derivados da presentación de alegacións e do desenvolvemento da proposta de cara ao outorgamento final da concesión, o ente público tén observado que o proxecto do polígono de fondeos do Monte Real excedería da superficie acotada no concurso, especialmente en certas condicións de marea e clima. Ademais, o feito de que se excedan os límites postos a disposición da concesionaria significaría que se invadirían as canles de acceso definidos por Portos de Galicia e validados pola Capitanía Marítima de Vigo. A tramitación do concurso para a concesión do polígono de fondeos, iniciado no ano 2007, dera lugar a unha resposta crítica por parte do sector profesional do porto de Baiona, que advertía de que esta instalación podía repercutir de xeito destrutivo no banco marisqueiro e pesqueiro da zona

COMUNICADO DE PRENSA Concejalía de vivienda e urbanismo

Cn relación á actuación municipal nun galpón de 80 metros cadrados en Teis, os técnicos da Xerencia de Urbanismo acudiron esta mañá ao lugar para avaliar a situación e redactar un informe da mesma.
Atendendo ao criterio técnico, o Concello decidiu abrir un expediente de ruina -a executar polos propietarios- para desmontar as partes da edificación que permanecen en pé. Esta mesma tarde a Policía Local notificará á propiedade as medidas a tomar para a desmontaxe.

José Mariño,

concelleiro de Urbanismo e Vivenda

Comité Provincial da CIG de Telefónica de Pontevedra asegura que a compañía “quitarallos aos traballadores/as e ao investimento

Ignacio López-Chaves salienta que “mesmo o PSOE galego recoñece o fracaso da política educativa de Abel Caballero” A Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha iniciativa do Grupo Popular na que se solicita á Xunta que inicie o vindeiro curso os estudios para a ampliación do CEIP Rodríguez Castelao de Navia, en Vigo.
Trátase da primeira vez que un grupo parlamentario presenta unha iniciativa sobre este tema e é aprobada pola Cámara. “É o PP e a Xunta de Feijóo os que están a manifestar un apoio aos investimentos educativos en Vigo”, afirmou o deputado popular Ignacio López-Chaves, quen destacou que “despois dun parón de catro anos de Goberno Bipartito, de novo en Vigo se volven reformar colexios públicos”. López-Chaves salientou que “mesmo o PSOE galego recoñece o fracaso da política educativa de Abel Caballero”, en referencia ás escolas infantís, “ao pedir agora que sexa a Xunta quen faga unha gardería en Navia”. Como sinalou o PP local, Caballero prometera a construción en 4 anos de 47 escolas infantís “e durante estes catro anos dispuxo de máis de 90 millóns de euros do Plan E para construíla, así como terreos para ese fin, e non o fixo”. O deputado popular engadiu que “o PSdeG en Santiago, ao ver o fracaso absoluto de Abel Caballero na política de creación de novas escolas infantís, pide agora que a Xunta faga o que non fixo o concello”. En Navia, apuntou, “tiña terreos, tiña 90 millóns de euros, tiña competencia e tiña un compromiso electoral e non fixo nada”. Cos fondos do Plan E se poderían ter construído “máis de 200 escolas infantís en Vigo”, apuntou López-Chaves.

Comité Provincial da CIG de Telefónica de Pontevedra asegura que a compañía “quitarallos aos traballadores/as e ao investimento

 A alta dirección da Telefónica vén de comprometerse coa Banca Internacional e os Fondos de Investimento Alemáns e Estadounidenses, propietarios da Empresa, nunha estratexia para os vindeiros 5 anos que inclúe asignarse a si mesmos máis de 500 millóns de Euros por cumprilo. Telefónica destruíu 50.000 empregos cualificados desde 1993, que foron substituídos por traballadores en precario nas contratas e vén de anunciar a destrución adicional de outros 6.000 nos vindeiros anos para, explican “recortar o ingreso salarial dos traballadores/as, vítimas da crise e aumentar o pago de dividendos ás entidades financeiras especulativas que a provocaron”. Leer Más…