O ISSGA CONTABILIZA 330 CASOS DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS NO PRIMEIRO TRIMESTRE DESTE ANO

  • A meirande parte dos casos comunicados ao Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral foron causados por axentes físicos
  • A industria e os servizos foron os sectores que tiveron un maior número de afectados, seguido da construción
  •  O ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais, desenvolve unha liña de actuación sistematizada para o estudo estatístico da incidencia das enfermidades profesionais en Galicia e a investigación das súas causas. Os datos correspondentes ao primeiro trimestre deste ano poñen de manifesto que nese periodo foron comunicados ao ISSGA 330 partes de enfermidades profesionais, dos que 141 foron con baixa. Por sexos, 161 dos afectados eran homes e 169 mulleres. Os sectores da industria e dos servizos son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais. Na industria producironse 167 casos  e nos servizos  135, seguidos da construción que rexistrou 19 partes, da agricultura con 6 partes e da pesca con 3 casos. No caso do sector servizos as notificacións afectaron en maior grao ao colectivo feminino e no caso das rexistradas no sector de industria, ao masculino. En ambos os dous casos, as patoloxías detectadas foron provocadas por axentes físicos, e máis concretamente lesións osteomusculares. Por grupos de enfermidades, o maior número de casos foron debidos a axentes físicos, 254 , dos que 104 foron sen baixa e das que as provocadas por posturas forzadas e movementos repetitivos no traballo supuxeron o maior número de enfermidades deste grupo e afectou maioritariamente ao sexo feminino; seguidos da inhalación de sustancias e axentes non incluídos nos outros grupos con 39 casos, deles 25 sen baixa. No grupo de enfermidades provocadas por axentes químicos houbo 21 partes, deles 7 sen baixa; no de enfermidades da pel por sustancias e axentes non comprendidos nos outros grupos comunicáronse 12 casos, deles 5 sen baixa;  de axentes biolóxicos houbo 3 partes, todos con baixa; e no grupo de axentes carcinóxenos houbo un único parte de enfermidade, con baixa. Por provincias,  o maior número de partes procedeu de Pontevedra, onde se notificaron 161, deles 73 sen baixa. En A Coruña houbo 128 comunicacións, delas 53 sen baixa. En Ourense rexistráronse 30 partes, dos que 10 foron sen baixa. E en Lugo houbo 11 casos, 5 sen baixa. Esta recompilación sistematizada de datos sirve ao ISSGA para analizar, investigar e avaliar as causas e factores determinantes das enfermidades profesionais e priorizar o asesoramento técnico, as campañas de divulgación e sensibilización e a temática das xornadas técnicas, en función dos sectores de actividade afectados e das patoloxías máis frecuentes, como é o caso das enfermidades  osteomusculares.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: