XUNTA CREARÁ UNHA RUTA FLUVIAL DE 7 QUILÓMETROS NO RÍO TEA AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE MONDARIZ, MONDARIZ BALNEARIO E PONTEAREAS E ACOMETERÁ O SANEAMENTO DA ZONA

   O conselleiro de Medio Ambiente avanza que o departamento que dirixe investirá 2,3 millóns de euros neste proxecto, que permitirá mellorar a calidade das augas e o contorno do río.-.

  • Ademais, Augas de Galicia construirá unha rede de colectores de máis de 8 quilómetros e un total de cinco estacións depuradoras
  • Destaca que esta iniciativa leva implícita unha compoñente social importante como é a colaboración de todos os cidadáns para a concienciación dos grandes valores naturais e patrimoniais dos que están rodeados
  • A Xunta convocou una liña de axudas por un importe de 2,7 millóns de euros para favorecer os investimentos das empresas en materia  Mondariz Balneario (Pontevedra), 6 de maio de 2011.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, confirmou esta mañá que a Xunta de Galicia acometerá un proxecto de obras de saneamento e a creación dunha ruta de sendeirismo fluvial no Río Tea, ao seu paso polos concellos de Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas. Grazas a esta actuación, ademais de mellorar a calidade das augas do río, tamén se recuperará o contorno do Tea nun tramo de 7 quilómetros. Sinalou que con esta iniciativa se busca regular, xestionar e executar todas aquelas actuacións necesarias para acadar o saneamento adecuado das augas e o estado ecolóxico óptimo do río. Así o avanzou hoxe Hernández durante a presentación da da Memoria de Sustentabilidade do ano 2010 de Augas de Mondariz. Grazas a esta actuación hidráulica, que será executada por Augas de Galicia, levarase o saneamento a diversas parroquias, como  Padróns, Piás e Prado, feito que implicará instalar máis de 8 quilómetros de rede de saneamento que conectará con 3 estacións depuradoras  para que as augas sexan tratadas perfectamente. Tamén se construirán dúas novas depuradoras para Río Frío e Lougares, polo que serán cinco o número de edares contempladas no proxecto. O conselleiro de Medio Ambiente destacou que Augas de Galicia xestionará un orzamento de 2,3 millóns de euros para executar esta actuación que permitirá mellorar a calidade das augas e a recuperación do contorno do río. Destacou que esta iniciativa leva implícita unha compoñente social importante como é a colaboración de todos os cidadáns para a concienciación dos grandes valores naturais e patrimoniais dos que están rodeados, así como de respecto pola natureza do contorno fluvial e as súas augas. Á vez –subliñou- este proxecto convertese nun oportunidade de emprego na área do turismo, da obra pública, e das actividades de ocio e deportivas.

Paseo fluvial

O conselleiro Hernández explicou que coa materialización desta actuación definirase unha ruta de sendeirismo ao carón do río Tea, que permitirá abrirse á natureza, creando sinerxías entre a poboación e o contorno fluvial. Acentuarase a beleza da paisaxe desta zona e crearanse de zonas recreativas e conectaranse as praias fluviais existentes coa finalidade de que todo elo sirva de incentivo para o turismo rural durante todo o ano. Este proxecto tamén representa un punto de interconexión dos diversos tramos e áreas mediante pasarelas e camiños sinalizados que permiten unha conexión entre os tres concellos beneficiados (Mondariz Balneario, Mondariz e Ponteareas) enriquecendo as súas poboacións nos valores medio ambientais, do valor da auga como gran recurso natural, e do valor da natureza Estas áreas naturais rehabilitadas tamén permiten fomentar as relacións entre os propios veciños ao crearse unha grande área de espazo público verde para as relación sociais e a saúde.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: