XUVENTUDE FORMA POR PRIMEIRA VEZ A PRETO DE 100 PERSOAS COMO MEDIADORES EN MATERIA DESAÚDE XUVENIL

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, clausurou hoxe os cinco cursos que se desenvolveron esta semana en Santiago, Vigo, Lugo e Ourense
  • A creación dunha rede de mediadores en saúde xuvenil é un dos obxectivos recollidos na “Estratexia Xuventude 2013”

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, formou por primeira vez a preto de 100 persoas como mediadores en materia de saúde xuvenil. Os cursos, de 20 horas lectivas cada un, desenvolvéronse ao longo desta semana en Santiago (dous cursos), Vigo, Lugo e Ourense. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, clausurou hoxe en Santiago estas actividades formativas, nas que a gran maioría dos participantes foron voluntarios e técnicos de ONG’s, así como outras persoas pertencentes a entidades de acción voluntaria de Galicia.-Trátase da primeira ocasión en que o departamento organiza un cursos destas características, que ten como obxectivo o de poder desenvolver unha rede de voluntarios que actúen como mediadores ante a mocidade en materias tan sensibles como a saúde xuvenil. De feito, a creación desta rede de mediadores en saúde xuvenil é un dos obxectivos da Estratexia Xuventude 2013. Os cursos foron impartidos por técnicos do programa Quérote + da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Entre os seus contidos, desenvolvéronse módulos de sexualidade e relacións afectivas, convivencia entre iguais, ou imaxe corporal. Tamén se trataron outros aspectos máis relacionados co traballo dos voluntarios e mediadores, como a resolución de conflitos, técnicas de dinamización ou as pautas para unha intervención grupal. Os participantes nesta iniciativa tamén puideron coñecer a nova organización do programa de asesoramento e información especializada para a mocidade Quérote +. Este programa ampliou o pasado ano a súa oferta para abarcar un total de seis temáticas: relacións afectivo-sexuais, imaxe corporal, bulling, seguridade na rede, consumo de substancias nocivas e condución responsable. É preciso lembrar que o programa Quérote + ampliou, durante 2010, as localidades galegas nas que está presente. En concreto, actualmente este servizo préstase en Santiago, Ourense, Lugo,  Vigo, Ferrol, A Coruña, Noia, Carballo, Betanzos, Pontedeume, Curtis, Viveiro, Vilalba, Chantada, Lalín, Vilagarcía e Tui. Por último, cabe destacar que esta actividade de formación en saúde xuvenil está incluída no Plan de Formación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado 2011, que chegará este ano a máis de 6.300 persoas a través dun total de 74 actividades formativas distintas, tanto presenciais como en liña. Isto supón aumentar en máis de 500 persoas os beneficiarios destas actuacións con respecto a 2010, xa que no ano pasado foron 5.800 os participantes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: