O BNG solicita a limpeza e adecentamento da Senda Litoral
O mantemento da Senda é fundamental para evitar o seu deterioro e para non degradar a imaxe que temos como concello turístico” O Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito no Concello denunciando o estado de descoido da Senda Litoral, especialmente no tramo de madeira máis próximo ao Puntal.
Segundo os nacionalistas as herbas e a maleza invaden o percorrido, afectando á pasarela de madeira e converténdoa nunha superficie esvaradiza, resultado dunha falta de mantemento e limpeza da Senda. A isto hai que engadir a localización dun depósito de bolsas de lixo cheas de madeiras que están a dar un espectáculo lamentábel.
Dende o BNG critícase a deixadez do Goberno municipal do PSOE, dado que a Semana Santa é o primeiro test turístico importante, tendo que dar a mellor imaxe posíbel como reclamo para a época do verán.
“O mentenemento destas infraestruturas é fundamental para evitar o seu deterioro e para non degradar a imaxe que como concello turístico temos que manter” comentou Xan Lois, concelleiro do BNG.