Noticias Ayuntamiento de Vigo 27-04-11- Galicia
O alcalde data para outubro a apertura do novo aparcadoiro soterrado de Areal |
A Policía Local imparte cursos de educación viaria para adultos nas asociacións de veciños da cidade |
Santi Domínguez destaca o impulso realizado por Benestar Social ás iniciativas de apoio aos centros educativos |
Javier Krahe presenta mañá no Auditorio Municipal o seu último traballo discográfico «Toser y cantar»![]() O Auditorio Municipal acolle mañá, 27 de abril, a actuación de Javier Krahe, na que o cantautor madrileño presentará ás 20.30 horas o seu último disco, «Toser y cantar», lanzado o ano pasado xunto co libro «De mil amores». O prezo das entradas é de 10 euros, e pódense mercar na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación |
JAVIER GUERRA PRESENTA O PRIMEIRO ANTEPROXECTO DE LEI DE POLÍTICA INDUSTRIAL DE GALICIA DESEÑADO PARA PLANIFICAR A DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E A CONSOLIDACIÓN E CREACIÓN DE EMPREGO
O conselleiro de Economía e Industria destacou que esta Lei pioneira fará máis eficaces as políticas e programas públicos de apoio á Industria galega
- Guerra sinalou que a nova lei está orientada a mellorar a transparencia e a eficacia da asignación dos recursos públicos, coordinando e concentrando os esforzos na estimulación da actividade industrial galega
- A norma recolle a creación dun Plan Director da Industria de Galicia, con políticas de longo alcance, e a articulación de programas específicos de innovación, internacionalización e mellora da competitividade, como eixos transversais
- A Lei tamén creará o Consello Galego de Industria, como órgano de participación dos axentes públicos e privados implicados na planificación e execución da política industrial
- O regulamento contempla a posta en marcha do Rexistro de Clusters Empresariais Galegos posto que son estes conglomerados empresariais os que se amosan coa maior capacidade para a xeración de coñecemento e de creación e difusión da innovación dentro de cada eido de actividade industrial
INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN VENRES 29 ABRIL no Verbum – Vigo
inauguración da exposición temporal “Vigo Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística” que terá lugar o vindeiro venres 29 de abril de 2011 ás 20 horas.
As linguas somos as persoas que as falamos. Somos as palabras que dicimos, únicas, para medir o que a mirada alcanza, o senso, o que sentimos, o pensamento e os compromisos do amor. Cando unha lingua desaparece vaise un mundo.
Vigo, cidade Babel é máis que unha mostra, é a posta en marcha dun novo proxecto co que dar un renovado pulo ao Verbum, chamado a se converter nun espazo de interacción coas linguas. O Verbum da diversidade lingüística será unha institución responsable coa época que nos toca vivir, unha época na que centos e centos de linguas están a morrer e na que o horizonte do idioma galego tamén se ve comprometido. Leer más…
O SINDICATO DE XORNALISTAS PROPÓN SOLUCIÓNS CONCRETAS PARA GARANTIR A INDEPENDENCIA INFORMATIVA RESPECTO A QUEN GOBERNE A XUNTA
A candidatura do SXG defende unha TVG sen precariedade e con máis programación propia
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2011.- Unha CRTVG de servizo público, cunha programación de calidade para todos, que desterre dunha vez o complexo de “Telegaita” e que dignifique a cultura e a lingua galegas. Este é o modelo de ente público que defende a candidatura do Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG), que por vez primeira presentase ás eleccións na TVG. Leer más…
HERNÁNDEZ ESPERA QUE NOS PRÓXIMOS MESES SE POIDA REACTIVAR A IMPLANTACIÓN DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO NAS CIDADES DO SUR DE GALICIA
- En xaneiro comezou a implantación do novo Plan de Transporte Metropolitano na área da Coruña, coa posta en servizo da nova tarxeta que supón aforros mínimos para as persoas usuarias do 40%
- Os 120.000 habitantes da área metropolitana de Lugo serán os seguintes en incorporar este servizo nas vindeiras semanas, segundo indicou o conselleiro
- Hernández lembrou na Cámara galega que os primeiros datos obtidos do Plan Metropolitano na Coruña non poden ser máis alentadores, pasando de 228.494 usuarios con tarxeta metropolitana en marzo de 2010 a 410.646 en marzo de 2011
Últimos días para enviar orixinais ao PREMIO DE NOVELA "MANUEL GARCÍA BARROS"
Convocado o XIII Premio de Novela “Manuel García Barros”
O Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e Editorial Galaxia convoca o XXIII Premio de Novela “Manuel García Barros” (KEN KEIRADES), cunha dotación económica de 9.000 euros.
O prazo de entrega de orixinais remata o 6 de maio de 2011 na Casa do Concello, Praza da Constitución,1 – 36680 A Estrada (Pontevedra)
Velaquí podedes consultar as bases completas:
http://www.aestrada.com/index.php/premios-literarios/novela
CONOMÍA E INDUSTRIA MANTÉN O SEU COMPROMISO PARA FACILITAR ÁS EMPRESAS ACREDORAS DE CLESA O ACCESO AO FINANCIAMENTO QUE PRECISEN
O Igape recibiu aos representantes das empresas afectadas e contactou coas súas entidades financeiras para facerlles saber que o Goberno galego apoiará as solucións, provisorias e definitivas, para atender as súas dificultades financeiras
- O Instituto explicitou diante das entidades financeiras implicadas a súa disposición a apoiar as necesidades de financiamento destas empresas, que deben habilitar solucións provisorias mediante negociacións bilaterais nas que fagan valer o apoio público.- A Consellería de Economía de Industria mantén o seu compromiso de poñer a disposición das empresas acredoras de Clesa os programas e instrumentos dispoñibles para facilitar o seu acceso ao financiamento bancario que precisen para superar as dificultades derivadas da situación actual do grupo Nueva Rumasa. O Igape recibiu no seu momento aos representantes das empresas afectadas pola situación de Clesa para estudar a situación particular de cada unha delas e procurar a solución máis axeitada a cada caso. Responsables do Instituto contactaron igualmente coas entidades financeiras coas que operan estas empresas para facerlles saber do compromiso de apoio público na procura de solucións para as afectadas y para interesar a posta en marcha de solucións provisorias á espera da reactivación do programa de avais re-Brote. Leer más…
MAÑÁ THE DODOS+EVOLS EN FERROL
O MARTES 3 DE MAIO ABE VIGODA, UNHA REVELACIÓN DOS ÚLTIMOS ANOS, NO MARCO DE VIGO
THE DODOS+EVOLS .-.Xoves 28 de abril, 20:30, CAPELA DO CENTRO CULTURAL TORRENTE BALLESTER, Ferroll.-.12€ EN WWW.SERVINOVA.COM Leer más…
Wir frauen de Helen Bertels se estrena en Teatro Ensalle
Teatro Ensalle tiene canal en youtube.
Puedes ver una muestra de lo ocurrido el pasado fin de semana en http://www.youtube.com/watch?v=0H0Jfww2g4I
Marco Paulo em Valença em Jantar de Apoio Social – Portugal
A iniciativa “Um dia Pela Vida – Valença” organiza jantar solidário que conta com o testemunho do cantor Marco Paulo, no dia 27 de Abril às 20h na Quinta do Amorinho. A luta contra o cancro em Valença, tem mobilizado centenas de pessoas que semanalmente se empenham em realizar as mais diversas actividades para angariação de fundos para esta causa tão nobre. 72 equipas ao longo de quatro meses tem promovido actividades originais e que mobilizaram todo o concelho a dar o seu contributo seja presencial ou monetário. O Jantar Minhoto vai realizar-se na Quinta do Amorinho no dia 27 de Abril, conta com cerca de 150 participantes e tem como convidado de honra o cantor Marco Paulo que partilhará o seu testemunho, a sua luta e a superação como doente oncológico. O evento tem o apoio da Câmara Municipal de Valença e é uma organização das equipas: “Artes”, Peças Solidárias” e “Piscina Municipal”.
O programa:
20H – ABERTURA
Dr.Victor Veloso, Presidente do Núcleo Regional do Norte da Liga Portuguesa Contra o Cancro
PALESTRA: EDUCAÇÃO E RASTREIO
Dr. Álvaro Gomes – Médico Assistente Graduado da Unidade de Cuidados de Saúde Personalizados de Valença