AS OBRAS DE ABASTECEMENTO NO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO, EN PONTEVEDRA, COMEZARÁN EN XULLO

Medio Ambiente adxudicou o proxecto por máis de 1,2 millóns de euros.-

  • En Salvaterra de Miño, Medio Ambiente levará a cabo a fase II do proxecto que contempla a construción do interceptor xeral do río Mendo así como da rede primaria de colectores
  • Esta actuación  beneficiará a máis de 9.000 veciños do concello pontevedrés
  • As obras de abastecemento no Concello de Salvaterra de Miño, en Pontevedra, comezarán en xullo. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou o proxecto por 1.236.240 euros e a empresa beneficiaria foi a UTE Sercoysa Proyectos y Obras S.A- Galconser S.L. As obras consistirán na execución da segunda fase dos colectores xerais da bacía do río Mendo.Este proxecto, que supón a fase II, contempla a execución das obras necesarias para a construción dun interceptor xeral de saneamento de augas residuais do río Mendo e a súa rede primaria, o que permitirá incorporar ao interceptor as verteduras das parroquias situadas no extremo oriental de Salvaterra do Miño. Ademais, permitirá repoñer dos servizos e pavimentos afectados polas obras. O colector xeral discorrerá, na súa maior parte, seguindo o río Mendo fóra da zona de servidume, funcionando por gravidade desde o seu extremo augas arriba, límite co concello das Neves, ata o seu final en Ponte Ferrón, onde se fará un bombeo que levará as residuais do conxunto á rede separativa da Plataforma Lóxística Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN). A lonxitude deste interceptor xeral será de máis de 5.700 metros; dividido en tres treitos. O primeiro treito terá unha lonxitude de 1.934 metros cun diámetro de 500 mm, outro treito de 2.272 metros cun diámetro de 400 mm e o último treito de 1.508 cun diámetro de 315 mm. Así mesmo, a rede primaria estará formada por doce colectores cunha lonxitude total de 6.462 metros, seguindo en xeral camiños e pistas existentes, recollendo as residuais dos núcleos principais que verten ao río Mendo. Estes colectores conectaranse ao interceptor en diversos puntos do seu percorrido. Con isto, Medio Ambiente prevé dotar aos preto de 9.000 veciños do Concello dun adecuado sistema de depuración das augas residuais para, así, mellorar a súa calidade de vida  Coa fase I rematáronse oito colectores desta rede primaria pero aínda atópanse en execución catro deles, que suman un total de 6.126 metros; repartidos en 548 m do colector de Burguete, 1.455 m do de Gandarela, 2.745 m do de Sueido e 1.378 m do colector do Couto.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: