Santi aumentará el O 8% OS ORZAMENTOS PARA BENESTAR SOCIAL”

María Méndez acusa a Xunta de Galicia presidida por Feijóo de “asinar a sentenza de morte do Servizo de Axuda no Fogar” Santi Domínguez, candidato do BNG á alcaldía de Vigo, quere enfatizar o compromiso dos nacionalistas co Benestar Social, co obxectivo de aumentar a porcentaxe do orzamento municipal destinada a este fin até chegar ao 8% en 2015. “Estamos comprometidos coa atención ás persoas máis desfavorecidas para poder construír así o cuarto pilar do Estado do Benestar tamén nos concellos”, explicou o alcaldable nacionalista. “Temos unha credibilidade gañada nestes últimos carto anos”, explicou, “porque fomos quen de practicamente duplicar os orzamentos destinados ás políticas sociais, alcanzando os 10 millóns de euros no último orzamento”. Segundo o alcaldable nacionalista, as accións da concellaría de Benestar presidida por María Méndez, foron merecedoras “do recoñecemento social e do recoñecemento de entidades como a Confederación Española de personas con Discapacidad Física y Orgánica -COCEMFE- que premiou a Vigo pola súa labor na eliminación de barreiras arquitectónicas”. Nesa liña, o candidato do BNG vigués asegurou que “en política, o importante non é o líder, senón o equipo do que vai acompañado”. “Eu teño ao meu carón un equipo comprometido que ten demostrado durante catro anos a súa capacidade para liderar esta cidade desde a preocupación polas necesidades da maioría”, asegurou. Para Domínguez, un exemplo é o labor realizado na área de Benestar Social, “que nos dá credibilidade á hora de pronunciar os nosos compromisos na campaña electoral, a diferencia doutras forzas políticas que se limitan a presentar proxectos que quedan en maquetas”. Unha traballadora social por cada 8.500 habitantes e apertura dun centro de emerxencia O programa nacionalista recollerá numerosas medidas para aumentar a protección social aos máis desfavorecidos, entre as que destacan a posta en marcha de 3 novos centros de servizos sociais en Lavadores, Navia e Castrelos (seguindo a liña de descentralización iniciada coa posta en marcha do centro de Coia), ou a ampliación do cadro de persoal até acadar unha ratio dunha traballadora ou traballador social por cada 8.500 persoas. Así mesmo, o BNG aposta porque na próxima lexislatura Vigo poida contar cun Centro de Emerxencia Social de carácter público para as persoas sen teito, entre outras medidas como o aumento nun 100% das persoas ás que chega o servizo de xantar na casa. “O PP asinou a sentencia de morte do servizo de axuda no fogar” A candidata número 4 e concelleira de Benestar, María Méndez, defenderá no pleno de mañá unha moción para instar á Xunta de Galiza a incrementar un 20% o orzamento destinado ao Plan Concertado, do que depende o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e o persoal de servizos sociais básicos. “Mentres o anterior goberno BNG-PSOE da Xunta aumentou un 190% as achegas a este plan, o PP decidiu que non se financien novas altas no SAF a persoas que non teñan recoñecida a dependencia”, explicou. Segundo a candidata nacionalista, “o goberno do PP que preside o señor Núñez Feijóo asinou a sentencia de morte do Servizo de Axuda no Fogar, xa que non admite novas altas desde o 29 de marzo pasado”. A concelleira asegura que si os recursos para servizos sociais “se mantiveron e mesmo aumentaron notablemente nos dous últimos anos, foi porque o BNG, desde o goberno municipal considerou esta cuestión como unha prioridade a pesar dos recortes da Xunta do PP”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: