A SINISTRALIDADE LABORAL REDUCIUSE EN GALICIA UN 23,26% NO MES DE MARZO

  • O descenso foi xeralizado en todos os sectores, sendo a pesca o que proporciona os mellores datos
  • Por provincias, en todas descendeu o número de sinistros laborais, agás en Lugo
  • A sinistralidade laboral baixou en Galicia un 23,26% o pasado mes de marzo, período no que se produciron 2.795 accidentes con baixa en xornada laboral, fronte aos 3.642 ocorridos no mesmo mes do ano anterior. Do total dos rexistrados, 2.753 foron casos leves, 37 graves e 5 mortais.    O descenso foi xeralizado en todos os sectores. Os datos máis positivos proceden da pesca, cunha baixada do 34,23%; seguida da construción, cun descenso do 28,11%; dos servizos, cun 22,22%; da industria, cunha diminución de sinistros do 20,95% e da agricultura cun descenso do 13,33%. Por provincias, encabeza a redución do número de sinistros laborais Pontevedra cunha porcentaxe do 33,99%, seguida de A Coruña cunha diminución do 21,54% e Ourense cun 8,07% de descenso. Soamente Lugo  presenta un lixeiro incremento do 1,66%. Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, é necesario tomar en consideración o índice de incidencia, é dicir, a comparación entre os datos de accidentes en relación co número de traballadores coas continxencias de accidente cubertas. Con este criterio, o índice de incidencia da sinistralidade diminuíu en marzo un 22,28%, sendo o sector da pesca o que presenta un comportamento máis favorable cunha redución do índice do 33,23%; seguido dos servizos, cunha diminución do 22,67%; da construción cun descenso do 21,16%; da industria cunha baixada do 18,96% e da agricultura onde a redución foi do 8,66%. Considerando os resultados acumulados no que vai de ano, no conxunto do primeiro trimestre produciuse unha baixada da sinistralidade laboral en Galicia do 18,37%, cun total de 7.934 accidentes, fronte aos 9.719 no mesmo período de 2010.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: