Os traballadores/as de Frivipesca Chapela rexeitarán cunha manifestación o despido dunha compañeira

Coa mobilización, que se desenvolverá este sábado en Vigo, tamén pretenden denunciar a parálise da negociación do convenio.-.Os traballadores e traballadoras da empresa Frivipesca Chapela, pertencente ao Grupo Pescanova, convocan unha manifestación para este sábado día 7 de maio coa que protestarán polo novo despedimento dunha compañeira e denunciarán a paralización das negociación do convenio colectivo. A marcha partirá ás 11.00 hpras de Vía Norte e rematará na delegación da Xunta na Praza da Estrela.
O secretario comarcal da FGAMT-CIG de Vigo, Luciano Villar, explicou que a mobilización ten por obxecto rexeitar os “despedimentos intermitentes” que dun tempo a esta parte se están a producir. Ao mesmo tempo, trátase tamén de chamar a atención sobre a paralización dos contactos para negociar un novo convenio colectivo.
Villar explicou que a marcha percorrerá o centro da cidade polas rúas Urzáiz e Colón para rematar diante do edificio autonómico. Frivipesca Chapela é unha compañía dedicada á elaboración de produtos do mar que na actualidade conta cun plantel que ronda as 300 persoas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: