RUTAS PATRIMONIO HISTÓRICO. Vigo

Vigo: A descoberta da historia; Estas rutas propollenche unha viaxe singular e única polos dous mil anos que nos separan da orixe da cidade. A través de dúas horas contaremosche os fitos máis importantes da historia de Vigo ante elementos emblemáticos do seu patrimonio.

  • Sabías que no monte do Castro se sitúa a orixe da cidade?
  • Que aínda conservamos restos dunha calzada romana no casco vello?
  • Que despois da epidemia de peste no 1598 quedaron 22 casas habitadas en toda a cidade?
  • Que a cidade foi atacada por piratas como o famoso Drake ?
  • Que fomos a vila menos tempo ocupada por tropas francesas?
  • Que Jules Verne sitúa nos tesouros da Batalla de Rande a fortuna do capitán Nemo na súa novela “20.000 leguas baixo os mares” e que o Nautilus entraba na ría de Vigo?
  • Sabes quenes eran Elduayen, Policarpo Sanz, Mendez Nuñez ou García Barbón e cal é a súa importancia na historia da Cidade?
  • Que López de Neira foi o primer cidadán con luz e teléfono?

Se queres ter a resposta  destas e doutras preguntas acompañanos por estes singulares itinerarios polo centro da cidade. En cada parada avanzaremos  no tempo dende os orixes da antiga vila ata a moderna cidade que hoxe coñecemos. O programa consta de dúas rutas que realizamos en sábados alternativos. A primeira comeza na cultura castrexa e avanza no tempo ata o século XVIII. A segunda ruta comeza onde remata a anterior, nos inicios do século XIX e avanza ata a primeira metade do século XX.  

RUTA 1:

Da cultura castrexa ao século XIX, os orixes do Vigo moderno.

Sábados 30 de abril e 14 de maio

Saída as 11:00 horas dende o Poboado castrexo

Duración: 120 minutos

CON PARADAS EN:

Poboado Castrexo/Castelo de San Sebastián/Pazo Abeleira Menendez/ Paseo de Alfonso/ Poboadores/ Rúa Real/ Praza de Almeida/ Colexiata e rúas próximas.

RUTA 2:

O seculo XIX, o nacemento da cidade

Sábados 7 e 21 de maio

Saída as 11:00 horas dende a Colexiata

Duración: 120 minutos

CON PARADAS EN:.-Colexiata/Praza da Constitución/Praza da Princesa/ Rúa Imperial/Portas da Gamboa e Laxe/ Hotel Universal/Monumento a Elduayen/ Praza de Compostela e rúas próximas/ Policarpo Sanz/ Porta do Sol

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: