A XUNTA DE GALICIA ANALIZA CO XUÍZ DECANO DE VIGO A PROPOSTA DE TRASLADO DO REXISTRO CIVIL AO CASCO VELLO DA CIDADE

  • A delegada territorial e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, mantiveron esta mañá unha reunión co xuíz decano, Germán Serrano, para tratar os actuais asuntos da administración de Xustiza na cidade.
  • Trasladáronlle a actuación que a Administración autonómica prevé levar a cabo na zona histórica da cidade coa adquisición dun solar e un local -propiedade do CCVV- para trasladar o Rexistro Civil.
  • Os representantes autonómicos estimaron que o novo Rexistro Civil poderá estar totalmente listo antes de que remate a actual lexislatura.
  • A Xunta volveu a instar ao alcalde da cidade a que “faga os deberes” e poña en marcha a expropiación dos terreos para a Cidade da Xustiza.
  • Esta mañá a delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, mantiveron unha reunión co xuíz decano, Germán Serrano, para informalo do convenio que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado mércores, e polo que se deu o visto bo ao traslado do Rexistro Civil ao Casco Vello da cidade. Coma sinalou Molares en declaracións aos medios de comunicación, desta maneira se da cumprimento a unha das primeiras peticións que o xuíz decano fixo á Xunta de Galicia nada máis tomar posesión no seu cargo, e que pasaba por dar saída ao Rexistro Civil coma unha alternativa á falta de espazos que actualmente teñen os edificios xudiciais da rúa Lalín. A delegada e presidenta do CCVV enfatizou así os dous obxectivos que se logran con esta operación de traslado do Rexistro Civil ao Casco Vello. Por unha banda, “dar resposta” ás necesidades das infraestruturas xudiciais e, por outro lado, a “aposta decidida” pola recuperación integral do casco histórico da cidade coa ubicación nunha parcela dotacional e un local –propiedade do CCVV- que o Goberno galego adquirirá para levar a cabo un investimento que chegará a un máximo de 1,5 millóns de euros. “A Xunta está a dar respostas”, dixo a delegada. No transcurso da reunión, fixeron un repaso polos actuais asuntos que a administración de Xustiza ten en marcha na cidade. Nestes momentos, e tendo en conta as obras de reforma da Fiscalía e as novas instalacións que se puxeron en marcha a finais dos anos 2009 e 2010 ademais do novo proxecto para o Rexistro Civil, Xustiza ten mobilizado en infraestruturas xudiciais un investimento de preto de 2 millóns de euros. Pola súa banda, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín Álvarez, recordou o problema de espazos físicos co que contan actualmente os xulgados destacando que co traslado do Rexistro Civil se conseguen preto de 550 metros cadrados que nun futuro suporán “ter espazo suficiente para crear dous novos órganos xudiciais que poidan vir nos vindeiros dous ou tres anos”, estimou. Ademais, e en resposta a preguntas dos medios de comunicación, o director xeral sinalou que o Rexistro Civil é un servizo exclusivo que pode estar desvinculado físicamente dos edificios xudiciais, polo que considerou que levalo fóra do edificio “é algo lóxico” e que “nun principio non é provisional”.  En canto aos prazos, ambos representantes da Administración autonómica explicaron que, en cumprimento do convenio aprobado polo Consello da Xunta, o encargado de licitar e executar a obra será a SPI (Sociedade Pública de Investimentos) e que unha vez que comece a obra, o prazo de execución non excederá dos 12-15 meses. “Antes de que remate a lexislatura estará rematado”, dixeron.

Cidade da Xustiza

Por outra banda, Molares e Martín Álvarez recordaron que a Xunta de Galicia ofrece respostas e solucións aos problemas xudiciais da cidade volvendo a reclamar ao Concello de Vigo que leve a cabo a expropiación dos terreos para por en marcha o proxecto da Cidade da Xustiza. “Ante a pasividade do Concello, é necesario dar resposta as novas infraestruturas xudiciais, e a Xunta xa o está a facer”, dixo a delegada. Así, urxiu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a buscar unha solución definitiva aos actuais problemas de espazos coa expropiación dos terreos necesarios para a Cidade da Xustiza. “O importante neste caso é que por parte do Concello se expropie e poidamos executar as partidas previstas”, reclamou, engadindo que “no resto de Galicia se están a executar e Vigo se está a quedar atrás por culpa do alcalde”. Molares recomendoulle así que “faga os deberes” e expropie os terreos necesarios. “Cando lle toca mover ficha para que a Xunta invista na cidade, non a move e ademais impide que se poidan executar obras importantes”, concluíu.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: