INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN VENRES 29 ABRIL no Verbum – Vigo

inauguración da exposición temporal “Vigo Cidade Babel. O Verbum da diversidade lingüística” que terá lugar o vindeiro venres 29 de abril de 2011 ás 20 horas.
 As linguas somos as persoas que as falamos. Somos as palabras que dicimos, únicas, para medir o que a mirada alcanza, o senso, o que sentimos, o pensamento e os compromisos do amor. Cando unha lingua desaparece vaise un mundo.
Vigo, cidade Babel é máis que unha mostra, é a posta en marcha dun novo proxecto co que dar un renovado pulo ao Verbum, chamado a se converter nun espazo de interacción coas linguas. O Verbum da diversidade lingüística será unha institución responsable coa época que nos toca vivir, unha época na que centos e centos de linguas están a morrer e na que o horizonte do idioma galego tamén se ve comprometido.As linguas do Verbum son todas as linguas do mundo. É o galego de María no Calvario ou o de Cándido en Chapela. É o dariya de Lidia aquí e en Alxeria. O fante de Anthony sucando os mares de Tema a Vigo, pasando por Canarias e Montevideo. Son os ecos negros e indíxenas do portugués que Renato nos trae de Brasil. É o wu de Long Long e a súa irmá. É o xaponés esquecido dos soños de Mona. O urhobo das conversas telefónicas de Lucky. O árabe das clases que imparte Boujemaa. As respectuosísimas palabras de Asjad. As concisísimas palabras de Daniela. O pranto de Atilio. O Guaraní de Alfonso. O wolof de Sorejan. Os signos de Lora e Paulo. Os desexos de Ilona. A negación de Liliana.
Son tamén o castelán, o caló, o éuscaro, o catalán, o aragonés, o aranés, as linguas de sinais española e catalá, o portugués oliventino, a fala, o árabe de Ceuta e o Tamazight de Melilla.
Son as linguas de todos os que falan con nós.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: