Comunicado de Prensa Carlos L. Font- Concello de Vigo

 Ante o anuncio realizado nesta mañá pola presidenta da Autoridade Portuaria e candidata á Alcaldía de Vigo, Corina Porro, de aprobación da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios do Porto de Vigo o voceiro municipal de Grupo Socialista, Carlos López Font, desexa realizar as seguintes puntualizacións: “En primeiro lugar desexo mostrar a sorpresa do grupo municipal socialista polo feito de que a señora Porro decida deixar a aprobación da Delimitación de Espazos e Usos Portuarios- o que equivale ao antigo Plan de Usos- para o último Consello de Administración que ela presidirá. Parécenos dun tremendo electoralismo deixar a aprobación dun documento tan fundamental para o desenvolvemento portuario para última hora. Aínda así, queremos manifestar que o que anunciou hoxe a señora Porro non é máis que un documento de intencións porque necesitará, nas previsións máis optimistas, dunha tramitación dun ano e medio á que hai que engadirlle necesariamente outros dous anos pola necesaria modificación do Plan Especial do Porto de Vigo; sen a modificación do Plan Especial ningunha das propostas podería levarse adiante.  A señora Porro pretende novamente enganar aos cidadáns cando asegura que o Plan estará aprobado en seis meses, os prazos que pretende trasladar son falsos. A señora Porro sabe que estas previsións non se axustan a realidade e o que é máis importante, sabe que perdeu 2 anos. Tamén cabería lembrarlle á presidenta da Autoridade Portuaria que en maio de 2009 xa auguraba pechar o Plan de Usos en 15 días. Ao igual que habería que lembrarlle que o actual alcalde e expresidente do organismo portuario, Abel Caballero, tamén levou adiante unha aprobación inicial do Plan de Usos, fixo a exposición pública do Plan e contestou as alegacións presentadas. Abel Caballero sí que deixou o Plan de Usos totalmente encauzado. Pero o que nos parece aínda máis preocupante é o feito de que a señora Porro recoñeza que se ela chega á Alcaldía de Vigo reanudará as obras paralizadas polos xulgados de xeito inmediato. Sorpréndenos, aínda que non debería porque a señora Porro xa nos ten acostumados as ilegalidades. O feito de que ela mesma avance que o documento  incluirá cambios dos usos no Peirao de Comercio demostra que as obras realizadas ata o de agora son ilegais.

O voceiro municipal socialista

Carlos López Font

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: