TÉCNICOS DA DEPUTACIÓN E DAS ADEGAS MARTÍN CÓDAX, CONDES DE ALBAREI E ROSALÍA DE CASTRO MANTEÑEN UNHA XUNTANZA PARA POÑER EN MARCHA O PROXECTO VIÑAS ATLÁNTICAS

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, participou esta mañá nunha reunión do comité de xestión do proxecto Viñas Atlánticas (“Life Atlantic Vineyards”) no que se expuxo a solución técnica adoptada para poñer en marcha este plan de xestión medioambiental dos viñedos. Na xuntanza participaron os presidentes e xerentes das adegas Martín Códax, Condes de Albarei e Rosalía de Castro e varios técnicos da entidade provincial..-.O obxectivo principal do proxecto Viñas Atlánticas é a limitación do uso de produtos fitosanitarios nas vides, para o que dispón dun sistema de control medioambiental baseado nunha rede sensorial que emite información en tempo real do estado das cepas. Este plan se enmarca dentro do Programa Life da Unión Europea, dedicado a cuestións medioambientais. A  inversión prevista neste caso ascende a 1 millón de euros, dos cales a Unión Europea financia o 50%, a Deputación o 30%, e o 20% restante corre a cargo das cooperativas..-.Información en tempo real de 18 áreas da subzona do Salnés.-.O proxecto Viñas Atlánticas permite a obtención de información en tempo real do estado dos patóxenos que afectan ós viñedos. Estes datos empregaranse para a toma de decisións por parte dos viticultores en canto á aplicación de tratamentos químicos, o que suporá unha importante redución de perdas e unha mellora na sostibilidade ambiental.
En canto ó ámbito de actuación do plan, inicialmente disporase en 18 áreas da subzona do Salnés, onde se concentra a maior parte da produción vitivinícola da D.O. Rías Baixas. “Deste xeito damos servizo a máis de 1.500 familias asociadas ás diferentes cooperativas, pero tamén ós pequenos viticultores”, explicou Louzán, quen engadiu que “a intención é chegar a todo o sector da D.O. Rías Baixas e, porque non, a outras denominacións de orixe e incluso a outras zonas de España”. Prevense que os tempos de execución deste proxecto sexan áxiles, de xeito que, adiantou Louzán “antes de finais deste ano debería estar todo listo para funcionar”. Unha ampla rede de sensores formada por 72 nodos.-.A infraestrutura tecnolóxica que posibilitará a posta en marcha deste sistena é unha rede sensorial composta por 72 nodos ou sensores instalados nos viñedos que transmiten a un nodo central (mediante a conexión de Internet da Rede Repoblar da Deputación de Pontevedra) a información relativa á humidade, temperatura e actividade foliar da viña no momento da medición. A información enviada será de carácter público para que os viticultores a poidan consultar. En canto á alimentación dos diferentes nodos, estes abasteceranse, nos casos que sexa posible, mediante enerxía solar. Información inmediata na web mediante e-mail ou sms.-.Os datos obtidos chegarán ós viticultores de tres xeitos: mediante sms ó teléfono móbil, e-mail ou consultando á páxina web. O aplicativo informático deseñado para este fin é intuitivo e manexable para que os interesados poidan acceder á información de xeito sinxelo. «Con estas actuacións», explicou Louzán, «queremos demostrar que, usando unha cantidade limitada de produtos químicos, é posible obter unha produción superior en cantidade e calidade, e ademais tamén resulta unha medida favorable en termos de aforro económico e coidado medioambiental».

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: