Noticias Ayuntamiento de Vigo – 25 -04-11 Galicia

  O Pleno aproba o regulamento e a ordenanza para a posta en marcha do servizo de bicis eléctricas no Casco Vello

O Pleno da Corporación municipal aprobou hoxe luns por unanimidade o regulamento e a ordenanza do servizo de préstamo das bicicletas eléctricas da cidade, que inicialmente funcionarán no Casco Vello. Na súa intervención o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anunciou que este servizo será o complemento do bus eléctrico que empezará a funcionar a semana que vén e será “o primeiro para o transporte público de Galiza”. Segundo dixo o concelleiro nacionalista, a aposta pola mobilidade e pola utilizacións de transportes alternativos é un paso máis na aposta do tenente de alcalde, Santi Domínguez, pola recuperación do Casco Vello.

 

O Pleno sorteou a composición das 376 mesas electorais dos próximos comicios de maio

Como é habitual, a Corporación celebrou este luns o Pleno do sorteo de formación das mesas electorais de cara aos próximos comicios locais do 22 de maio, dividido en 241 seccións, 376 mesas e 88 locais, e onde atoparanse os 3.384 membros das mesas resultantes do sorteo desta mañá. O censo de votantes ascende este ano a 237.782 persoas, entre presentes e comunitarios.

 


Presentación do ensaio “PARIR A LIBERDADE. O movemento feminista en Galicia”

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo acollerá este martes, 26 de abril, ás 19 horas, a presentación ao público da obra PARIR A LIBERDADE. O movemento feminista en Galicia, da xornalista Elvira Fente Gómez.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: