Ciclo para Bebés. Especial VIII Aniversario. Verbum – Casa das Palabras

Con motivo dos festexos de conmemoración do  VIII Aniversario do Verbum – Casa das Palabras, o 25 de abril, e co Día do Libro, o Verbum – Casa das Palabras presenta dúas obras teatrais destinadas a un público cada vez máis demandante de actividades, como son os cativos/as de 0 a 4 anos
“CICLO PARA BEBÉS”:
‘ZAPATOS’. 22 de abril. Para nenos de 1 a 4 anos.
‘GLUB-GLUB’. 23 de abril. Para nenos de 6 meses a 3 anos.

Sesións ás 11 e ás 12 horas (45 minutos de duración cada espectáculo).
Aforamento limitado a 90 persoas por sesión.
Entrada de balde.
‘ZAPATOS’
Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde poder compartir emocións con esa fermosa bailarina, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos…
Zapatos narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.
‘GLUB-GLUB’
O xoven mariñeiro non atopa o seu barco. Onde pode estar? Na caixa, na cesta, no vello baúl?. Glub Glub cona a historia de amizade entre un barquiño de papel afundido no mar e un peixe xoguetón. Unha montaxe chea de estímulos e cunha linguaxe sinxela, case xestual, que introduce ós máis cativos nunha aventura fantástica e sorprendente. Unha oportunidade única para gozar cos máis pequenos da súa primeira viaxe polo mundo do teatro!

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “Ciclo para Bebés. Especial VIII Aniversario. Verbum – Casa das Palabras”

  1. Jasmin dice :

    Interesante post y divertido leer, gracias.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: