Abel Caballero defende os servizos públicos fronte as privatizacións do PP.

 Os socialistas comprométense a garantir o acceso igualitario á educación e á sanidade.-.A candidatura repasou cos veciños de Freixeiro e Valadares as actuacións realizadas durante os últimos catro anos.-Abel Caballero, candidato á alcaldía de Vigo, mostrou esta tarde durante a súa visita ás parroquias de Freixeiro e Valadares o seu compromiso coa defensa dos servizos públicos de calidade fronte a aposta privatizadora do Partido Popular. Caballero subliñou que mentres que os socialistas apostan polo principio de igualdade no acceso aos servizos públicos esenciais, os populares só queren facer negocio.”O acceso á sanidade e á educación non pode estar restrinxido a uns poucos privilexiados, é unha necesidade e un dereito de todos os cidadáns  e non se pode gravar como se fose un artigo de luxo. É preciso garantir un acceso universal a todos os vigueses e adquirimos o compromiso de traballar para lograr a igualdade real de oportunidades e dereitos de todos os cidadáns de Vigo” afirmou Abel Caballero. O Alcalde contrapuxo o modelo que defenden os socialistas co do PP e puxeron como exemplo o hospital de Vigo que o PP pretende privatizar. En materia educativa subliñou a aposta do seu goberno pola educación coas becas de inglés, escolas infantis, comedores escolares… e criticou a falta de compromiso do Goberno do PP coa educación. Durante os encontros que mantiveron hoxe cos veciños de Feixeiro e Valadares, os membros da candidatura socialista fixeron un balance dos investimentos realizados nestas dúas parroquias.

Unha aposta pola mellora da rede viaria

Nos últimos catro anos, as actuacións levadas a cabo en Valadares tiveron un orzamento próximo aos catro millóns de euros e permitiron a humanización da Igrexia de Valadares, a mellora do entorno do parque tecnolóxico, da Estrada Alba e actuacións nos viais de Camiño Bertolos, Canotais, Cañizo (fronte  cementerio), Estrada Costa, Devesa, Fabas, Gándara, subida á Mouteira, acceso ao parque forestal Monte dos Pazos, Camiño da Pinguela, Travesía Camiño Pomba, Estrada Regueiro, San Xoán, Seixos, Camiño Souto e Vales. Caballero tamén recordou as actuacións nos parques infantís da parroquia, as melloras no parque forestal do Cepudo así como o acondicionamento da rede de saneamento e abastecemento, a recuperación de 10 lavadorios municipais, a limpeza de cunetas, a instalacións de pasos recrecidos, bandas rugosas e sinalización para mellorar a seguridade vial en Valadares e a ampliación da dotación de mobiliario urbano coa instalación de bancos e marquesinas. Subliñou ademais as obras de mellora do campo de fútbol e da pista deportiva, o acondicionamento dos CEIP Sobreira e Igrexa, as actuacións na escola municipal infantil Monte Alba e na Escola de Música así como os traballos realizados no Centro Cultural Recreativo de Valadares e no de Os Pedregais e a colaboración do Concello co Simposio de Escultura celebrado na parroquia. Mellora dos servizos públicos Na parroquia de Freixeiro o investimento rondou os 332.000 euros e dedicouse de maneira prioritaria a humanizacións da Baixada á Igrexia, Camiño Freixeiro e Pontillón onde se construíron beirrarúas, unha ponte e unha zona verde. Outra parte deste investimento serviu para levar a cabo actuacións de mellora nos viais de Cataboi, 1ª Travesía Pastora e Marcelo Currás. Abel Caballero fixo fincapé en todos os traballos que serviron para mellorar os servizos públicos de Freixeiro, entre eles destacou a mellora da rede e saneamento, a instalación de bancos, a recuperación dos lavadoiros municipais e todas as actuacións de mellora da seguridade vial da parroquia coa instalación de pasos recrecidos, bandas rugosas e sinalización. Finalmente recordou a colaboración permanente que se estableceu co movemento veciñal da zona e as partidas orzamentarias destinadas ás obras de reforma e mantemento dos locais sociais das asociacións de veciños de Pontenova e Rosalía de Castro. Participación Como ven sendo habitual nos últimos encontros cos vigueses, os socialistas pediron aos veciños do Calvario a súa colaboración para a elaboración do programa electoral. “Queremos coñecer as suxestións e peticións dos cidadáns para poder elaborar así un programa á súa medida. Avanzamos cara un Vigo que conte con todos e queremos deseñalo a partir das necesidades de toda a cidadanía”, explicou Caballero.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: