Archive | abril 26, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 26-04-11- Galicia


O alcalde anuncia a adxudicación de 290 bolsas de inglés do Concello, que este verán levará a 350 estudantes ao estranxeiro

Abel Caballero anunciou hoxe martes a adxudicación das 290 bolsas municipais para outros tantos estudantes vigueses que aprenderán inglés no estranxeiro este verán. O total de bolsas deste ano subvencionadas polo Concello será de 350. Esta oferta cubre toda a demanda dos colexios públicos e unha parte dos concertados, unha medida para a que o Concello de Vigo destina este ano 700.000 euros.

 


Caballero subliña a calidade «excepcional» de UtilVigo e ofreceu mediación co Goberno de España para os seus procesos de innovación

O alcalde de Vigo e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, visitaron este martes a empresa Utilvigo, que elabora o material que controla a calidade das pezas da industria automobilística principalmente. Caballero eloxiou a «capacidade» innovadora da compañía e indicou que «na saída da crise, Vigo ten que ocupar unha posición relativa máis poderosa da que ocupabamos ao entrar».

 


Santi Domínguez anuncia que a Feira MITM reunirá dende mañá mércores en Vigo a máis de 200 profesionais do sector turístico

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este martes a Feira MITM Euromed de empresas, touroperadores e organismos de viaxes e turismo, que se celebrará dende mañá e ata o venres no Auditorio-Pazo de Congresos «Mar de Vigo». Na presentación do evento afirmou que é unha feira dirixida ao mercado das reunións e os viaxes de incentivo que reunirá a máis de 200 profesionais procedentes de 20 países diferentes.

 

Iolanda Veloso presenta o novo volume da revista Festa da Palabra Silenciada, que recupera a Rosalía de Castro

A concelleira de Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este martes a nova edición da revista Festa da Palabra Silenciada, «Actualizar a Rosalía», xunto a directora da publicación, María Xosé Queizán. A edil do BNG anunciou que a festa de presentación terá lugar o vindeiro xoves, 28 de abril, ás 20 horas, no museo Marco.

 


Xabier Alonso di que eventos como a Copa do Mundo de Ximnasia Estética «diferéncianos das demais cidades»

O Club Maniotas, nomeado Vigués Distinguido 2011, organizará no Pavillón Central das Travesas, do 12 ao 14 de maio, a segunda etapa da Copa do Mundo senior de ximnasia estética de grupos, o Campionato do Mundo junior, a segunda etapa da Challenge Cup, proba tamén para grupos junior, e a EUSA Cup, é dicir, a Copa de Europa universitaria, que entra na súa quinta edición e que se celebra de xeito anual.

 

O Auditorio Municipal acolle mañá mércores a proxección do documental «Memoria do nacionalismo galego»

A variada programación que a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural organiza no Auditorio Municipal continúa mañá, ás 20.30 horas, coa proxección do documental «Memoria do nacionalismo galego», elaborado para conmemorar o 125 aniversario do nacemento de Castelao. O filme está dirixido por Xabier Macías, Comba Campoy e Xosé Zapata e a asistencia é gratuíta ata completar a capacidade do Auditorio.

O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA CELEBRA ESTE XOVES A PRESENTACIÓN PÚBLICA DA CANDIDATURA QUE CONCORRE ÁS VINDEIRAS ELECCIÓNS DO 22 DE MAIO

 

 

 

Javier Bas estará acompañado das 30 persoas que integran a lista, ademais de Alfonso Rueda e Rafael Louzán, entre outros persoeiros do partido a nivel rexional, provincial e local que tamén estarán presentes neste acto aberto a todos os veciños que dará comezo ás 20.30 horas na praza da Casa da Torre de Redondela

O GRUPO POPULAR DEFENDE A SOLUCIÓN DO GOBERNO DO PPdeG PARA ONS, “QUE NON DESALOXA, SENÓN QUE ALOXA LEGALMENTE”

Daniel Varela salienta que a Lei de 2001 e o Regulamento de 2010 que a desenvolve permiten superar a actual situación precaria dos habitantes da illa, outorgándolles por primeira vez un título xurídico
 O Regulamento dá seguridade xurídica ás vivendas e usos tradicionais da illa, mediante unha concesión por 75 anos, “conxugando o interese xeral de todos, que é o patrimonio natural do único Parque Nacional que hai en Galicia, cos intereses lexítimos dos seus habitantes”.

NUEVOS SOLD OUT DE VETUSTA MORLA

Vetusta Morla siguen imparables tras el anuncio de las primeras fechas de la gira presentación de su nuevo trabajo: «Mapas».
Tras agotar entradas para el concierto Heineken Music Selector del día 10 de mayo en la Sala Bikini en Barcelona y para el día 12 de mayo en Razzmatazz también en Barcelona, anuncian que está todo vendido para el día 13 en la misma sala, y amplían la oferta un día más: el 14 de mayo.
Se han agotado también las localidades para el concierto del día 19 de mayo en Industrial Copera, Granada.
La banda acapara además la portada de la revista Rolling Stone del mes de mayo

 Foto: Álvaro León

NUEVOS SOLD OUT DE VETUSTA MORLA
 Vetusta Morla siguen imparables tras el anuncio de las primeras fechas de la gira presentación de su nuevo trabajo: «Mapas».
Tras agotar entradas para el concierto Heineken Music Selector del día 10 de mayo en la Sala Bikini en Barcelona y para el día 12 de mayo en Razzmatazz también en Barcelona, anuncian que está todo vendido para el día 13 en la misma sala, y amplían la oferta un día más: el 14 de mayo.
Se han agotado también las localidades para el concierto del día 19 de mayo en Industrial Copera, Granada.
La banda acapara además la portada de la revista Rolling Stone del mes de mayo
 En su página web www.vetustamorla.com ya está disponible un adelanto de su próximo álbum, una nueva canción titulada «En el río». El tema sirve como aperitivo del segundo LP de la banda, que verá la luz el próximo 3 de mayo y que llevará por título Mapas.  En la búsqueda de maneras distintivas de dar a conocer su música, vetusta morla ofrecerá, también en su web, el álbum en escucha de forma íntegra y gratuita a partir del 3 de mayo. Ese día también se pondrá a la venta el álbum, primero en formato digital y posteriormente en soporte físico. Leer más…

A XUNTA DE GALICIA ANALIZA CO XUÍZ DECANO DE VIGO A PROPOSTA DE TRASLADO DO REXISTRO CIVIL AO CASCO VELLO DA CIDADE

  • A delegada territorial e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, mantiveron esta mañá unha reunión co xuíz decano, Germán Serrano, para tratar os actuais asuntos da administración de Xustiza na cidade.
  • Trasladáronlle a actuación que a Administración autonómica prevé levar a cabo na zona histórica da cidade coa adquisición dun solar e un local -propiedade do CCVV- para trasladar o Rexistro Civil.
  • Os representantes autonómicos estimaron que o novo Rexistro Civil poderá estar totalmente listo antes de que remate a actual lexislatura.
  • A Xunta volveu a instar ao alcalde da cidade a que “faga os deberes” e poña en marcha a expropiación dos terreos para a Cidade da Xustiza.
  • Esta mañá a delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, mantiveron unha reunión co xuíz decano, Germán Serrano, para informalo do convenio que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado mércores, e polo que se deu o visto bo ao traslado do Rexistro Civil ao Casco Vello da cidade. Coma sinalou Molares en declaracións aos medios de comunicación, desta maneira se da cumprimento a unha das primeiras peticións que o xuíz decano fixo á Xunta de Galicia nada máis tomar posesión no seu cargo, e que pasaba por dar saída ao Rexistro Civil coma unha alternativa á falta de espazos que actualmente teñen os edificios xudiciais da rúa Lalín. A delegada e presidenta do CCVV enfatizou así os dous obxectivos que se logran con esta operación de traslado do Rexistro Civil ao Casco Vello. Leer más…

CENTRO PRÍNCIPE CRUCEROS EN VIGO

LA MASIVA PRESENCIA DE CRUCERISTAS REPERCUTE DE FORMA MUY POSITIVA EN EL COMERCIO DE CENTRO PRÍNCIPE.-. Desde el Centro Comercial Abierto se felicita a la Autoridad Portuaria y se reclama mayor implicación de otras instituciones para atraer más trasatlánticos  La presencia hoy en el Puerto de Vigo de cuatro grandes trasatlánticos está teniendo repercusiones muy positivas en el comercio del centro de la ciudad. De hecho desde CP se afirma que en los establecimientos asociados se produjo una presencia masiva de turistas, lo que se vio reflejado en una mejora evidente de la caja con respecto a la media habitual. Para el presidente de CP, Cándido Rial, “acontecimientos como la coincidencia de estos cuatro trasatlánticos, el Celebrity Eclipse, el MSC Orchestra, el Ryndan y el  Boudicca, con cerca de 10.000 pasajeros y tripulantes son un hecho sin precedentes, histórico y que demuestra que tenemos una ciudad perfectamente preparada para asumir grandes retos”. En ese sentido destaca el alto nivel del comercio del centro de la ciudad, “un nivel que responde a las expectativas de todo tipo de público, y así lo ha demostrado la jornada de hoy, en la que los pasajeros y tripulantes de estos grandes cruceros han aprovechado su estancia para llevar a cabo numerosas compras”. Leer más…

