SANTI DOMÍNGUEZ: “ESIXIMOS DUNHA VEZ POR TODAS O ACCESO LIBRE Á ILLA DE TORALLA”

O candidato do BNG reiterou o seu compromiso cos veciños de Coruxo de recuperar os terreos da desembocadura do Lagares Diversos cargos entre eles Guillerme Vázquez, mantiveron un encontro con colectivos ecoloxistas no que se reivindicou a “coherencia” do BNG en defensa do Medio Ambiente . Santi Domínguez, candidato do BNG á alcaldía, participou nun acto en Coruxo, xunto con numerosos representantes nacionalistas para reivindicar o acceso libre da cidadanía á illa de Toralla, na liña do reclamado polos deputados nacionalistas no Congreso e no Parlamento Galego: “Queremos esixir dunha vez por todas o accceso libre a esta illa que temos detrás, e que as administracións ás que lle corresponda, neste caso a Xunta e o Estado cumpran a súa obriga”, asegurou Domínguez, no comezo da ponte que une a praia do Vao con Toralla. “Non queremos illas privadas: as illas, como a Ría, ou como o mar, teñen que ser de todos e todas”, asegurou.Nese sentido, o candidato nacionalista recordou que o BNG “ten demostrado até agora unha cousa: a súa coherencia en defensa do Medio Ambiente”. “Sempre estivemos nas reivindicacións e nas lotas contra as agresións ao noso medio”, explicou.  Recheos e construción en Samil.-.Nese sentido, Domínguez lembrou a oposición que no seu día amosaran os nacionalistas á construción de apartamentos en Samil, ou aos recheos indiscriminados na ría de Vigo. “Foi o BNG o que dixo que non se poden permitir recheos na Ría para facer pavillóns, campos de fútbol e escolas nos terreos gañados ao mar: esas dotacións son moi necesarias pero pódense facer en calquera outro sitio”, explicou. Reunión cos colectivos ecoloxistas.-.Antes do acto, o candidato do BNG á alcaldía e o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, mantiveron unha reunión con representantes de diversos colectivos ecoloxistas, nomeadamente Adega, a Plataforma pola Defensa da Ría, a Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, na que tamén estivo presente a vocalía de Medio Ambiente da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo. Así mesmo, ao acto asistiron Iolanda Veloso e María Méndez, da candidatura, e outros cargos do BNG como os deputados galegos Henrique Viéitez e Carme Adán; a deputada no Congreso Olaia Fernández Davila e a futura eurodeputada Ana Miranda. Neste encontro tratáronse temas como a macrodepuradora, o Plan de Usos do Porto, o saneamento da ría ou a Ordenación do Litoral. Guillerme Vázquez: “Unha situación medieval”.-.Tamén fixo declaracións aos medios o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, quen cualificou como “medieval” a situación da illa de Toralla. “Respaldo todo o que di o compañeiro e futuro alcalde de Vigo, Santi Domínguez, e desde logo estou convencido que debe ter fin esta situación medieval dunha illa privatizada”

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: