LUCÍA MOLARES CLAUSUROU A CONVENCIÓN GRUPO CYBAS CUNHA REPRESENTACIÓN DA FESTA DA RECONQUISTA POLO CASCO VELLO

    A  delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) invitou a todos os participantes do congreso a vindeira celebración da Festa da Reconquista de Vigo, pola que traballará para que sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, Lucía Molares, foi a encargada de clausurar esta mañá a Convención Grupo Cybas: As axencias de hoxe ante novos escenarios, que durante este fin de semana reúne na cidade viguesa a profesionais de 500 axencias de viaxes e turoperadores procedentes de todo o país e que na xornada de hoxe centrou boa parte do seu traballo na recuperación histórica do Casco Vello vigués. Con todo, Molares animou aos participantes da Convención a coñecer o barrio histórico e, aproveitando que no programa se incluía unha visita a unha representación da Festa da Reconquista de Vigo polas rúas do casco histórico, invitounos á vindeira celebración do 28 de marzo para que coñezan de primeira man a historia da cidade olívica. Ademais, sinalou que traballará para que esta festa da cidade sexa declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, primeiro, e Nacional, despois. “Entre todos debemos conseguir ese obxectivo”, matizou. Tras a clausura oficial do congreso no Auditorio-Pazo de Congresos “Mar de Vigo”, a delegada acompañou así á organización e aos participantes á pequena representación da Festa da Reconquista polas rúas do casco histórico e que foi interpretada polos actores e actrices da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo que, ano tras ano cada 28 de marzo, representan a festa da cidade.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: