Entrega dos galardóns da VI edición dos premios sobre ‘Consumo Responsable’

  • A directora xeral de Comercio e presidenta do IGC, Nava Castro, e o director xeral de Educación, José Luis Mira, fixeron entrega dos galardóns da VI edición dos premios sobre ‘Consumo Responsable’
  • Un total de 13.000 persoas incrementaron o ano pasado os seus coñecementos e formación en todos os eidos do consumo
  • No eido educativo, a Escola Galega de Consumo traballou con máis de 4.000 alumnos e case un cento de profesores

A directora xeral de Comercio e presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, destacou hoxe o incremento dun 63% da actividade formativa relacionada coa Escola Galega de Consumo (EGC) con respecto ao no 2008, e apuntou que foron 13.000 as persoas que ano pasado incrementaron os seus coñecementos e formación en todos os eidos do consumo grazas ao esforzo do departamento que dirixe Javier Guerra. Nava Castro fixo estas declaracións no acto de entrega dos 27 premios relacionados coa VI edición dos galardóns sobre ‘Consumo Responsable’ e que repartiron 53.000 euros que se dividiron entre os proxectos desenvolvidos polos centros educativos integrados na rede de educación para o consumo (Galicons-net) e os de ensinanzas en réxime especial para reflexionar sobre os dereitos das persoas consumidoras. A Escola Galega de Consumo, explicou Nava Castro, acompañada polo director xeral de Educación, José Luis Mira, desenvolve catro grandes liñas programáticas, que son “a educación na escola, formación continuada de profesionais de consumo, programación para colectivos de adultos e consumidores de atención especial e oferta permanente de obradoiros”. No ámbito educativo, a directora xeral de Comercio e presidenta do IGC apuntou que “polas instalacións da EGC en Santiago, que a maioría dos aquí presentes coñece, viñeron a formarse neste último ano, a través da realización de distintos obradoiros de consumo, un total de 4.499 alumnos e alumnas de todos os niveis desde infantil a ciclos formativos e 81 profesores e profesoras, así como 1.563 adultos de distintos colectivos en 145 días de actividade, o que supón unha media de 43 persoas de todos os niveis educativos e asociacións de adultos por día de actividade”. “Este éxito de participación”, indicou Nava Castro, “nos leva a ser optimistas de cara a incrementar substancialmente este número de participantes ao longo do presente ano 2011, posto que ademais a nova Lei de Protección dos Dereitos dos Consumidores, que se atopa en periodo de información pública, obriga á realización de plans anuais de formación, de xeito especial a través da utilización das TIC, así como un plan específico anual en colaboración coa Consellería de Educación para actuar nas diferentes etapas e niveis educativos”. “Esta aposta decidida da nova Lei polas TIC nas que se desenvolven cada vez máis as relacións de consumo, ven sendo unha constante nas propostas da Escola Galega de Consumo, que nos últimos dous anos  ven desenvolvendo  os seus materiais didácticos nestes novos soportes, como o material didáctico para educación infantil: “Dalle a volta”, que foi presentado o pasado día 15 de marzo no Rueiro do Consumo, coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores e que, está dispoñible desde a páxina web do IGC, ou na oferta formativa dirixida ao profesorado”. Nava Castro agradeceu “ o asesoramento e apoio á labor docente no ámbito de consumo que nos proporciona a Consellería de Educación a través dos distintos asesores”, a animou a “traballar e reflexionar sobre os distintos aspectos de  consumo, nun intercambio enriquecedor de medios e experiencias que redundará en beneficio da calidade de vida de todas as galegas e galegos”.

Premiados

Os primeiros premios desenvolvidos polos centros educativos educativos integrados na rede de educación para o consumo (Galicons-net) foron para o CEIP Bergantiños de Carballo; o IES Carlos Casares de Viana do Bolo; o CEIP Forebel de Pontevedra; e o CEIP Lourido de Poio. Por oura banda, os primeiros premios para os participantes de ensinanzas en réxime especial para reflexionar sobre os dereitos das persoas consumidoras nas súas diferentes modalidades  foron para Antía Otero, Diego Pena e Marcos Rodríguez do EASD Ramón Falcón de Lugo; Víctor Fernández do IES Audivisuais de Vigo; Olalla Rivera do CIFP A Farixa de Ourense; Castor Manuel Chaves do CIFP A farixa de Ourense; e Josuha Acuña do IES María Soliño de Cangas

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: