Archive | abril 29, 2011

Abel Caballerp propón axudas municipais directas para o automóvil e o naval.

 

O candidato aboga porque os concellos teñan atribucións para desenvolver políticas proactivas de emprego  Presenta o Plan Vigo Activa 2011-2015 diante de máis dun centenar de empresarios, representantes sindicais e da Universidade O líder socialista considera fundamental manter a intermediación municipal nas axudas directas de obra pública Citou como exemplo de necesidade de cooperación o feito de que a Xunta o ano pasado deixara sen invertir 150 millóns en xeración de emprego. Leer más…

SANTI DOMÍNGUEZ: “ESIXIMOS DUNHA VEZ POR TODAS O ACCESO LIBRE Á ILLA DE TORALLA”

O candidato do BNG reiterou o seu compromiso cos veciños de Coruxo de recuperar os terreos da desembocadura do Lagares Diversos cargos entre eles Guillerme Vázquez, mantiveron un encontro con colectivos ecoloxistas no que se reivindicou a “coherencia” do BNG en defensa do Medio Ambiente . Santi Domínguez, candidato do BNG á alcaldía, participou nun acto en Coruxo, xunto con numerosos representantes nacionalistas para reivindicar o acceso libre da cidadanía á illa de Toralla, na liña do reclamado polos deputados nacionalistas no Congreso e no Parlamento Galego: “Queremos esixir dunha vez por todas o accceso libre a esta illa que temos detrás, e que as administracións ás que lle corresponda, neste caso a Xunta e o Estado cumpran a súa obriga”, asegurou Domínguez, no comezo da ponte que une a praia do Vao con Toralla. Leer más…

RAFAEL LOUZÁN PRESENTA UN LIBRO QUE REPASA A BIOGRAFÍA DO COMPOSITOR REVERIANO SOUTULLO

   O libro foi presentado no Auditorio que leva o nome do xenial músico e foi escrito pola súa neta, María Rosa Arija Soutullo.-. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou o libro “Reveriano Soutullo: a alma lírica da música galega. Vida e obra” editado polo organismo provincial dentro da colección “Fillos Ilustres da Provincia de Pontevedra”. Na presentación, que tivo lugar no auditorio que leva o nome do xenial compositor, estiveron tamén presente o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla; a autora do libro, María Rosa Arija Soutullo; e o compositor Rogelio Groba. Leer más…

Programas de formación en internacionalización para empresas galegas

Dirixidos a empresarios ou persoal técnico de pemes galegas que teñan a intención de saír a mercados exteriores ou consolidar o seu actual proceso de internacionalización.
 Obxectivo: Formar a responsables de pemes en materia de internacionalización e en áreas de competitividade nun mercado global.  Método de traballo: A metodología deste programa combina formación on line (450 horas lectivas) con sesións e titorías presenciais. O programa inclúe a elaboración dun plan de internacionalización propio da empresa participante. Servizos adicionais post-formación: acceso a Redepyme, pemes en rede, dirixida a pemes e emprendedores co obxecto de apoiar de forma activa a consolidación e creación de empresas en todos os sectores económicos e favorecer a capacidade das pemes españolas para adaptarse ao entorno, a través de formación, asesoramiento, foros e puntos de encontro. Leer más…

PP REDONDELA ACTO DE PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA

acto, celebrado na tarde-noite de onte xoves, de presentación da candidatura do Partido Popular de Redondela.

Batismos de Vôo em Valença – Causa Solidária -Portugal

    Após o sucesso da primeira edição dos Batismos de Vôo, a favor da Liga Portuguesa Contra o Cancro, o Aeroclube de Cerval repete o evento a 30 de Abril, às 15h, no Aeródromo de Cerval, em Valença.    A iniciativa é do projecto “Um dia Pela Vida – Valença” que promove mais uma vez os batismos de vôo a favor da Liga portuguesa Contra o Cancro.   A viagem leva o piloto e um passageiro, numa oportunidade única de para sobrevoar toda  a Fortaleza de Valença e o Rio Minho, podendo visualizar as paisagens fantásticas que existem nesta cidade.    A luta contra o cancro em Valença, tem mobilizado centenas de pessoas que semanalmente se empenham em realizar as mais diversas actividades para angariação de fundos para esta causa tão nobre.   Esta iniciativa conta com o apoio da Câmara Municipal de Valença. Os vôos  só se poderão realizar se as condições meteorológicas o permitirem. Na impossibilidade de se realizar no dia agendado será adiado para o sábado seguinte.

    Inscrições:

    Tlm: 917563003

    Email: soutogomes@iol.pt / pelavidavalenca@gmail.com

Agenda semanal CFV – Vigo

 MARTES, 3 DE MAYO

  • Almuerzo-coloquio con Santiago Domínguez Olveira, candidato del BNG a la Alcaldía de Vigo.

LUGAR: Comedor general

HORA: 14:00

Con el candidato del BNG a la Alcaldía de Vigo, Santiago Domínguez Olveira, Círculo de Empresarios de Galicia-CFV inicia un ciclo dedicado a las próximas elecciones municipales, durante el cual las formaciones políticas representadas en el ayuntamiento vigués presentarán sus programas de gobierno ante los socios de la entidad empresarial.

MIÉRCOLES, 4 DE MAYO

  • Almuerzo-coloquio con Corina Porro, candidata del PP a la Alcaldía de Vigo.

LUGAR: Comedor general

HORA: 14:00

Dentro del mismo ciclo dedicado a las elecciones municipales, Corina Porro explicará a los socios del Círculo de Empresarios de Galicia sus programa y propuestas para la próxima legislatura municipal.

RUTAS PATRIMONIO HISTÓRICO. Vigo

Vigo: A descoberta da historia; Estas rutas propollenche unha viaxe singular e única polos dous mil anos que nos separan da orixe da cidade. A través de dúas horas contaremosche os fitos máis importantes da historia de Vigo ante elementos emblemáticos do seu patrimonio.

  • Sabías que no monte do Castro se sitúa a orixe da cidade?
  • Que aínda conservamos restos dunha calzada romana no casco vello?
  • Que despois da epidemia de peste no 1598 quedaron 22 casas habitadas en toda a cidade?
  • Que a cidade foi atacada por piratas como o famoso Drake ?
  • Que fomos a vila menos tempo ocupada por tropas francesas?
  • Que Jules Verne sitúa nos tesouros da Batalla de Rande a fortuna do capitán Nemo na súa novela “20.000 leguas baixo os mares” e que o Nautilus entraba na ría de Vigo? Leer más…

Comunicado de Prensa Carlos L. Font- Concello de Vigo

 Ante o anuncio realizado nesta mañá pola presidenta da Autoridade Portuaria e candidata á Alcaldía de Vigo, Corina Porro, de aprobación da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios do Porto de Vigo o voceiro municipal de Grupo Socialista, Carlos López Font, desexa realizar as seguintes puntualizacións: “En primeiro lugar desexo mostrar a sorpresa do grupo municipal socialista polo feito de que a señora Porro decida deixar a aprobación da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios- o que equivale ao antigo Plan de Usos- para o último Consello de Administración que ela presidirá. Parécenos dun tremendo electoralismo deixar a aprobación dun documento tan fundamental para o desenvolvemento portuario para última hora. Aínda así, queremos manifestar que o que anunciou hoxe a señora Porro non é máis que un documento de intencións porque necesitará, nas previsións máis optimistas, dunha tramitación dun ano e medio á que hai que engadirlle necesariamente outros dous anos pola necesaria modificación do Plan Especial do Porto de Vigo; sen a modificación do Plan Especial ningunha das propostas podería levarse adiante.  A señora Porro pretende novamente enganar aos cidadáns cando asegura que o Plan estará aprobado en seis meses, os prazos que pretende trasladar son falsos. A señora Porro sabe que estas previsións non se axustan a realidade e o que é máis importante, sabe que perdeu 2 anos. Tamén cabería lembrarlle á presidenta da Autoridade Portuaria que en maio de 2009 xa auguraba pechar o Plan de Usos en 15 días. Ao igual que habería que lembrarlle que o actual alcalde e expresidente do organismo portuario, Abel Caballero, tamén levou adiante unha aprobación inicial do Plan de Usos, fixo a exposición pública do Plan e contestou as alegacións presentadas. Abel Caballero sí que deixou o Plan de Usos totalmente encauzado. Pero o que nos parece aínda máis preocupante é o feito de que a señora Porro recoñeza que se ela chega á Alcaldía de Vigo reanudará as obras paralizadas polos xulgados de xeito inmediato. Sorpréndenos, aínda que non debería porque a señora Porro xa nos ten acostumados as ilegalidades. O feito de que ela mesma avance que o documento  incluirá cambios dos usos no Peirao de Comercio demostra que as obras realizadas ata o de agora son ilegais.

O voceiro municipal socialista

Carlos López Font

CONTOS DE ALDEA PARA NENOS DE AGORA No Verbum – Vigo

Domingos 1, 8, 15, 22 e 29 de maio de 2011

PARA NENOS A PARTIR DOS 4 ANOS

DE 12.00 A 13.30 HORAS

 

Domingo 22: Como é a vida nas Américas?

Nesta sesión coñeceremos o mundo da emigración nanosa propia pel, cruzaremos o ancho océano para coñecer os contos vellos para rapaces novos, os xogos emoito máis. Domingo 29: O cabaliño de buxo. Desta vez, Ruliño presentaranos o agasallo que lle fixeron, o seupequeno tesouro, o seu cabaliño de madeira de buxo. Acompañarémolo na fascinación do neno pobreque é, cos ollos ben abertos ao mundo que o rodea: a natureza, o circo, a escola… pequenos grandesacontecementos que experimentar día a día! Leer más…