RAFAEL LOUZÁN PRESENTA UN LIBRO QUE REPASA A BIOGRAFÍA DO COMPOSITOR REVERIANO SOUTULLO

   O libro foi presentado no Auditorio que leva o nome do xenial músico e foi escrito pola súa neta, María Rosa Arija Soutullo.-. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, presentou o libro “Reveriano Soutullo: a alma lírica da música galega. Vida e obra” editado polo organismo provincial dentro da colección “Fillos Ilustres da Provincia de Pontevedra”. Na presentación, que tivo lugar no auditorio que leva o nome do xenial compositor, estiveron tamén presente o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla; a autora do libro, María Rosa Arija Soutullo; e o compositor Rogelio Groba. O libro é unha biografía do compositor nacido en Ponteareas o 11 de xullo de 1880. “É unha satisfacción enorme para min poder renderlle homenaxe a este xenial compositor de Ponteareas a través deste libro que repasa a súa vida, e que está elaborada co cariño da súa neta”, sinalou Rafael Louzán. O presidente da Deputación quixo agradecerlle especialmente á familia de Reveriano Soutullo a labor que veñen desenvolvendo para recuperar a memoria e patrimonio do compositor e poñelo a disposición de todos os amantes da música. “A Deputación está facendo tamén un importante esforzo por recuperar a memoria deste compositor, autor do pasodoble Ponteareas, e vén de poñerlle o seu nome ao auditiorio no que hoxe nos atopamos. Un auditorio que foi totalmente renovado e acondicionado tanto por dentro como por fóra e que tivemos ocasión de inaugurar no pasado mes de marzo”, explicou o presidente da Deputación. Rafael Louzán lembrou que o auditorio vertebrará a vida cultural e lúdica de Ponteareas e agradeceulle ao alcalde o esforzo conxunto por remozar “unha infraestrutura básica para a vila”. O alcalde tivo palabras de agradecemento para a familia de Reveriano Soutullo, e lembrou que comezou na música grazas ao seu pai que foi quen lle aprendeu a tocar o cornetín. Durante a súa prolífica carreira escribiu máis de 300 pezas con moitos ritmos e melodías inspirados en Galicia. A Fundación Reveriano Soutullo encargouse de compilar e poñer en valor a súa obra. De feito, o libro foi escrito pola neta do compositor, rosa Arija Soutullo. No acto tamén estivo presente o músico e creador de Ponteareas, Rogelio Groba, que o vindeiro domingo recibirá o Premio da Cultura que entrega o Concello.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: