Archivo | mayo 2, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo – 2-05-11 Galicia


Santi Domínguez anuncia que o venres comeza a funcionar o bus eléctrico como impulso á mobilidade do Casco Vello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que o vindeiro venres entrará en funcionamento o bus eléctrico do Casco Vello. Segundo destacou o nacionalista a implantación deste transporte público, que será de uso gratuíto ao longo do primeiro mes no que está en fase de probas, supón un paso máis na recuperación do Casco Vello “que iniciamos neste mandato” e no obxectivo de mellorar a mobilidade do barrio.

 


Xesus López avanza que Bad Religion actuará en Castrelos o 14 de agosto no peche do festival O Marisquiño

O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, presentou este venres o concerto que pechará o festival O Marisquiño 2011. Trátase da actuación que ofrecerá o grupo americano Bad Religion o 14 de agosto no auditorio de Castrelos, que se enmarca na xira de 30 aniversario da banda e na que ademais de facer un repaso polo seu repertorio, presentarán o seu último traballo, The Dissent of Man.

 

A Sociedade Filarmónica de Vigo actúa mañá martes no Auditorio Municipal cun progrma que inclúe pezas de Pergolesi e Vivaldi

A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural propón para mañá un concerto da Sociedade Filarmónica de Vigo, que terá lugar no Auditorio Municipal ás 20.30 horas, baseado nas obras de Pergolesi e Vivaldi. O prezo das entradas para asistir á actuación é de 5 euros e pódense adquirir na taquilla unha hora antes do comezo da actuación ou na web http://www.laboleteria.es.

VIGO ACOGE EL X CONGRESO NACIONAL DE CIRUGÍA LAPAROSCÓPICA

Los 450 asistentes y su intensa agenda convierten esta reunión científica en una de las más importantes que se hayan celebrado en Galicia De la cirugía oncológica a las nuevas tecnologías, el congreso incluye decenas de ponencias, comunicaciones y debates
 Vigo acogerá entre los próximos miércoles y viernes el X Congreso de la Sociedad Española de Cirugía Laparoscópica –SECLA-, un encuentro profesional que, por el número de asistentes, la intensidad de su agenda y el nivel científico de sus ponentes, será una de las reuniones científicas más importantes que se hayan celebrado en Galicia en los últimos años. Leer Más…

AXENDA // FESTIVAL SINSAL 9 // MAÑÁ ABE VIGODA NO MARCO DE VIGO ÁS 19:00

  ABE VIGODA CHEGAN A VIGO NUNHA XIRA QUE SÓ PASARÁ ADEMAIS POR MADRID E BARCELONA.-.CRUSH, O SEU ÚLTIMO DISCO, ELIXIDO COMO UN DOS TRABALLOS DO 2010 POR VARIOS MEDIOS ESPECIALIZADOS.-. ABE VIGODA (EEUU).-.Martes 3 de Maio, 19:00, MARCO, Vigo
8€ EN WWW.SERVINOVA.COM Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA CONVENIO PONTEVEDRA

  •   O conselleiro Javier Guerra e o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, asinan un convenio para seguir avanzando e mellorando no traballo desenvolto pola Opic de Pontevedra
  • O acordo coincide cun dos compromisos prioritarios da Consellería de Economía e Industria: mellorar o servizo de atención e información aos consumidores galegos dun xeito coordinado, e consolidar o formación e difusión en materia de consumo
  • O responsable autonómico apunta que a Opic de Pontevedra constitúe na actualidade “un servizo consolidado que contribúe de xeito moi positivo a reforzar os servizos de atención ao consumidor na provincia de Pontevedra e na propia capital, posto que o Concello carece deste servizo”
  • Javier Guerra lembrou que “a estratexia de fornecemento da política de protección ao consumidor da Xunta de Galicia vai continuar contando cos esforzos da Consellería de Economía e Industria, e plantexamos a consecución dun obxectivo máis ambicioso, como é a aprobación da nova Lei de Protección do Consumidor de Galicia”

AS OBRAS DE ABASTECEMENTO NO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO, EN PONTEVEDRA, COMEZARÁN EN XULLO

Medio Ambiente adxudicou o proxecto por máis de 1,2 millóns de euros.-

  • En Salvaterra de Miño, Medio Ambiente levará a cabo a fase II do proxecto que contempla a construción do interceptor xeral do río Mendo así como da rede primaria de colectores
  • Esta actuación  beneficiará a máis de 9.000 veciños do concello pontevedrés
  • As obras de abastecemento no Concello de Salvaterra de Miño, en Pontevedra, comezarán en xullo. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou o proxecto por 1.236.240 euros e a empresa beneficiaria foi a UTE Sercoysa Proyectos y Obras S.A- Galconser S.L. As obras consistirán na execución da segunda fase dos colectores xerais da bacía do río Mendo.Este proxecto, que supón a fase II, contempla a execución das obras necesarias para a construción dun interceptor xeral de saneamento de augas residuais do río Mendo e a súa rede primaria, o que permitirá incorporar ao interceptor as verteduras das parroquias situadas no extremo oriental de Salvaterra do Miño. Ademais, permitirá repoñer dos servizos e pavimentos afectados polas obras. Leer Más…

O ISSGA CONTABILIZA 330 CASOS DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS NO PRIMEIRO TRIMESTRE DESTE ANO

  • A meirande parte dos casos comunicados ao Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral foron causados por axentes físicos
  • A industria e os servizos foron os sectores que tiveron un maior número de afectados, seguido da construción
  •  O ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais, desenvolve unha liña de actuación sistematizada para o estudo estatístico da incidencia das enfermidades profesionais en Galicia e a investigación das súas causas. Os datos correspondentes ao primeiro trimestre deste ano poñen de manifesto que nese periodo foron comunicados ao ISSGA 330 partes de enfermidades profesionais, dos que 141 foron con baixa. Por sexos, 161 dos afectados eran homes e 169 mulleres. Os sectores da industria e dos servizos son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais. Na industria producironse 167 casos  e nos servizos  135, seguidos da construción que rexistrou 19 partes, da agricultura con 6 partes e da pesca con 3 casos. No caso do sector servizos as notificacións afectaron en maior grao ao colectivo feminino e no caso das rexistradas no sector de industria, ao masculino. En ambos os dous casos, as patoloxías detectadas foron provocadas por axentes físicos, e máis concretamente lesións osteomusculares. Leer Más…

Presentación del libro 'Activa tu metabolismo con la dieta coherente' en Casa del Libro de Vigo

  La doctora en Farmacia y nutricionista gallega Amil López Viéitez presentará el jueves 5 de mayo su más reciente trabajo en Casa del Libro de Vigo
  Cuando parece que todo está dicho sobre dietas y se recurre a fórmulas exóticas y con pocas posibilidades de conseguir resultados, la doctora en Farmacia y nutricionista Amil López Viéitez publica ‘Activa tu metabolismo con la dieta coherente’, un completo manual que incluye pautas de alimentación, un programa de entrenamiento para complementar la dieta y técnicas de relajación. En conjunto, se convierte en una guía práctica y amena para lograr el peso ideal y recuperar o mantener la salud. Más de 150 recetas ‘coherentes’ completan este trabajo, fruto de más de una década de investigaciones. Leer Más…

Convenio Consumo entre a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Industria

 Ao longo deste ano presentáronse 156 reclamacións, a maior parte delas relacionadas co telefonía e o sector enerxético.- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o conselleiro de Industria e Comercio, Javier Guerra, asinaron esta mañá no novo edificio administrativo da institución provincial un convenio de colaboración para a mellora dos servizos de atención e información ao cidadán, e de formación e difusión en materia de Consumo. A través deste acordo o Instituto Galego de Consumo achegaralle á Deputación 55.000 euros que potenciarán a labor da Oficina Provincial de Información ao Consumidor.“O acordo é unha mostra da  colaboración institucional e dá conta da importancia que lle damos tanto a Deputación como a Xunta ás reclamacións dos consumidores e á defensa dos cidadáns”, explicou o Rafael Louzán. Leer Más…

BEMBRIVE GAÑA A ORGANIZACIÓN DA FASE DE ASCENSO NACIONAL DE TENIS DE MESA.

  A Parroquia Viguesa vestiráse de Gala para recibir os mellores xogadores dos sete mellores equipos de tenis de mesa de España, e contará coa elite do Tenis de mesa con xogadores nacionais e internacional.

  • A organización desta final e gracias a colaboración e patrocinio da Entidade Local Menor, Xunta de Galicia,  e por suposto ó gran traballo feito polo equipo de Tenis de Mesa Helios.
  • O Helios T. M. xa conta no seu haber cun gran número de Victorias en diferentes campeonatos, así como xogadores situados no Top Ten Nacional.  – A mañá de onte foi á dunha xornada frenética e Histórica para a cidade de Vigo e para a parroquia de Bembrive, conseguindo a organización e celebración da Fase de Ascenso nacional de Tenis de Mesa nas terras desa parroquia ós proximos 21 e 22 de Maio. Onte a Federación Nacional decidía cal ia a ser a localidade organizadora entre candidatas coma,  Avilés, e mesmo San Sebastián. Leer Más…

SANTI DOMÍNGUEZ E OUTROS REPRESENTANTES DO BNG PARTICIPARON NA MANIFESTACIÓN DA CIG NO PRIMEIRO DE MAIO

O candidato do BNG á alcaldía e outros representantes nacionalistas participaron esta mañá na mobilización da CIG polo primeiro de Maio. Santi Domínguez puxo en valor a “coherencia” do BNG, unha forza política que “sempre estivo do lado dos traballadores e das traballadoras nas súas mobiliz.acións, e máis neste momento de crise”.
Xunto co candidato á alcaldía estiveron Iolanda Veloso, María Méndez, Xesus López e outros membros da lista, así como o portavoz nacional Guillerme Vázquez.
Santi Domínguez responsabilizou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, de non facer o suficiente polos desempregados