AS HUMANIZACIÓNS DE ABEL CABALLERO BENEFICIARON

Os socialistas multiplicaron por 40 as actuacións levadas a cabo polo Partido Popular Sinalan que as humanizacións chegarían ata a casa de Corina Porro se vivira en Vigo e non a 40km da cidade  . As obras de humanización e mellora da rede de viais levadas a cabo polo goberno de Abel Caballero durante os últimos catro anos chegaron a preto de 200.000 vigueses, máis do 63% da poboación da cidade fronte ao 1,2% que cubriron as actuacións do anterior goberno municipal.,.-  O candidato á alcaldía de Vigo recordou esta tarde, durante a súa visita ás parroquias de Castrelos e Candeán, que o número de humanizacións multiplicou por 40 ás realizadas polo goberno de Corina Porro e sinalou “durante estes catro anos traballamos por un Vigo igualitario actuando en todas as zonas da cidade sen distinción. O PP só actuou no centro, creando cidadáns de primeira y segunda categoría“.Caballero subliñou a transformación que experimentou a cidade durante o seu goberno e recordou que agora a cidade conta en todos os barrios con rúas renovadas, con espazos verdes, con parques infantís, con novo mobiliario urbano e con áreas biosaudables. O candidato comprometeuse a continuar co traballo iniciado para seguir promovendo a dinamización social e económica de toda a cidade. Os socialistas destacaron que as humanizacións chegaron a todas as zonas de Vigo e que terían chegado á casa da candidata popular Corina Porro se vivira en Vigo e non a 40 quilómetros da cidade. Nos encontros que mantivo a candidatura socialistas cos veciños de Castrelos e Candeán, fíxose un repaso dos investimentos realizados durante os últimos catro anos nestas parroquias. Resposta a unha demanda histórica dos vigueses O número sete da lista, Santos Héctor, subliñou diante dos veciños as principais melloras levadas a cabo na parroquia de Castrelos entre as que destacan as humanizacións que permitiron dar resposta a unha demanda histórica. Entres as rúas humanizadas atópanse as de Macal, Baixada á Laxe, Costa, Canicouva e Avenida Campoamor así como as actuacións de mellora dos viais da A.V.V Castrelos,  Subliñou ademais as obras de mellora do pavillón polideportivo e o acondicionamento dos CEIP Fontescura e Candeán Igrexa así como os traballos realizados nos locais da asociación de veciños de Candeán e da Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: