Archivo | mayo 9, 2011

VILAGARCÍA E A ESTRADA

Leo Bassi volve de xira por Galicia a vindeira semana con novas propostas

Vilagarcía, con “Utopía” e A Estrada, onde fará un espectáculo único onde se “queimará o herexe Leo Bassi”, son as localidades nas que poderemos gozar deste grande artista. Da man de Culturactiva, volve ao noso país “o último bufón”, como el se define, os días 13 e 14 de maio. Así, o venres 13 de maio, no auditorio de Vilagarcía, Leo Bassi deslumbrará o público co seu espectáculo “Utopía”. Será ás nove do serán cando esta orixinal proposta, poética, reflexiva, impecable na montaxe e cun humor fiado de xeito maxistral chegue a terras arousanas. As entradas xa se poden mercar en servinova https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php? Nivel=Evento&idRecinto=AMV&idEvento=2580  Na xornada seguinte é a quenda da Estrada. Sen sair da provincia de Pontevedra, o xenial artista italoamericano desembarca no Rock&Clown onde, a partir das seis da tarde, volverá facer gala do seu impresionante despregue humorístico e onde compartirá tamén cartaz con outro dos grandes do humor a nivel mundial, Jango Edwards. Leer Más…

O CASTELO DE SOUTOMAIOR OPTA Ó TÍTULO DE XARDÍN DE EXCELENCIA QUE CONCEDE A SOCIEDADE INTERNACIONAL DA CAMELIA

No caso de obtelo, sería o primeiro xardín de España, o séptimo de Europa e o décimooctavo do mundo en dispór de tal consideración.- A Deputación de Pontevedra presentará o xardín do Castelo de Soutomaior á convocatoria de Xardín de Excelencia que concede a Sociedade Internacional da Camelia (ICS). A candidatura será sometida a aprobación no congreso que se celebrará no 2012 en Chuxiong (China).Dos 9 requisitos obrigatorios que debe cumprir o xardín, o de Soutomaior xa cumpría 5 relativos ó coidado e ó mantemento, apertura ó público e localización das camelias.A Deputación está a traballar agora para cumprir as restantes esixencias relacionadas coa cantidade de cultivares de camelia, e as etiquetas. Leer Más…

Miercoles 11 de Mayo_Conferencia de Tantra gratuita


Ponente: Santoshi

Lugar;  Ronda de Don Bosco Nº 30 – 4º C. VIGO. PONTEVEDRA.

Horario: 20h

Entrada Libre

Capitán Maravilla pecha a programación da Universidade de Vigo cun espectáculo de acrobacias sobre un Mini

A actuación de Capitán Maravilla pecha mañá a programación da Universidade de Vigo cun espectáculo de rúa no que as acrobacias son as protagonistas. En Mono A Mono B a compañía Capitán Maravilla empregará un Mini como plataforma para saltar, viaxar ou mesmo plantar lume. Unha trepidante posta en escena chea de humor, acrobacias e malabares.Capitán Maravilla Productions está formada por David Morales (Capitán Maravilla), 2º Premio do Público no Festival Internacional de Teatro de Rúa de Valladolid, e Víctor Ortiz (creador de Wilbur). Iniciaron a súa colaboración precisamente co espectáculo Mono A Mono B.

 

CAPITÁN MARAVILLA

Mono A Mono B

 

Data: 10 de maio

Hora: 14,00 h // Entrada libre

Lugar: Centro comercial. Campus de Vigo.

 

 

 

 

 

A XUNTA INCREMENTA NUN 32% A OFERTA PÚBLICA DE PRAZAS RESIDENCIAIS EN SANTIAGO COA POSTA EN MARCHA DA RESIDENCIA JOSÉ OTERO

  • Comezou hoxe a actividade no centro residencial Fundación José Otero-Carmela Martínez para maiores dependentes
  • As instalacións, de titularidade da Administración autonómica, dispoñen dun total de 150 prazas que se suman ás 325 prazas residencias públicas que ata a data había na localidade de Santiago
  • A Consellería de Traballo e Benestar investirá ata 2013 máis de 6,6 millóns de euros no mantemento destas prazas públicas Leer Más…

Máis de 8.300 escolares de Educación Infantil asisten en Vigo á obra de teatro ‘Guyi-Guyi’

Novacaixagalicia pecha a programación para escolares que desenvolveu en Vigo ao longo deste curso coa obra de teatro para Educación Infantil ‘Guyi-Guyi’, da compañía Periferia Teatro. As representacións prolongaranse ata o 31 de maio con dúas funcións diarias, ás 10.00 e 12.00 horas. Os máis de 8.300 escolares que acudirán ao longo deste mes ao Centro Cultural Novacaixagalicia son boa mostra da gran acollida que esta actividade ten entre os centros escolares da contorna.

A XUNTA LICITA POR MÁIS DE 24 MILLÓNS DE EUROS A CONSERVACIÓN E MELLORA DOS MÁIS DE 1.170 QUILÓMETROS DA REDE VIARIA AUTONÓMICA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

  • Estas actuacións significan a garantía da conservación e mellora das estradas de titularidade autonómica logrando a vialidade, tanto en condicións normais como ante os efectos meteorolóxicos adversos

  • Así mesmo, búscase un tempo de resposta curto ante accidentes, urxencias, emerxencias e deterioracións, de forma que a circulación non se vexa afectada o mesmo que a seguridade viaria Leer Más…

Contadora de Historias, en lingua portuguesa, HELENA FARIA

Día 10 (martes) ás 18:00 h
Detrás do marco (r/Londres s/n)
De balde
Día 10 (martes) ás 20:00 h
Escola Oficial de Idiomas (Martínez Garrido, 17)
De balde

A HOSTELERÍA DO PORTO DA GUARDA MOLESTA UN ANO MAIS CA CASETA DE ACIGU

Nunha reunión mantida o pasado 6 de maio entre ábaco representado por varios hostaleiros do porto da Guarda e o Alcalde, D. José M. Dominguez Freitas, na que tamén estivo presente a petición dos empresarios, a Concelleira de Turismo, Dna. Montserrat Magallanes, lle fixeron chegar un ano máis os graves prexuízos que os restaurantes da zona están a padecer por mor da apertura da caseta que ano tras ano, a Asociación de Comerciantes Acigu, instala no porto.
Unha oficina de información empresarial que escudándose no cartel de turismo, insta aos visitantes a consumir nos 3 restaurantes asociados a dito colectivo, poñendo en dúbida a calidade de servizos e produtos dos restantes restaurantes, co grave dano que carrexa para os intereses dos hostaleiros, que ven perigrar o futuro das súas empresas e dos postos de traballo que soportan.
A hostalería do porto non entende cales son os motivos que moven a Acigu a instalar, repito ano tras ano, esta oficina a sabendas do dano que ocasiona no sector turístico guardés, cando logo presume de velar polos intereses do mesmo.
Mostra disto foron as continuas baixas de socios que Acigu tivo na zona, quedando na actualidade so 3 empresas asociadas.
Con todo, este ano Acigu volveu instalala polo que os hostaleiros solicitan ao Alcalde que,
– Informe de ata que punto e legal escudarse nun cartel de turismo para divulgar publicidade privada.
– Posto en coñecemento que dito malestar se lle transmitiu a Portos de Galicia e Patronato Turismo Rías Baixas, se lle faga chegar dende o concello cal é o seu punto de vista desta situación.
– Para que os nosos visitantes non se atopen nunha situación, cando menos paradóxica, ao mirar en escasos 100 metros dúas oficinas de turismo. Que o concello coloque este ano a súa oficina a carón da de Acigu e lle recomende a este colectivo a retirada da súa, ou cando menos retire o cartel de “Turismo”. Deste xeito, o porto da Guarda contaría con un único punto de información turística transparente, plural e público, fortalecido coa información empresarial que Acigu, Ábaco ou cualquiera outra entidade quixera ofertar cos seus respectivos permisos.

TRECE CREADORES PARTICIPAN EN EL CERTAMEN DE DISEÑADORES NOVELES GALLEGOS CONVOCADO POR TRÉBULA

Mañana se darán a conocer los nombres de los alumnos de Goymar que diseñarán la ropa que utilizará el personal de sala y cocina del restaurante de Cangas

Mañana, martes, se fallará el concurso de jóvenes diseñadores convocado por el restaurante Trébula de Cangas para vestir a su personal de sala y cocina durante los próximos meses. En total han participado en el certamen un total de 13 alumnos de la Escuela Superior de Diseño Goymar Vigo, que han elaborado sus propuestas en base a las características del restaurante: esto es decoración, ubicación y carta. La original idea surgió después de que los responsables del establecimiento, Aitor Martínez y Anselmo Rodríguez, optasen por implicar a las jóvenes promesas de nuestra moda en el diseño de la colección de ropa para el personal de sala y cocina. A la hora de tomar una decisión sobre las propuestas más interesantes, los responsables de Trébula pretenden “que nos den un toque de distinción”, según Anselmo y que “nos hagan sentir cómodos para trabajar, ayudándonos a estar contentos en el día a día”, manifiesta Aitor. En lo que coinciden ambos es en que los participantes se merecen un 10. “Tanto por su implicación en el proyecto como por la calidad de los trabajos”, señalan. Una vez dado a conocer el fallo, en un acto que se celebrará MAÑANA, a partir de las ocho de la tarde, en el Auditorio de Texvigo, en el Parque Tecnológico y Logístico de Valladares de Vigo, la empresa Trébula se ocupará de la confección de las prendas que se convertirán en el vestuario del personal del restaurante desde julio a octubre de este año.