Abel Caballerp propón axudas municipais directas para o automóvil e o naval.

 

O candidato aboga porque os concellos teñan atribucións para desenvolver políticas proactivas de emprego  Presenta o Plan Vigo Activa 2011-2015 diante de máis dun centenar de empresarios, representantes sindicais e da Universidade O líder socialista considera fundamental manter a intermediación municipal nas axudas directas de obra pública Citou como exemplo de necesidade de cooperación o feito de que a Xunta o ano pasado deixara sen invertir 150 millóns en xeración de emprego.

 Abel Caballero, candidato socialista á alcaldía deVigo, propuxo hoxe que o Concello de Vigo adxudique axudas económicadirectas á automoción e o naval. Esta aposta por sectores “tractor estratéxicos” do tecido produtivo de Vigo que é a primeira das iniciativas que candidato socialista propón cará a modificar as actuais políticas de empregmunicipais, xa que indicou- o contexto económico no que vivimos precisa quos municipios teñan unha actitude proactiva que permitan levar a palabremprego a toda a actividade económica e empresarial da cidade”. Diante de máis dun centenar de empresarios, representantes sindicais,economistas, o candidato socialista desgranou esta mañá as propostas emateria de promoción económica e emprego que os socialistas recollen no Plan Vigo Activa 2011-2015. A segunda destas prioridades no ámbitmunicipal” é, segundo indicou, a formación en procesos de desemprego e en persoas de difícil empregabilidade. Poránse en marcha programas de mellorada empregabilidade en novos nichos de emprego, programas paradesempregados maiores de 45 anos, ou formación continua en traballadoresen situación de ERE en colaboración con clústers e asociación sectorias, entroutros.  Como terceiro eixo do programa, Caballero aludiu ás axudas a sectoresproductivos e tecnolóxicamente innovadores: novas tecnoloxías no automóvil, oautomóvil eléctrico, o naval, os sectores de mecanización e automatización docomercio, trátase, resumiu,  de establecer a innovación como pauta central da industria, do comercio e do sector servizos de Vigo . Nesta liña, o Plan Vigo Activa 2011-2015 propón a creación dun fondo capital riesgo, a xestión de axudas e financiación e o fortalecemento da colaboración co Goberno de España. O candidato socialista aludiu como cuarto piar do programa, á creación dun gran ámbito de encontro entre a administración muncipal, os empresarios e os sindicatos que reactive o pacto polo emprego que xa se asinou no Concello de Vigo. En definitiva -suliñou o Plan Vigo Activa 2011-2015 é un programa concebido para que, desde o ámbito municipal ou xa metropolitano poidamos levar adiante toda a potencialidade de emprego que ten Vigo, coa involucración activa do Concello. Para isto, recalcou, é fundamental transformar o xeito de actuar dos municipios e iso conleva, o o mantemento do investimento directo en obra pública. Para lograr ese obxectivo, é precisa, incidiu, “a intermediación do Concello e do Alcalde en todos os organismos estatais e autonómicos de xeración de emprego. Citou como exemplo desta necesidade o feito de que a Xunta o ano pasado deixara sen invertir 150 millóns en xeración de emprego, seguramente se confiaran no Concello de Vigo teríamos feito un investimento produtivo enorme para toda Galicia”, concluiu.

 

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: