O SINDICATO DE XORNALISTAS PROPÓN SOLUCIÓNS CONCRETAS PARA GARANTIR A INDEPENDENCIA INFORMATIVA RESPECTO A QUEN GOBERNE A XUNTA

A candidatura do SXG defende unha TVG sen precariedade e con máis programación propia
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2011.- Unha CRTVG de servizo público, cunha programación de calidade para todos, que desterre dunha vez o complexo de “Telegaita” e que dignifique a cultura e a lingua galegas. Este é o modelo de ente público que defende a candidatura do Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG), que por vez primeira presentase ás eleccións na TVG.
O Sindicato concorre aos comicios de mañá 28 de marzo co obxectivo básico de garantir a estabilidade laboral no Ente. Loxicamente o SXG reclama o aumento da produción propia e que diminúa a externalización a produtoras privadas.
A organización argumenta ademais que cómpre rematar xa cos contratos en fraude de lei, que están a causar unhas enormes perdas á empresa pública pola avalancha de sentencias condenatorias por cesión ilegal de traballadores por parte de produtoras privadas. O Sindicato reclama tamén a eliminación dos “contratos de artista” para xornalistas, artimaña para minguar os dereitos laborais de moitos informadores.
Como garantir unha TVG independente do Goberno da Xunta
Outro dos obxectivos da candidatura é lograr unha CRTVG independente do goberno de cada intre na Xunta de Galicia. O SXG propón a creación dun Consello de Redacción para evitar as manipulacións informativas.
O Sindicato considera que na CRTVG falta transparencia e que cómpre un maior control sobre o nivel da programación propia e allea. Ademais, cómpre a redacción dun Libro de Estilo para velar por unha calidade lingüística no Ente como medio normalizador do galego
As oposicións non poden ser un ERE encuberto
Sobre as oposicións en marcha, o SXG critica que deixa sen opcións a un mínimo do 50% do cadro de persoal temporal. A candidatura denuncia que se trata dun ERE encuberto e defende unhas oposicións con prazas suficientes, que puntúen a formación e valore a antigüidade de forma xusta, con até o 33% dos puntos.
Susana S. Recouso, Mabel Montes, Xan Freire, Valeria Pereiras, Ovidio González, Montse Montaos, Pilar de la Fuente, Anxo Pérez Añón, Alexandra Pacheco e Cruz García compoñen por este orde a candidatura.
Con só seis anos de historia, o SXG é o sindicato máis numeroso entre os traballadores da información en Galicia. Na actualidade preside ou é o máis numeroso nos comités de La Voz de Galicia, La Región de Ourense, Diario de Ferrol e Radio Coruña-Cadena Ser.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: