Noticias Ayuntamiento de Vigo – 2-05-11 Galicia


Santi Domínguez anuncia que o venres comeza a funcionar o bus eléctrico como impulso á mobilidade do Casco Vello

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que o vindeiro venres entrará en funcionamento o bus eléctrico do Casco Vello. Segundo destacou o nacionalista a implantación deste transporte público, que será de uso gratuíto ao longo do primeiro mes no que está en fase de probas, supón un paso máis na recuperación do Casco Vello “que iniciamos neste mandato” e no obxectivo de mellorar a mobilidade do barrio.

 


Xesus López avanza que Bad Religion actuará en Castrelos o 14 de agosto no peche do festival O Marisquiño

O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, presentou este venres o concerto que pechará o festival O Marisquiño 2011. Trátase da actuación que ofrecerá o grupo americano Bad Religion o 14 de agosto no auditorio de Castrelos, que se enmarca na xira de 30 aniversario da banda e na que ademais de facer un repaso polo seu repertorio, presentarán o seu último traballo, The Dissent of Man.

 

A Sociedade Filarmónica de Vigo actúa mañá martes no Auditorio Municipal cun progrma que inclúe pezas de Pergolesi e Vivaldi

A Concellería de Cultura e Animación Sociocultural propón para mañá un concerto da Sociedade Filarmónica de Vigo, que terá lugar no Auditorio Municipal ás 20.30 horas, baseado nas obras de Pergolesi e Vivaldi. O prezo das entradas para asistir á actuación é de 5 euros e pódense adquirir na taquilla unha hora antes do comezo da actuación ou na web http://www.laboleteria.es.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: