Archivo | mayo 5, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo – 05-05-11 – Galicia


O Pleno da Corporación acolleu intervencións de colectivos laborais, educativos e cidadáns de Vigo

En sendas sesións extraordinarias, o Pleno da Corporación de Vigo escoitou hoxe xoves as intervencións da Asociación de Veciños Pontenova-Freixeiro, dos traballadores de POVISA e de Linorsa, e dos colexios Altamar e Caixanova. Estes dous centros educativos precisan dun novo centro, a Asociación veciñal defendeu o mantemento da zona verde anexa ao Museo Liste e os traballadores de POVISA e Linorsa reclamaron solución aos seus conflictos laborais.



O tenente de alcalde di que o Convention Bureau pechou xa 14 congresos con 12.000 visitantes e un retorno de 9 millóns

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este xoves a XXI Reunión Anual da Asociación Galega de Psiquiatría, que reunirá a máis de 200 profesionais os días 24 e 25 de xuño no Pazo de Congresos. O nacionalista afirmou que estas xornadas forman parte dos 14 congresos que xa pechou o Vigo Convention Bureau, que traerán á cidade máis de 12.000 congresistas e un volume de negocio superior aos 9 millóns de euros.



As acuarelas de Méndez Paz enchen de cor os espazos da Alcaldía

O alcalde de Vigo, Abel Caballero xunto co acuarelista Ramón Méndez Paz e varios concelleiros participaron na mañá deste xoves unha nova edición do ciclo expositivo Mostrarte. Na inauguración o artista estivo arroupado por xentes da cultura así como polo cronista Lalo Vázquez Gil e Mingos Teixeira, coordinador do programa.


A compañía Teatro do Morcego representa mañá venres no Auditorio Municipal a comedia “A Nona”

O Auditorio Municipal acollerá mañá, 6 de maio, unha nova actuación do programa que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. Trátase da comedia “A Nona”, que a compañía Teatro do Morcego representará ás 21 horas, dirixida por Roberto Cossa. O prezo das entradas para asistir a esta actuación é de 7 euros e pódense adquirir na web http://www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da obra.



O Verbum inaugura o Museo da Radio de Galicia

O Verbum – Casa das palabras inaugurou o 4 de maio dentro das súas instalacións o museo da Radio de Galicia, unha instalación composta por máis de 300 pezas doadas por emisoras, institucións e particulares, que repasa a historia deste medio de comunicación en Galicia dende o nacemento do medio de comunicación en 1920 ata finais do século XX.


O sábado, segunda ruta do programa “Vigo: a descoberta da historia”

O sábado 7 de maio terá lugar a segunda das rutas do programa da concellería de Patrimonio Histórico, “Vigo: a descoberta da historia”, que integra catro rutas que se celebrarán en sábados alternativos.Tras saír ás 11 horas dende a Colexiata, terá paradas nas prazas da Constitución e da Princesa, a rúa Imperial, as Portas da Gamboa e Laxe, o hotel Universal, o monumento a Elduayen, a Praza de Compostela, Policarpo Sanz e a Porta do Sol.


 

 

ESTUDIANTES PORRIÑESES CONMEMORAN EL DÍA DE LAS LETRAS GALEGAS CON UN GRAN MURAL y un recital poético-musical Estudiantes porriñeses conmemoran el día de las letras gallegas con un gran mural y un recital poético-musical.

       En la tela, colgada de la fachada del centro cultural municipal, se representa una caricatura de Lois Pereiro, autor homenajeado este año Mañana viernes se celebrará el recital-obradoiro poético-musical “De Xohán de Cangas a Lois Pereiro” a cargo de la escritora Estíbaliz Espinosa y el compositor Juan Carlos Vázquez  web www.concellodoporrino.net

XUNTA APROBA DEFINITIVAMENTE O PROXECTO SECTORIAL DO PARQUE EMPRESARIAL DA PASAXE, EN GONDOMAR, QUE PERMITIRÁ AMPLIAR A SÚA SUPERFICIE E DOTAR DE SERVIZOS ADECUADOS ÁS PRETO DE CEN EMPRESAS EXISTENTES

 A actuación permitirá regularizar as empresas xa asentadas na zona

     O parque empresarial ocupará unha superficie total de 859.947 metros cadrados, dos cales 348.888 serán de uso industrial

     Quedarán libres 163.000 metros cadrados para a implantación de novas empresas.

     Xestur Pontevedra acordará cos propietarios das empresas xa existentes a repartición dos custes de urbanización e posteriormente iniciará o expediente de expropiación para a adquisición dos terreos necesarios para completar a actuación

     O investimento total previsto na actuación é de máis de 27,6 millóns de euros, dos cales preto de 20 millóns corresponderán a obras de urbanización e máis de 5,7 millóns a adquisición de solo

     Esta actuación, promovida por Xestur Pontevedra, foi incluída no Plan de Solo Empresarial presentado ao Consello da Xunta en novembro de 2009

La galería de arte Montenegro inaugura hoy una exposición en Vigo dedicada a la obra del pintor Manuel Colmeiro

  Desde hace 33 años, Vigo no acoge una muestra suya y ésta destaca, además, porque cuenta con el mayor número de cuadros del autor realizados en los años 20, 30 y 40  La galería de arte Montenegro ha logrado reunir la obra del pintor lalinense Manuel Colmeiro, fallecido en 1999, tras décadas de ausencia en las salas de la ciudad olívica -concretamente desde 1978-. La muestra, que se inaugurará hoy a las 20.00h con la presencia de su hija, la escultora Elena Colmeiro, se mantendrá abierta al público hasta el 28 de mayo en la galería Montenegro. Reúne 26 obras de todas las épocas artísticas de este pintor, siendo la primera exposición que se realiza del autor en la que se podrá contemplar numerosos cuadros suyos realizados en los años previos a la Guerra Civil española. De hecho, Montenegro es la galería de España que cuenta con más fondos del autor. Una de las obras expuestas en esta muestra visitó el Salón de los Independientes de Paris en 1969 y está valorada en 66.000 euros. Los cuadros de esta exposición están valorados desde 6.000 hasta 80.000 euros. Leer Más…

El PP denuncia que el alcalde anuncia la venta de 453 pisos ‘fantasma’ en otra nueva estafa electoral

La lista a la que se tienen que apuntar los interesados es una lista ficticia
·      Además dice que va a construir en las mismas parcelas con las que quería pagar el dinero de las sentencias

Ni siquiera ha iniciado el procedimiento para licitar la venta de las parcelas

  • La lista a la que se tienen que apuntar los interesados es una lista ficticia
  • Además dice que va a construir en las mismas parcelas con las que quería pagar el dinero de las sentencias
  • El Grupo Municipal del PP denuncia que el alcalde quiere vender 453 pisos ‘fantasma’, ya que, además de estar sin construir, ni siquiera ha iniciado el procedimiento para licitar la venta de las parcelas y su posterior construcción.    Abel Caballero anuncia otra estafa a dos semanas de las elecciones, con la que se vuelve a demostrar su incompetencia en materia de vivienda. En cuatro años no ha hecho nada y ahora, en el último momento, se saca de la chistera otra mentira.    El alcalde afirma que los interesados en los pisos pueden apuntarse en una lista, pero es una lista ficticia porque ni los pisos existen ni las parcelas están preparadas para que se construyan en ellos. ¿Serán como las 6.000 viviendas protegidas que prometió? Además en estos terrenos están incluidos los mismos por los que nadie pujó hace un tiempo, ya que el alcalde quería venderlos para pagar las sentencias urbanísticas. Leer Más…

Carlos Blanco en La pecera 7 Maio – Vigo

  La Pecera ( Pizarro 35) trae este fin de semana a Carlos Blanco, conocido sobre todo por sus múltiples apariciones en la televisión gallega. Mareas Vivas lo lanzó a la fama pero también destaca como guionista y hombre de radio.

La actuación comenzará a las 22:30 horas del sábado 8. La entrada cuesta 10€

LUCÍA MOLARES ENTREGA OS DIPLOMAS DOS CURSOS AFD 2010 A MÁIS DE CEN ALUMNOS E ALUMNAS QUE SE FORMARON NO CONCELLO DE MOS

  • O obxectivo prioritario do programa de Accións Formativas para Desempregados (AFD) é a inserción e reinserción laboral das traballadoras e traballadores desempregados naqueles sectores que require o sistema produtivo. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA SALIENTA A EFICACIA DO PROGRAMA BIOEMPRENDE PARA ACTIVAR PROXECTOS EMPRESARIAIS DE ALTO VALOR ENGADIDO

  • O orzamento da Xunta -preto dun millón de euros- no Bioemprende ten acadado resultados  empresariais “moi positivos” no eido da I+D+i, salientou o director xeral do Igape, Joaquín Varela
  • A organización de mesas sectoriais transfronteirizas permitiu detectar máis de 70 ideas de negocio biotecnolóxicas e elaborar unha colección de guías de oportunidades por sectores
  • Xeráronse plans de negocio viables, creáronse 4 empresas biotecnolóxicas, e polo menos 4 proxectos máis poranse en marcha ao longo deste ano
  • Creouse un viveiro de empresas virtual para spin-off académicas, un Observatorio Transfronteirizo de Innovación en Biotecnoloxía e un sistema de información xeográfica

O BNG COMPROMÉTESE CUHA CAMPAÑA “DE PROPOSTAS VERIFICABLES, CRIBLES E REAIS” E MARCADA POLA “AUSTERIDADE”

O acto central terá lugar o día 19 de Maio  O programa electoral estará mañá dispoñible na web www.santidominguez.info . Varios responsables do comité electoral do BNG ofreceron esta mañá unha rolda de prensa para avanzar as grandes liñas da campaña dos nacionalistas. O responsable local, Miguel Pérez, avanzou que os nacionalistas farán unha campaña “significada pola austeridade en todos os actos” e que apostarán por facer “propostas verificables, cribles e reais, sen falsas promesas”.
Na rolda de prensa participaron Miguel Pérez, responsábel local e candidato número 14, Manuel Caride, candidato número 6 e responsable de propaganda e María Alonso, número 9 da lista e coordinadora dos actos. O BNG apostará por “percorrer todos os barrios e parroquias da cidade, como xa fixemos en precampaña” en palabras do responsable local. Leer Más…

Catro alumnos de Vigo, Baiona e Bande gañan o Premio Literario Escolar Novacaixagalicia

 Os estudantes recibirán un equipo informático completo
   O traballo dos seus docentes será recoñecido cun ordenador portátil
 . O xurado da cuarta edición do Premio Literario Escolar Novacaixagalicia, que se reuniu esta mañá no Centro Social da entidade financeira en Vigo, decidiu outorgarlle os galardóns a Aitana Rodríguez Álvarez, do C.E.I.P. Frian, de Teis, en Vigo; Nicolás López Costas, do C.P.I. Cova Terreña de Baiona; Nerea Villar Vera, do Colexio Andersen , de Vigo, e Alba Quintáns González, do I.E.S. Aquis Querquernis, de Bande, en Ourense