San ti Domínguez dice que el BNG unificará toda as compentencias municipais de emprego.BNG Rectorado.

O candidato á alcaldía de Vigo sinalou a necesidade de que “a cidade conte con novos interlocutores económicos” Santi Domínguez, candidato do BNG á alcaldía de Vigo, considera que “a gran preocupación dos cidadáns é o emprego, e esa será un dos principais eixes do programa co que nos presentemos ás eleccións, xunto co benestar social”. Así mesmo, comprometeuse en utilizar todos os recursos e competencias das que dispón no Concello de Vigo para “unificar os plans de emprego e crear, desde o propio concello, postos de traballo en cuestións como as obras necesarias en barrios e parroquias ou na modernización dos servizos municipais”.Nesa liña, volveu reiterar a súa proposta para realizar “un acordo entre universidade, concello e organizacións empresariais e sociais que permita xerar emprego na nosa cidade para licenciados e diplomados na FP e levar adiante unha modernización tecnolóxica dos servizos públicos”. Asegurou que, de saír eleito alcalde o próximo 22 de maio, “sentarei coa universidade, os empresarios e os sindicatos para alcanzar un gran pacto polo emprego”.Novos interlocutores económicos.-.Para o candidato nacionalista, “Vigo precisa novos interlocutores económicos”. Segundo explica, “na nosa cidade levamos moito tempo no cal só se escoitan as voces de 3 ou 4 persoas cando hai que falar de proxectos estratéxicos para o futuro relacionados coa economía, e iso debe mudar”. “Dito sexa con todo o respecto cara as persoas que até o de agora foron referentes na vida económica e social da cidade”, matizou. Nesa liña, insistiu na importancia de fortalecer a vinculación da Universidade co desenvolvemento económico de Vigo e da súa área metropolitana.-As propostas do BNG en materia de emprego.-.O programa do BNG, que se presentará publicamente en breve, aposta por  “facer un esforzo en todas as súas áreas de carácter extraordinario” e temporal que conduza a xerar un plan de emprego municipal a dous anos (2012-2013) para crear empregos durante este período que contribúan a paliar as graves consecuencias da crise nas familias viguesas.

O BNG COMPROMÉTESE A FACER UNHA CAMPAÑA EN POSITIVO RENDINDO CONTAS DO FEITO E FACENDO PROPOSTAS

Dosio Álvarez, responsábel de comunicación da campaña do BNG, asegura que “nós non imos entrar no xogo dunha campaña agresiva e demagóxica, senón que renderemos contas do feito e faremos propostas en positivo”, en referencia á anunciada subasta de mobles do anterior despacho de Corina Porro no Areal feita polo PSOE. “O noso compromiso é a dignificación da vida política, polo que non estamos dacordo con ese tipo de accións”, explicou. “Do mesmo xeito que non estivemos dacordo coa foto do presidente da Xunta subastando os coches oficiais do goberno coa que nos ilustraron a comezos de lexislatura”, explicou.
 Segundo Álvarez, “este tipo de campañas, postas de moda polo Partido Popular en 2009, onde o señor Feijóo, en lugar de facer propostas se limitou a facer demagoxia, a falar de fotos de iates e do prezo dos coches oficiais, vanse voltar en contra agora do Partido Popular, que recibe a súa propia medicina”. “Pola nosa parte, seguiremos facendo propostas para os vigueses e viguesas, que están preocupados pola crise e están cansos deste tipo de accións”, explicou. “O que quere a xente é escoitar propostas e non ataques e liortas sen sentido”, segundo o responsábel de comunicación da campaña do BNG.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: