Archive | abril 22, 2011

AS DIOCESES REAFIRMAN A SÚA VONTADE DE IMPULSAR PROGRAMAS DE ACTUACIÓN PARA PROMOVER O GALEGO NO ÁMBITO RELIXIOSO

reproducir sonido: 210411anxolorenzo

Ao longo deste ano, a Diocese de Mondoñedo-Ferrol e a de Tui-Vigo desenvolverán diversas iniciativas con este fin, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Favorecer a presenza da lingua galega  nas actividades relixiosas que organizan para os seus fregueses. Ese é o obxectivo dos programas de actuación que as dioceses de Mondoñedo-Ferrol e de Tui-Vigo desenvolverán durante este ano no marco de cadanseu convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. As dúas dioceses reafirmaron a súa vontade de realizar en 2011 diversas iniciativas para promover o galego e, deste xeito, impulsar a extensión do seu uso na actividade eclesial. Por unha banda, no marco de colaboración coa secretaría xeral, a Diocese de Mondoñedo-Ferrol –que atende unha freguesía de máis de 300.000 persoas– ofrecerá información en galego desde a súa páxina web e tamén utilizará a lingua propia de Galicia na folla diocesana Dumio, no Boletín Oficial do Bispado, así como nos libros de nomeamentos, libros de ordenación, e libro de defuncións de sacerdotes. Leer Más…

O CCVV considera que o traslado do Rexistro Civil ao casco histórico da cidade amosa a “aposta decidida” pola revitalización integral do Casco Vello

A presidenta do Consorcio, Lucía Molares, valorou moi positivamente o anuncio feito onte polo titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras aprobar no Consello da Xunta un convenio de colaboración para ubicar o Rexistro Civil na zona antiga da cidade.

  • Molares sinalou que a iniciativa supón dar  “un paso máis” para conseguir a recuperación integral do Casco Vello coa incorporación “non so de vivendas rehabilitadas, senón tamén coa chegada de novos servizos administrativos”.
  • Amosa a aposta decidida pola revitalización integral do casco histórico”. Así foi como valorou a presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, Lucía Molares, o anuncio feito polo presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras a aprobación polo Consello da Xunta dun convenio de colaboración que se rubricará entre a Administración autonómica e o CCVV co fin de trasladar o Rexistro Civil á zona antiga da cidade. Leer Más…

GALLEGA OBTIENE EUROBIJOUX DE ORO EN CERTAMEN INTERNACIONAL MALLORCA

La joven, de Cangas, presentó la colección “Morir de amor”, inspirada en la tragedia romántica.- Se hizo con el máximo galardón del concurso de jóvenes creadores celebrado en el marco de la Feria Internacional de Bisutería y Complementos de Mallorca.-La joven diseñadora gallega Andrea Piñeiro, de Cangas, se alzó con el premio “Eurobijoux de Oro” en el concurso de jóvenes creadores celebrado días pasados en el marco de la Feria Internacional de Bisutería y Complementos de Mallorca. Andrea, alumna de la Escuela de Joyería del Atlántico, logró el máximo galardón del certamen con una colección denominada “Morir de Amor”, y que según afirma “está inspirada en el género dramático literario de la tragedia romántica. Leer Más…

San ti Domínguez dice que el BNG unificará toda as compentencias municipais de emprego.BNG Rectorado.

O candidato á alcaldía de Vigo sinalou a necesidade de que “a cidade conte con novos interlocutores económicos” Santi Domínguez, candidato do BNG á alcaldía de Vigo, considera que “a gran preocupación dos cidadáns é o emprego, e esa será un dos principais eixes do programa co que nos presentemos ás eleccións, xunto co benestar social”. Así mesmo, comprometeuse en utilizar todos os recursos e competencias das que dispón no Concello de Vigo para “unificar os plans de emprego e crear, desde o propio concello, postos de traballo en cuestións como as obras necesarias en barrios e parroquias ou na modernización dos servizos municipais”.Nesa liña, volveu reiterar a súa proposta para realizar “un acordo entre universidade, concello e organizacións empresariais e sociais que permita xerar emprego na nosa cidade para licenciados e diplomados na FP e levar adiante unha modernización tecnolóxica dos servizos públicos”. Leer Más…

Ciclo para Bebés. Especial VIII Aniversario. Verbum – Casa das Palabras

Con motivo dos festexos de conmemoración do  VIII Aniversario do Verbum – Casa das Palabras, o 25 de abril, e co Día do Libro, o Verbum – Casa das Palabras presenta dúas obras teatrais destinadas a un público cada vez máis demandante de actividades, como son os cativos/as de 0 a 4 anos
“CICLO PARA BEBÉS”:
‘ZAPATOS’. 22 de abril. Para nenos de 1 a 4 anos.
‘GLUB-GLUB’. 23 de abril. Para nenos de 6 meses a 3 anos.

Sesións ás 11 e ás 12 horas (45 minutos de duración cada espectáculo).
Aforamento limitado a 90 persoas por sesión.
Entrada de balde.
‘ZAPATOS’
Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa fermosa bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos…
Zapatos narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.
‘GLUB-GLUB’
O xoven mariñeiro non atopa o seu barco. Onde pode estar? Na caixa, na cesta, no vello baúl?. Glub Glub cona a historia de amizade entre un barquiño de papel afundido no mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual, que introduce ós máis cativos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade única para gozar cos máis pequenos da súa primeira viaxe polo mundo do teatro!