AS OBRAS DE MELLORA DO ACCESO Á VIRXE DA ROCHA, EN BAIONA, COMEZARÁN O VINDEIRO MES DE MAIO

  • O obxectivo será a construción dunha glorieta de 28 metros de diámetro no punto quilométrico 17+030 da estrada Vigo-Tui, que permitirá aumentar a fluidez do tráfico no entorno urbano
  • O prazo de execución destas actuacións será de 6 meses
  • As obras permitirán beneficiar a máis de 12.000 veciños do Concello de Baiona

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de asinar o contrato da obra de mellora do acceso á virxe da Rocha, en Baiona. Estas actuacións, adxudicadas por máis de 183.300 euros, comezarán o vindeiro mes de maio. O obxectivo será a construción dunha glorieta de 28 metros de diámetro, no punto quilométrico 17+030 da estrada Vigo-Tui, onde se une coa rúa Tomas Mirambel, que permitirá aumentar a fluidez do tráfico do entorno urbano de Baiona. Ademais disto, incrementarase  a seguridade viaria da zona, xa que é unha zona onde se concentran gran cantidade de vehículos ao día. A nova glorieta contará cun carril de 6 metros de ancho e beiravías de 0,50 centímetros, mentres que na estrada Tomas Mirambel terá dous 2 carrís de 3,50 metros de ancho. Para isto, será preciso levar a cabo unha escavación que permitirá evacuar 652,64 metros cúbicos de terra, posteriormente se levará a cabo o fresado do firme en máis de 1.000 metros cadrados. Finalmente, será preciso a instalación da sinalización horizontal e vertical. Este proxecto permitirá mellorar a calidade de vida tanto dos habitantes de Baiona coma dos turistas que transitan por esta vía, que se achegan aos preto de 6.000 vehículos ao día; ademais dos vehículos que veñen da  estrada Vigo-A Ramallosa (PO-325), que soportan unha Intensidade Media Diaria (IMD) de máis de 10.000 vehículos ao día. As obras de mellora deste acceso, cuxo prazo de execución é de seis meses, beneficiarán a máis de 12.000 veciños do Concello de Baiona.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: