Noticias Ayuntamiento de Vigo 27-04-11- Galicia


O alcalde data para outubro a apertura do novo aparcadoiro soterrado de Areal

Abel Caballero e distintos membros do goberno local percorreron hoxe mércores as rúas Colón e Areal ata chegar ás obras de construcción do novo aparcadoiro soterrado desta rúa, que sumará un total de 330 prazas, das que 64 estarán resevadas para residentes. A superficie desta infraestrutura supera os 5.000 metros cadrados e conlevará ademais a humanización da rúa, tal e como fixo o Concello nos de Policarpo Sanz, Jenaro de la Fuente, a Avda de Castelao e Pintor Colmeiro.

 


A Policía Local imparte cursos de educación viaria para adultos nas asociacións de veciños da cidade

O departamento de Educación Viaria do corpo municipal levou hoxe mércores á Asociación de Veciños Pontenova-Freixeiro a súa formación para adultos en educación viaria, dentro dun programa piloto dirixido á veciñanza viguesa. Os obxectivos xerais desta iniciativa son aumentar a seguridade dos adultos como usuarios das vias e involucralos na formación dos máis pequenos.

 


Santi Domínguez destaca o impulso realizado por Benestar Social ás iniciativas de apoio aos centros educativos

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, participaron este mércores nunha xuntanza con membros dos equipos directivos e de orientación dos centros escolares da cidade para abordar o funcionamento das iniciativas desenvolvidas desde o departamento de Benestar Social. Na súa intervención, Santi Domínguez salientou o impulso que se deu desde Benestar Social ás iniciativas de apoio aos centros educativos e reafirmou a aposta do BNG polo ensino plúblico, plasmado na posta en marcha de proxectos que teñen consecuencias «a mediano e longo prazo».

 

Javier Krahe presenta mañá no Auditorio Municipal o seu último traballo discográfico «Toser y cantar»

O Auditorio Municipal acolle mañá, 27 de abril, a actuación de Javier Krahe, na que o cantautor madrileño presentará ás 20.30 horas o seu último disco, «Toser y cantar», lanzado o ano pasado xunto co libro «De mil amores». O prezo das entradas é de 10 euros, e pódense mercar na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: