Archive | mayo 10, 2011

Rodman creará unha bolsa de emprego para recuperar no futuro o persoal afectado polo ERE extintivo

O comité de empresa incluíu no acordo medidas para reducir nun 40% o impacto da proposta de eliminar 120 dos 277 postos de traballo O cadro de persoal de Rodman Polyships aprobou por unanimidade o ERE extintivo presentado pola empresa despois de que o comité lograse introducir unha cláusula que establece a creación dunha bolsa de emprego que vincula a reincorporación dos traballadores/as despedidos á futura recuperación da compañía. Ao mesmo tempo, o acordo coa firma de construción naval con sede na parroquia moañesa de Meira, que foi ratificado onte en asemblea, inclúe unha serie de medidas que reducen nun 40% o impacto da proposta inicial de eliminar 120 dos 277 empregos.Dende o comité de empresa sinalan que o acordo con Rodman establece tamén unha serie de cláusulas de exclusión mediante as que se favorece aos colectivos con máis dificultade para incorporarse ao mercado laboral. Deste xeito, quedan fóra do Expediente de Regulación de Emprego as persoas maiores de 55 anos e as mulleres. Leer Más…

Campaña BNG . Vigo

SANTI DOMÍNGUEZ: “O PRIMEIRO QUE FAREI NA ALCALDÍA UN PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL QUE CRE 2.500 EMPREGOS”

O candidato do BNG expresou a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de NovacaixagaliciaO Partido Popular leva dous anos na Xunta sen tomar nin unha soa medida para o emprego na nosa cidade”, afirmou.-.O programa electoral dos nacionalistas inclúe o desenvolvemento do solo industrial en Matamá-Valadares e Liñeiriños así como o Polígono Loxístico do Aeroporto Leer Más…

Campaña Psoe – Vigo

ABEL CABALLERO APOSTA POLO DESEÑO DUN VIGO EN FEMININO
Nun encontro con máis de 250 mulleres comprométese a incorporar a súa visión ao desenvolvemento da cidade
Crearanse garderías nos centros de traballo con horarios adaptados ao horario laboral O candidato socialista comezou hoxe a campaña “Porta a porta” na rúa Travesía de Vigo
O candidato á Alcaldía de Vigo, Abel Caballero comprometeu esta tarde nun acto celebrado con máis de 250 mulleres, que apostará polo deseño dun Vigo en feminino que incorpore a visión das mulleres ao desenvolvemento
da cidade. Caballero puxo como exemplo que son maioritariamente mulleres as que demandan as humanizacións, a construción de parques infantís, a mellora da limpeza das rúas .. e polo tanto manifestou o seu compromiso de ter en conta as súas propostas á hora de planificar o deseño da cidade. Caballero salientou que a transversalidade será o elemento que vertebre toda la cidade.

O CANDIDATO SOCIALISTA RETA A CORINA PORRO A DEIXAR DE ESCAPAR DOS DEBATES SOBRE PROXECTOS DE CIDADE
Atribúe a negativa da candidata do PP a que tería que recoñecer que o goberno liderado por Caballero fixo cen veces máis que o que ela presidiu Caballero asegura que Porro e o periódico “antivigués” se unen para opoñerse ás axudas do goberno municpial a Citroën, el Celta ou ao hospital público  O cabeza de lista do PSOE en Vigo, Abel Caballero, retou
esta mañá a Corina Porro a participar en debates “desde a limpeza e a educación” sobre proxectos de cidade . Os cidadáns teñen dereito a decidir con liberdade e a coñecer os programas e o balance de xestión que presenta cada partido. Na súa opinión, a negativa de Porro a debater débese a que “tería que recoñecer que nós fixemos cen veces máis que eles”, en alusión ao mandato no que Porro foi alcaldesa. Caballero insistiu en que a candidata do PP ten medo e escapa: “escapa da cidade -vive en Vilaboa-, escapa dos debates, e agora, ao parecer, tamén escapa da Policía”, ironizou. Por outra banda, Caballero referiuse hoxe tamén as críticas que desde o “periódico antivigués” se vierten ao convenio de 3 millóns de euros que se asinou onte con Citroën. Segundo Caballero, ese xornal é “realmente o que encabeza a lista do PP en Vigo, e poñense de acordo, indicou, para apoñerse as axudas que desde o Concello se outorgan a factorías que xeran na cidade 35.000 empregos, ao Celta ou ao hospital público”

