O SINDICATO DE XORNALISTAS RECLAMA VINCULAR AXUDAS AO MANTEMENTO DO EMPREGO ESTÁBEL

A calidade das noticias é a primeira vítima da precariedade nos medios.-.  Na véspera do Día do Traballador o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia que no último ano a práctica totalidade de medios de Galicia despediron a informadores e reduciron os ingresos daqueles que non botaron. As empresas financiaron estes despedimentos con importantes axudas públicas, que seguen a fluír das administracións aos medios sen apenas control. Lamentablemente, o xornalismo é o único sector económico que pode recibir subvencións públicas sen que a cambio as empresas teñan que garantir sequera o mantemento dos postos de traballo.

Cartos públicos para financiar ERES

‘Populares’, socialistas e nacionalistas aprobaron no Parlamento de Galicia hai máis de dous  ano unha proposición para que as administracións vinculen as axudas ao mantemento do emprego estábel. Porén, ningunha administración gobernada por estas tres forzas deu paso algún para o cumprimento deste acordo unánime da Cámara Galega.
A consecuencia desta escandalosa política de subvencións sen pedir unhas condicións mínimas para os traballadores é a continua vaga de ERES, despedimentos, atrasos nos pagos, diminución de soldos e abuso de bolseiros que soportan os profesionais da práctica totalidade dos medios.
Oposicións, mozos e teito de cristal
Ademais, a maioría das institucións non saca prazas fixas para os seus gabinetes de comunicación. E cando o fan, os procesos non garanten a libre competencia, pois a miúdo están pensados para certas persoas próximas ao responsábel político de turno.
As mulleres, maioría na profesión e nas aulas, son as que máis sofren esta nova onda de precariedade, pois elas habitualmente teñen máis difícil acceder a postos de responsabilidade. Non foi até 2009 que unha muller accedeu ao cargo de directora dun medio de comunicación en Galicia!
Os mozos xornalistas son outros dos máis prexudicados. As empresas están a substituír contratos por prazas para bolseiros, que non cotizan a Seguridade Social, non teñen dereito ao paro e cobran cantidades ridículas. Todo isto grazas a un sistema de prácticas pernicioso que a maior parte das universidades galegas se nega a regular.
Todas estas eivas non prexudican só aos informadores. A calidade das noticias é a primeira vítima da falta de dereitos laborais dos xornalistas. Ningún cidadán pode aspirar a recibir información veraz, como é o seu dereito constitucional, se os profesionais que traballan nos medios non teñen unhas condicións de traballo dignas. Noutras palabras, a precariedade dos xornalistas é a desinformación dos cidadáns.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: