Programas de formación en internacionalización para empresas galegas
Dirixidos a empresarios ou persoal técnico de pemes galegas que teñan a intención de saír a mercados exteriores ou consolidar o seu actual proceso de internacionalización.
Obxectivo: Formar a responsables de pemes en materia de internacionalización e en áreas de competitividade nun mercado global. Método de traballo: A metodología deste programa combina formación on line (450 horas lectivas) con sesións e titorías presenciais. O programa inclúe a elaboración dun plan de internacionalización propio da empresa participante. Servizos adicionais post-formación: acceso a Redepyme, pemes en rede, dirixida a pemes e emprendedores co obxecto de apoiar de forma activa a consolidación e creación de empresas en todos os sectores económicos e favorecer a capacidade das pemes españolas para adaptarse ao entorno, a través de formación, asesoramiento, foros e puntos de encontro.
A matrícula é gratuíta, por estar cofinanciada polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e o Igape..-.Prazas limitadas. www.igape.es