Noticias Ayuntamiento de Vigo 4-05-11 Galicia


O alcalde ofrece a Feijóo “planificar conxuntamente” e consensuar a futura lei de Área Metropolitana de Vigo

Abel Caballero remitiu este mércores un escrito ao Presidente da Xunta de Galicia instándolle a manter unha reunión bilateral para acordar a lei de Área Metropolitana antes da súa aprobación no Parlamento. O anteproxecto aprobado “ofrece unha boa via” para “acordar e mellorar substancialmente” o texto, segundo observa o alcalde, polo que fai un chamamento á Xunta a consensualo.

 

O alcalde visitou o entorno da rúa Vázquez Varela, que rematará a súa humanización en 15 días

Abel Caballero destacou que Vázquez Varela “clamaba pola necesidade da súa humanización”, mellora para a que o Concello de Vigo destinou máis dun millón de euros e rematará en 15 días. O rexedor vencellou esta obra ás xa acometidas noutras rúas do entorno, como Urzáiz, Pizarro, San Salvador ou Condesa Casa Bárcena e engadiu que Vía Norte será reformada co proxecto de Thom Mayne para a estación de ferrocarril, a iniciar este verán co derrubo da actual en Urzáiz.

 


Santi Domínguez di que o concerto que Dani Martín ofrecerá o 20 de maio reflicte a aposta pola diversificación do Ifevi

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores o concerto que o artista Dani Martín, ex integrante de El Canto del Loco, ofrecerá o vindeiro 20 de maio no Ifevi ás 22.30 horas. O nacionalista asegurou que esta actuación enmárcase na “aposta iniciada hai catro anos pola diversificación”, para que ademais de escenario de congresos e feiras o Ifevi sexa tamén “escenario emblemático de concertos e eventos culturais”.

 


Abel Caballero felicita a Christian Fernández, único medallista vigués da Olimpiada Spain Skills de formación profesional

O alcalde de Vigo recibiu na mañá deste mércores a Christian Fernández Mariño, único vigués que obtivo medalla na Olimpiada Spain Skills de formación profesional, que celebrouse a comezos de abril en Madrid coa participación de 262 persoas. Christian é alumno do centro de FP Politécnico de Vigo e representará a España no campionato europeo da modalidade.

 


María Méndez anuncia que está aberto o prazo para participar no Verán de Lecer e Sábados Dinámicos

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este mércores que xa está aberto o prazo para participar nos programas Verán de Lecer e Sábados Dinámicos. María Méndez destacou que estas dúas iniciativas, destinadas ás persoas con discapacidade, reflicten a aposta pola igualdade de oportunidades de todas as persoas, da que son “abandeiradas a Concellería de Benestar Social e a Tenencia de Alcaldía”.

 


Xabier Alonso destaca que máis de 350 deportistas participarán este sábado na Festa do Karate en Bouzas

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este martes a XXIV Festa do Karate, que se celebrará o vindeiro sábado 7 de maio no pavillón de Bouzas dende as 17 horas, organizada pola agrupación deportiva Zanshin. O concelleiro nacionalista salientou que serán máis de 350 deportistas os que participarán no evento, de 7 clubs da cidade e as Escolas Deportivas Municipais.

 


Exposición “Galicia nas Ondas”

O Verbum acolle desde o día 4 de maio a exposición “Galicia nas Ondas. 1933-2011”. A mostra amosa dende a introdución do invento da radio en Galicia na década dos anos trinta do pasado século ata a actualidade, e constitúe un Museo da Radio en Galicia con sede estable no Verbum. Os seus contidos foron aportados por diferentes empresas radiofónicas galegas e diversos arquivos públicos e privados da comunidade.

 



Urania Mella

Mulleres con historia: Urania Mella

O xoves, 5 de maio, ás 19 h, no Centro de Documentación e Recursos Feministas contarase coa presenza de Eva Vieites Salmonte que nos falará sobre unha viguesa con historia: Urania Mella, presidenta da Unión de Mulleres Antifascistas de Vigo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: