Archive | abril 28, 2011

Turismo Rías Baixas Informa

 

 

 

 

Actividades turismo de las Rias Baixas. Festas da nosa terra.

 

UN EURO POR JAPÓN – Vigo

                             
                                    
 
 
 
 
 
 
 
  UN EURO POR JAPÓN
 Lugar:
 Embassi Día: viernes 29 Hora: 12.00 h Asunto: presentación, abierta a todo el público, de las actividades de la campaña; donación simbólica de un euro por parte Vlado Gudelj  padrino del acto, y declaración de un testigo del desastre..-  La discoteca Embassi, en colaboración con empresas de diferentes sectores, pone en marcha una campaña repleta de actividades con el objetivo de reunir fondos destinados a Japón.  Entre las propuestas destacan las iniciativas que se extenderán no sólo durante la fiesta nocturna del sábado 30, sino también las que se llevarán a cabo durante el día, a partir de mañana, viernes 29, y durante toda la semana. El elemento estrella de esta campaña es una gran hucha   Durante la rueda de prensa estarán presentes el gerente de Embassi, Manuel Picallo y Martina Piñeiro, una gallega testigo del desastre que contará su experiencia. También nos acompañará un padrino de excepción, Vlado Gudelj, que se encargará de introducir el primer euro en la hucha gigante.  Esta idea nació tras una conversación entre Martina Piñeiro, testigo del terremoto en Japón y el gerente de la discoteca Embassi, Manuel Picallo. Consciente de la crisis humanitaria que afecta al país este último ha decidido movilizar a todas aquellas personas interesadas con el objetivo de que todos los fondos recaudados se ingresen en una cuenta creada   a tal efecto y sean enviados a las víctimas del terremoto, el tsunami y el accidente nuclear de Japón. que durante las próximas jornadas recorrerá la ciudad. 

 

 

 

 

 

 
 

 

XUVENTUDE FORMA POR PRIMEIRA VEZ A PRETO DE 100 PERSOAS COMO MEDIADORES EN MATERIA DESAÚDE XUVENIL

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, clausurou hoxe os cinco cursos que se desenvolveron esta semana en Santiago, Vigo, Lugo e Ourense
  • A creación dunha rede de mediadores en saúde xuvenil é un dos obxectivos recollidos na “Estratexia Xuventude 2013”

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, formou por primeira vez a preto de 100 persoas como mediadores en materia de saúde xuvenil. Os cursos, de 20 horas lectivas cada un, desenvolvéronse ao longo desta semana en Santiago (dous cursos), Vigo, Lugo e Ourense. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, clausurou hoxe en Santiago estas actividades formativas, nas que a gran maioría dos participantes foron voluntarios e técnicos de ONG’s, así como outras persoas pertencentes a entidades de acción voluntaria de Galicia.-Trátase da primeira ocasión en que o departamento organiza un cursos destas características, que ten como obxectivo o de poder desenvolver unha rede de voluntarios que actúen como mediadores ante a mocidade en materias tan sensibles como a saúde xuvenil. De feito, a creación desta rede de mediadores en saúde xuvenil é un dos obxectivos da Estratexia Xuventude 2013. Leer Más…

Novacaixagalicia aproba o plan de negocio

 Consello acorda o envío ao Banco de España da documentación detallada  
–  NCG triplicará a súa rendibilidade e situará a súa eficiencia por debaixo do 50% en  2015
 –   O crédito a pemes e familias crecerá a un ritmo do 6% anual nos vindeiros cinco anos
 –    O volume de negocio da caixa aumentou en máis de 3.000 millóns en só tres meses 
 O consello de administración de Novacaixagalicia aprobou hoxe a transformación do seu plan detallado de recapitalización para adaptarse á nova normativa española de capital e afrontar os retos derivados do actual escenario económico e financeiro. O documento desenvolve o plan aprobado polo Banco de España o 14 de abril e inclúe un plan de negocio para os vindeiros cinco anos, a estratexia de recapitalización posta en marcha e o calendario para a constitución dun banco, que facilite a entrada de capital de terceiros. O documento será remitido hoxe ao Banco de España e á Comisión do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB), unha vez aprobada hai dúas semanas a participación do FROB como accionista temporal.

O GRUPO POPULAR REDONDELÁN CONVIDA AOS SEUS AFILIADOS E SIMPATIZANTES AO MITÍN DE RAJOY E FEIJÓO EN PONTEVEDRA

Será este sábado ás 17.30 horas cando saían dous autobuses dende Chapela e ás 17.45 horas un dende o centro de Redondela con percorrido por diferentes puntos do municipio con destino a Praza de Touros de Pontevedra.-O Partido Popular de Redondela informa que porá a disposición de todos os seus afiliados e simpatizantes tres autobuses de baldE para asistir ao mitin central da pre-campaña que terá lugar este sábado na Praza de Touros de Pontevedra. Todo o grupo do PP de Redondela, encabezado por Javier Bas, acudirá a este acto multitudinario presidido polos líderes dos populares en España, Galicia e na provincia de Pontevedra: Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijóo e Rafael Louzán.

Fortaleza de Valença Mostra Maias – Portugal

A Fortaleza de Valença engalana-se com 170 Maias, este fim de semana, revivendo uma tradição ancestral e secular. As janelas, as montras, as varandas, as principais portas de entrada na Fortaleza vão apresentar coroas, arcos e ramos floridos de Maias.   As giestas, os verdes, as flores campestres e alguns materiais recicláveis vão dar uma cor primaveril às principais ruas da Fortaleza de Valença. Cada Maia terá, ainda, como manda a tradição, um verso ou dito alusivo. Por todo o concelho muitas outras Maias e raminhos de giesta vão enfeitar as varandas, os portões e as viaturas, sobretudo, na noite de 31 de Abril para 1 de Maio.    Jorge Salgueiro Mendes, Presidente da Câmara, “congratula-se pelo empenho dos comerciantes que se associaram, de forma massiva, à Câmara Municipal ajudando a criar a maior mostra de maias do pais. Este é um evento com grande capacidade dinamizadora do comércio tradicional e da  actividades turística”.    Valença revive, assim, a mais antiga festa de celebração da Primavera e do novo ano agrícola, com as “Maias”. Uma expressão viva da tradição e cultura popular que Valença está a recuperar    Na região do Minho e concretamente em Valença, subsiste a tradição de comemorar-se a entrada no mês de Maio com a colocação de coroas de flores – As Maias –  ou raminhos de giesta nas janelas, portas ou fechaduras.  Diz o povo que Maio é “manhoso” e que as giestas, barram a entrada do diabo, das bruxas ou do “burro”.  As associações, comércios, organismos públicos e particulares vão dar o seu contributo na 2ª Mostra “Fortaleza com Maias”, organizada pelo Município de Valença.

Noticias Ayuntamiento de Vigo 28-04-11 Galicia

O goberno local insta á Xunta de Galicia a consensuar co Concello un plan de emprego para a cidade

A moción, presentada polo grupo municipal socialista, reclama do goberno autonómico chegar a un acordo co Concello de Vigo para elaborar e por en marcha un plan de emprego na cidade. O texto aprobado denuncia a “paralización total” por parte da Xunta de Galicia das políticas de emprego e reclama do goberno de Núñez Feijóo a asunción das súas responsabilidades cos desempregados da cidade.

 

O goberno local reclama investimentos á Xunta e á Deputación en humanizacións e infraestruturas socioculturais e deportivas

A moción presentada polo grupo municipal socialista foi respaldada polo BNG e enmendada para reclamar das institucións provincial e autonómica que, xunto ás humanizacións, executen investimentos en infraestruturas socioculturais e deportivas en Vigo. O texto aprobado asegura que a cidadanía reclama a humanización das rúas competencia de ambas administracións polo que as insta a sumarse á política realizada polo goberno local nos últimos catro anos.

 

A corporación acorda demandar á Xunta a suba do 20% do orzamento do plan concertado de servizos sociais

O Pleno da corporación aprobou hoxe a proposta do BNG, co apoio do PSOE e os votos en contra do PP, unha moción que demanda á Xunta o incremento do 20% do orzamento do Plan Concertado destinado ao Servizo de Axuda a Domicilio e persoal de servizos sociais básicos. Na defensa da moción, a concelleira de Benestar Social, María Méndez, criticou a conxelación da achega da Xunta para prestar os servizos sociais, o cal “condena en Vigo a que haxa 300 persoas sen ter prestacións”, denunciou.

 

O Pleno aproba por unanimidade unha moción que defende a cancelación da hipoteca coa dación da vivenda

O BNG acadou o respaldo da corporación municipal para aprobar a moción defendida pola concelleira Iolanda Veloso que solicita da Xunta instar ao goberno do Estado a impulsar unha reforma lexislativa que protexa ás persoas afectadas polas hipotecas. A concelleira nacionalista destacou que dada a elevada execución de hipotecas consecuencia da crise económica e financeira actual, é preciso que a lei admita a dación das vivendas que son residencia habitual en pagamento como cancelación da totalidade da débeda hipotecaria, así como a posibilidade de moratorias no pago para evitar o agravamento desa situación.

 

O Pleno reclama do Estado un trato “non discriminatorio” entre as entidades financeiras

A Corporación municipal de Vigo aprobou este xoves unha moción popular para que Galicia “poida contar cunha caixa evolucionada vinculada a un banco” e reclamou do Goberno de España “que nas demandas de capitalización solicitadas ás entidades financeiras teña en conta os diferentes graos de saneamento efectuados” e un trato “non discriminatorio” entre as caixas.

 

O alcalde garantiu aos directores dos colexios públicos o mantemento dos fondos destinados á autoxestión dos centros

O alcalde, Abel Caballero, e a Asociación de Directores de Colexios Públicos de Vigo reuníronse este xoves para ratificar a vontade das partes de “seguir cooperando” na defensa da calidade do ensino público e rubricar o compromiso municipal de manter os fondos que adica o Concello á autoxestión dos centros. Caballero avogou por “dar facilidades” aos colexios para acceder aos mesmos e defendeu a súa “vocación” de ampliar as partidas económicas.

 


Caballero asina coa asociación Agarimo un convenio de cooperación para respaldar a súa actividade en Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rubricou este xoves cos responsables de Agarimo un convenio de colaboración para apoiar a actividade desta entidade na cidade. O primeiro edil subliñou a “gran dinámica” desta formación na atencións ás persoas de idade mediante distintas actividades, como a organización de viaxes ou eventos culturais de diversa índole.

 


María Méndez anuncia o inicio do prazo para pedir as becas de libros e comedor cun orzamento que medra a 700.000 euros

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou hoxe que o prazo para solicitar as axudas municipais para libros e comedor é do 2 ao 13 de maio. A edil do BNG destacou que o incremento do orzamento deste programa respecto ao 2010 en 70.000 euros, chegando nesta convocatoria aos 700.000 euros, é exemplo do compromiso dos nacionalistas coas familias máis necesitadas, consecuencia da crise económica.

 

O coro Concento ofrece mañá venres un concerto na Colexiata dirixido polo novo director da formación José Luis Vázquez

O coro Concento Vigo, formado co apoio da Tenencia de Alcaldía, a Concellería de Cultura e a Asociación Musical Cidade de Vigo para promover o coñecemento musical, ofrecerá mañá un concerto gratuíto ás 20.30 horas na Colexiata. A concellería de Cultura destaca que a formación actuará baixo a batuta do seu novo director, José Luis Vázquez López, director dos Nenos Cantores da Orquestra Sinfónica de Galicia e subdirector do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.

 

O Auditorio Municipal acolle mañá venres o espectáculo de danza “Then”, a cargo da compañía Proxecto Titoyaya

Con motivo do Día Mundial da Danza, mañá, 29 de abril, no Auditorio Municipal poderase gozar dun espectáculo de danza contemporánea. A actuación, a cargo da compañía Proyecto Titoyaya, será ás 21 horas, e o prezo das entradas é de 5 euros, que se podense mercar na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

A XUNTA APROBA AXUDAS PARA FINANCIAR 109 ACTUACIÓNS NOVAS NAS DÚAS ÁREAS DE REHABILITACIÓN DO CASCO HISTÓRICO DE VIGO

Tamén se autorizaron 27 novos obxectivos para o casco histórico de Cangas e 16 para o casco histórico de Tui

  • A Xunta de Galicia autorizou no Consello de Goberno de hoxe destinar unha nova partida de  11,2 millóns de euros ao financiamento de 1.750 actuacións nas áreas de rehabilitación integral existentes en Galicia
  • Neste bloque de novas actuacións inclúense 254 para as 9 áreas de rehabilitación integral que existen na provincia de Pontevedra
  • Ás actuacións en Vigo hai que engadir 27 novos obxectivos para o casco histórico de Cangas e 16 para o casco histórico de Tui, así como 22 para o núcleo de Estribela en Pontevedra
  • Tamén destacan 75 novas actuacións de rehabilitación no Salnés, das que 19 corresponden ao casco histórico de Cambados e 56 ás tres ARI de Vilagarcía
  • Os convenios cos correspondentes concellos asinaranse mañá, 29 de abril, no marco da bilateral entre a Xunta e o Ministerio de Fomento
  • Preto de 6.000  vivendas xa foron rehabilitadas ata o de agora nas áreas de rehabilitación de Galicia

FIESTAS FESTIVAL DO NORTE

Festival do Norte

6 y 7 de mayo 2011

Recinto Ferial Exterior Fexdega

Vilagarcía de Arousa

PRECIO ENTRADAS Leer Más…

OS VERDES -GRUPO VERDE. Tema electoral

El mitico grupo de Rock de los 70,80,90 y todavia activos hoy dia ASFALTO ha cedido a Os Verdes – Grupo Verde de Vigo capitaneado por Carlos Leiro (y en el que militan personajes conocidos de nuestra ciudad como Luis Sanjiao, Carmen Romero, Ignacio Irisarri, Julio Cela, Jose Manuel Ledo, Felicidad Figuerido y hasta 29 personas mas relaccionadas con la musica, teatro, estudiantes, trabajadores etc de Vigo), el tema GENTE COMO TU para que sea el himno electoral de esta formacion.
Desde estas lineas agradecemos a Julio Castejon, compositor del tema, gran amigo desde hace años y lider de ASFALTO que nos haya cedido este tema para representarnos durante la campaña.http://verdesvigo.es.tl 
Este es el enlace del video en YOU TUBE:
 http://www.youtube.com/watch?v=j-KZmyJgi5c&feature=youtu.be