A XUNTA APOIA A INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA NO MEDIO MARIÑO DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
Medio Rural traballa conxuntamente co Organismo Autónomo Parques Nacionais e o Instituto Español de Oceanografía para o estudo da riqueza deste enclave natural .-. Co fin de investigar e potenciar a riqueza mariña do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Consellería do Medio Rural ven de renovar un convenio de colaboración para o estudo conxunto e realización de traballos relacionados coa xestión e control neste hábitat acuático. O departamento que dirixe Samuel Juárez traballa conxuntamente co Organismo Autónomo Parques Nacionais e o Instituto Español de Oceanografía a prol da conservación da zona mariña do Parque Nacional, que presenta un elevado valor ecolóxico, tanto polas súas paisaxes como pola súa riqueza en fauna e flora. A renovación deste convenio, asinado xa no 2006 por vez primeira, ten como finalidade a investigación mariña que levará a cabo a doutora en Bioloxía e investigadora titular do Centro Oceanográfico de Vigo, Mercedes Olmedo Herrero. Con este traballo abarcaranse diversos puntos, como o estudo do medio físico e biolóxico mariño e o seguimento científico de áreas protexidas neste medio.
Medio mariño
O medio mariño ocupa a maior parte da superficie do Parque Nacional; aproximadamente o 86% do espazo protexido corresponde ao dominio do océano. A biodiversidade que caracteriza este medio é consecuencia das súas particulares condicións oceanográficas e aos múltiples hábitats que nelas se atopan, base para o asentamento e desenvolvemento dunha gran variedade de comunidades representativas dos fondos atlánticos galegos. As augas caracterízanse pola súa claridade e por temperaturas medianamente frías, cunha lixeira influencia cálida achegada pola corrente cálida do Golfo, e cunha homoxeneidade vertical no inverno (13-16ºC) e unha estratificación no verán (12-18ºC) debido ao gradiente térmico producido polo quentamento das capas superiores. A salinidade media oscila entre un 33 e un 36 por mil, valores que varían segundo as achegas fluviais, os afloramentos de nutrintes e a temperatura.
Pesca e marisqueo
Os fondos mariños das Illas Atlánticas albergan unha gran riqueza que contribúe a soster as poboacións próximas a elas a través da pesca e o marisqueo. É esta, na maior parte dos casos, unha pesca artesanal, a pequena escala e máis respectuosa co medio que a industrial, xa que as capturas son máis reducidas e selectivas.
Beneficial info and excellent design you got here! I want to thank you for sharing your ideas and putting the time into the stuff you publish! Great work!
If you are open to having a guest blog poster please reply and let me know. I will provide you with unique content for your blog, thanks.
Hi thanks for offering your help to be very well received. Best regards