Archivo | abril 25, 2011

FEIJÓO CIFRA EN 1.000 MILLÓNS DE EUROS OS COMPROMISOS DA XUNTA COS GRANDES PROXECTOS DE VIGO, QUE XOGA UN PAPEL FUNDAMENTAL NA ESTRATEXIA ECONÓMICA DE GALICIA

O presidente galego adianta que o Consello da Xunta aprobará este xoves a Lei de creación da área metropolitana.-§  “1.000 millóns de euros para a automoción, o naval, o téxtil, o gran hospital público de España que se está facendo en Vigo e para a depuradora, a máis grande que se fixo en Galicia”, explica
 Adianta que coa aprobación da Lei da área metropolitana, Vigo terá un rango competencial similar ao que para Galicia foi o Estatuto de Autonomía
 Salienta que Galicia ten un modelo exportable ao resto de España “un modelo que pouco a pouco se vai abrindo paso no ámbito económico e político en España”
 Lembra que o Goberno galego foi o primeiro en falar de austeridade, e en aprobar por lei o límite de gasto e o teito de endebedamento, “e agora os políticos nacionais tamén falan da necesidade de establecer teitos de gasto e límites de endebedamento”
  Destaca que España necesita un Plan estratéxico, “un plan sobre en qué gastamos os recursos públicos para manter a sanidade e a educación públicas”

Abel Caballero defende os servizos públicos fronte as privatizacións do PP.

 Os socialistas comprométense a garantir o acceso igualitario á educación e á sanidade.-.A candidatura repasou cos veciños de Freixeiro e Valadares as actuacións realizadas durante os últimos catro anos.-Abel Caballero, candidato á alcaldía de Vigo, mostrou esta tarde durante a súa visita ás parroquias de Freixeiro e Valadares o seu compromiso coa defensa dos servizos públicos de calidade fronte a aposta privatizadora do Partido Popular. Caballero subliñou que mentres que os socialistas apostan polo principio de igualdade no acceso aos servizos públicos esenciais, os populares só queren facer negocio.”O acceso á sanidade e á educación non pode estar restrinxido a uns poucos privilexiados, é unha necesidade e un dereito de todos os cidadáns  e non se pode gravar como se fose un artigo de luxo. É preciso garantir un acceso universal a todos os vigueses e adquirimos o compromiso de traballar para lograr a igualdade real de oportunidades e dereitos de todos os cidadáns de Vigo” afirmou Abel Caballero. Leer Más…

SANTI DOMÍNGUEZ ESCOITA AOS VECIÑOS DE CORUXO E COMPROMÉTESE A PROTEXER E ACONDICIONAR A DESEMBOCADURA DO LAGARES

O candidato do BNG aposta por continuar protexendo o medio ambiente nas parroquias costeiras de Vigo .- Santi Domínguez, candidato do BNG á alcaldía de Vigo, visitou esta tarde a parroquia costeira de Coruxo, onde se comprometeu a mellorar aqueles aspectos máis demandados pola veciñanza. Nese sentido, avanzou unha das propostas que os nacionalistas levarán no seu programa electoral, tal e como é o tratamento específico do tramo da desembocadura do Lagares que, “aproveitando as obras da nova depuradora, permita un saneamento e coidado que o poña en valor para o seu uso como espazo que é de importante valor medioambiental”. O político nacionalista, estivo acompañado polo concelleiro e candidato número 5, Xesus López, no Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo asegurou que “o BNG continuará a súa aposta por unha cidade policéntrica, onde os barrios e parroquias teñan o protagonismo que merecen”. Ao encontro asistiron representantes de entidades sociais, simpatizantes nacionalistas e veciños e veciñas da parroquia. No acto, o alcaldable nacionalista afirmou que “a zona costeira do Suroeste de Vigo: Coruxo, Oia, Saiáns, contén un medio ambiente e un entorno humano privilexiados que debemos respectar, protexer e dar a coñecer aos cidadáns, en zonas tamén como Toralla, hoxe pechada ao acceso público”.

MÁS DE 14.000 PORRIÑESES ESTÁN LLAMADOS A LAS URNAS EL PRÓXIMO 22 DE MAYO

En el pleno extraordinario, de obligado cumplimiento, celebrado esta mañana en el Concello do Porriño se procedió al sorteo de las mesas electorales, aprovechando la sesión además para efectuar la toma de posesión como concejal de José Manuel Cabanelas Ante las manifestaciones del BNG justificando su ausencia en este pleno, el alcalde Nelson Santos sostiene que “el BNG de Porriño está demostrando una falta de tolerancia y respeto por los valores democráticos al considerar que un concejal con acta de la Junta Electoral Central no debía tomar posesión”web www.concellodoporrino.net

Noticias Ayuntamiento de Vigo – 25 -04-11 Galicia

  O Pleno aproba o regulamento e a ordenanza para a posta en marcha do servizo de bicis eléctricas no Casco Vello

O Pleno da Corporación municipal aprobou hoxe luns por unanimidade o regulamento e a ordenanza do servizo de préstamo das bicicletas eléctricas da cidade, que inicialmente funcionarán no Casco Vello. Na súa intervención o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anunciou que este servizo será o complemento do bus eléctrico que empezará a funcionar a semana que vén e será “o primeiro para o transporte público de Galiza”. Segundo dixo o concelleiro nacionalista, a aposta pola mobilidade e pola utilizacións de transportes alternativos é un paso máis na aposta do tenente de alcalde, Santi Domínguez, pola recuperación do Casco Vello.

 

O Pleno sorteou a composición das 376 mesas electorais dos próximos comicios de maio

Como é habitual, a Corporación celebrou este luns o Pleno do sorteo de formación das mesas electorais de cara aos próximos comicios locais do 22 de maio, dividido en 241 seccións, 376 mesas e 88 locais, e onde atoparanse os 3.384 membros das mesas resultantes do sorteo desta mañá. O censo de votantes ascende este ano a 237.782 persoas, entre presentes e comunitarios.

 


Presentación do ensaio “PARIR A LIBERDADE. O movemento feminista en Galicia”

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo acollerá este martes, 26 de abril, ás 19 horas, a presentación ao público da obra PARIR A LIBERDADE. O movemento feminista en Galicia, da xornalista Elvira Fente Gómez.

AS OBRAS DE MELLORA DO ACCESO Á VIRXE DA ROCHA, EN BAIONA, COMEZARÁN O VINDEIRO MES DE MAIO

  • O obxectivo será a construción dunha glorieta de 28 metros de diámetro no punto quilométrico 17+030 da estrada Vigo-Tui, que permitirá aumentar a fluidez do tráfico no entorno urbano
  • O prazo de execución destas actuacións será de 6 meses
  • As obras permitirán beneficiar a máis de 12.000 veciños do Concello de Baiona

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de asinar o contrato da obra de mellora do acceso á virxe da Rocha, en Baiona. Estas actuacións, adxudicadas por máis de 183.300 euros, comezarán o vindeiro mes de maio. O obxectivo será a construción dunha glorieta de 28 metros de diámetro, no punto quilométrico 17+030 da estrada Vigo-Tui, onde se une coa rúa Tomas Mirambel, que permitirá aumentar a fluidez do tráfico do entorno urbano de Baiona. Leer Más…

candidatura LOS VERDES – GRUPO VERDE

El musico y productor Vigues CARLOS LEIRO ha sido nombrado por el Grupo LOS VERDES desde Madrid  representante electoral de la provincia de Pontevedra y cabeza de lista por Vigo en las elecciones Municipales de Los Verdes – Grupo Verde. En nuestra candidatura van personajes como Luis Sanjiao, Carmen Romero Fadrique, Jose Manuel Ledo Gomez, Ignacio Irisarri Castro, el cantautor Juan Campoamor, la fotografa Karla Hidalgo, la cantante del grupo Azou  Laura Palomo, el actor Julio Cela, el terapeuta Jesus Muñiz,  Lorena Leiro,  Begoña Iglesias, el motero Juan Jose Penelas, la Meiga Felicidad Figuerido, el promotor Jose Gonzalez….como veis una variopinta muestra de gente de la calle, descontentos y cabreados.
Vamos a intentar que la calle tenga su propia voz en el Concello de Vigo.

A versión do clásico de Arthur Miller ‘Todos eran mis hijos’ chega a Galicia

 

 

 

 

 

A programación cultural que promove Novacaixagalicia no eido do teatro ofrece esta semana a oportunidade de contemplar a obra ‘Todos eran mis hijos’, baseada no texto do xenial dramaturgo norteamericano Arthur Miller, en tres localidades galegas. A primeira función será no Teatro Colón da Coruña este xoves 28, ás 20.30 horas. A continuación, o día 29 de abril, ás 20.30 horas, a montaxe porase en escena en Ourense, no Auditorio Municipal, e finalizará o seu paso por Galicia no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo o día 30, ás 20.30 horas. As entradas están xa á venda nas canles habituais: www.servinova.es e despacho de billetes telefónico 902 504 500 para as funcións de Ourense e Vigo, e http://taquilla.caixagalicia.es e o teléfono 902 434 444 para o pase da Coruña.

Novacaixagalicia inicia en Vigo, A Coruña e Lugo un plan de reunións informativas con empresarios para incentivar a demanda de crédito

  • Más de 300.000 pymes, empresas y autónomos obtendrán financiación de la caja gallega
  • La entidad lanza un plan de reuniones con 2.500 empresarios en toda Galicia
  • . Novacaixagalicia pondrá a disposición de las empresas 7.900 millones de euros para su financiación durante 2011. Más de 300.000 grandes empresas, pymes y autónomos se beneficiarán de esta iniciativa que reafirma el apoyo de la caja gallega al tejido empresarial.

inversión crediticia Novacaixagalicia Leer Más…

A SINISTRALIDADE LABORAL REDUCIUSE EN GALICIA UN 23,26% NO MES DE MARZO

  • O descenso foi xeralizado en todos os sectores, sendo a pesca o que proporciona os mellores datos
  • Por provincias, en todas descendeu o número de sinistros laborais, agás en Lugo
  • A sinistralidade laboral baixou en Galicia un 23,26% o pasado mes de marzo, período no que se produciron 2.795 accidentes con baixa en xornada laboral, fronte aos 3.642 ocorridos no mesmo mes do ano anterior. Do total dos rexistrados, 2.753 foron casos leves, 37 graves e 5 mortais.    O descenso foi xeralizado en todos os sectores. Os datos máis positivos proceden da pesca, cunha baixada do 34,23%; seguida da construción, cun descenso do 28,11%; dos servizos, cun 22,22%; da industria, cunha diminución de sinistros do 20,95% e da agricultura cun descenso do 13,33%. Por provincias, encabeza a redución do número de sinistros laborais Pontevedra cunha porcentaxe do 33,99%, seguida de A Coruña cunha diminución do 21,54% e Ourense cun 8,07% de descenso. Soamente Lugo  presenta un lixeiro incremento do 1,66%. Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, é necesario tomar en consideración o índice de incidencia, é dicir, a comparación entre os datos de accidentes en relación co número de traballadores coas continxencias de accidente cubertas. Leer Más…