TÉCNICOS DA DEPUTACIÓN E DAS ADEGAS MARTÍN CÓDAX, CONDES DE ALBAREI E ROSALÍA DE CASTRO MANTEÑEN UNHA XUNTANZA PARA POÑER EN MARCHA O PROXECTO VIÑAS ATLÁNTICAS

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, participou esta mañá nunha reunión do comité de xestión do proxecto Viñas Atlánticas (“Life Atlantic Vineyards”) no que se expuxo a solución técnica adoptada para poñer en marcha este plan de xestión medioambiental dos viñedos. Na xuntanza participaron os presidentes e xerentes das adegas Martín Códax, Condes de Albarei e Rosalía de Castro e varios técnicos da entidade provincial..-.O obxectivo principal do proxecto Viñas Atlánticas é a limitación do uso de produtos fitosanitarios nas vides, para o que dispón dun sistema de control medioambiental baseado nunha rede sensorial que emite información en tempo real do estado das cepas. Este plan se enmarca dentro do Programa Life da Unión Europea, dedicado a cuestións medioambientais. A  inversión prevista neste caso ascende a 1 millón de euros, dos cales a Unión Europea financia o 50%, a Deputación o 30%, e o 20% restante corre a cargo das cooperativas..-.Información en tempo real de 18 áreas da subzona do Salnés.-. Leer más…

Una vez concluya el período de captación, las propuestas serán remitidas a la Xunta de Galicia, a la Comunidad de Trabajo Galicia-Norte de Portugal y a la Comissão de Coordenação e Desenvolvemento Regional do Norte (CCDRN-N). Se pretende que una buena parte de las mismas sean incluidas en el plan operativo que finalm.-La Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), enviará al gobierno autonómico sus propuestas empresariales de actuación para reactivar la economía. Estas propuestas han sido debatidas y aprobadas en su Asamblea anual, celebrada el lunes 25 de abril, y en la que están representadas sus 115 organizaciones empresariales sectoriales (comercio, industria y servicios) y territoriales, que a su vez agrupan a más de 40.000 empresas con sede en la provincia. Los principales criterios de actuación recomendados por los empresarios pontevedreses son de corte fiscal, laboral, financiero y de inversiones. Leer más…

AS HUMANIZACIÓNS DE ABEL CABALLERO BENEFICIARON

Os socialistas multiplicaron por 40 as actuacións levadas a cabo polo Partido Popular Sinalan que as humanizacións chegarían ata a casa de Corina Porro se vivira en Vigo e non a 40km da cidade  . As obras de humanización e mellora da rede de viais levadas a cabo polo goberno de Abel Caballero durante os últimos catro anos chegaron a preto de 200.000 vigueses, máis do 63% da poboación da cidade fronte ao 1,2% que cubriron as actuacións do anterior goberno municipal.,.-  O candidato á alcaldía de Vigo recordou esta tarde, durante a súa visita ás parroquias de Castrelos e Candeán, que o número de humanizacións multiplicou por 40 ás realizadas polo goberno de Corina Porro e sinalou «durante estes catro anos traballamos por un Vigo igualitario actuando en todas as zonas da cidade sen distinción. Leer más…

O BNG solicita a limpeza e adecentamento da Senda Litoral

O mantemento da Senda é fundamental para evitar o seu deterioro e para non degradar a imaxe que temos como concello turístico” O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito no Concello denunciando o estado de descoido da Senda Litoral, especialmente no tramo de madeira máis próximo ao Puntal.
Segundo os nacionalistas as herbas e a maleza invaden o percorrido, afectando á pasarela de madeira e converténdoa nunha superficie esvaradiza, resultado dunha falta de mantemento e limpeza da Senda. A isto hai que engadir a localización dun depósito de bolsas de lixo cheas de madeiras que están a dar un espectáculo lamentábel.
Dende o BNG critícase a deixadez do Goberno municipal do PSOE, dado que a Semana Santa é o primeiro test turístico importante, tendo que dar a mellor imaxe posíbel como reclamo para a época do verán.
“O mentenemento destas infraestruturas é fundamental para evitar o seu deterioro e para non degradar a imaxe que como concello turístico temos que manter” comentou Xan Lois, concelleiro do BNG.