CABALLERO ANIMA A RAJOY A APOIAR AO MINISTRO DE FOMENTO  NA ENTRADA DO AVE POR CERDEDO
Critica ao líder nacional popular porque, a pesar de vir a Pontevedra con frecuencia, só visita Vigo para participar en actos electorais O candidato socialista espera que o presidente do PP aproveite a súa comida en Vigo para expoñer os seus proxectos para a cidade  Abel Caballero indicou hoxe que espera que o líder do PP nacional Mariano Rajoy aproveite a súa comida en Vigo para darlle o seu apoio ao ministro de Fomento, José Blanco, na entrada do tren de alta velocidade a Galicia por Cerdedo. O candidato socialista criticou a actitude do presidente do PP xa que, a pesar de que ven a Pontevedra con frecuencia, “só visita Vigo para participar en actos electorais”. “Non veu como líder do PP, nin como ministro, nin como vicepresidente da Deputación”, recordou o cabeza de lista do PSOE, engadindo que “nunca trouxo proxectos para esta cidade”. Nesta mesma liña, Caballero lamentou que Rajoy non detalle as propostas que ten para Vigo, nin se preocupe por saber cómo pode cooperar coa poboación máis importante de Galiza.

Campaña PP Vigo y Área Metropolitana.

Feijóo aposta por trasladar ás cidades o modelo económico da Xunta: austeridade, disciplina orzamentaria e responsabilidade

  • Apunta que é importante xerar confiaza cara os emprendedores, como está a facer a Xunta; cara os mercados, demostrando que o Goberno galego ten un plan; e cara aos cidadáns, co mantemento e mesmo ampliación de servizos públicos
  • Asegura que a alternativa nacional e local en política está representada polo PP: en Vigo con Corina, e a nivel estatal con Mariano Rajoy.-.Apunta que un Código de Responsabilidade Económica como o incluido no programa electoral dos populares habería aforrado ao Goberno a vergoña de chegar aos 5 millóns de parados e moitos problemas ás cidades

Resalta a aposta estratéxica do Goberno galego pola innovación e a Sociedade do Coñecemento como un dos piares para o desenvolvemento futuro

§  Destaca que o Goberno galego conta cunha “folla de ruta clara” para cumprir este obxectivo, a Axenda Dixital de Galicia

–  Explica que en só un ano o Plan de Banda Larga posibilitou a conexión a internet a 250.000 persoas que carecían de cobertura

–  Subliña que a rede Cemit, cuxa aula de Ponteareas visitou esta mañá, está presente xa en 89 concellos con 94 aulas nas que este ano se formarán 12.000 persoas

EL PP APUESTA POR MODIFICAR EL PLAN GENERAL Y POR LA TRANSPARENCIA URBANÍSTICA

  • Corina Porro promoverá la creación de empleo en sectores relacionados con la construcción
  • En cuatro años no se ha dado ni una sola vivienda de protección”, afirmó la candidata
  • La candidata del Partido Popular a la Alcaldía de Vigo, Corina Porro, presentó, en el Paseo de Alfonso, las propuestas de urbanismo incluidas en el programa electoral. “Queremos menos confusión, más transparencia y más garantías urbanísticas. El urbanismo de esta ciudad siempre ha sido el urbanismo del PSOE, ya que fueron ellos los que aprobaron los Planes Generales. La historia de esta ciudad es la que es y los ciudadanos tienen memoria”.

PP Redondela.- JAVIER BAS E AGUSTÍN HERNÁNDEZ ESTARÁN MAÑÁ COS VECIÑOS DE REDONDELA AMOSANDO O SEU APOIO Á A-57 E Á ALTERNATIVA 11
Os populares redondeláns acompañarán ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas nunha visita a Reboreda, na que se dará conta da situación actual do proxecto da A-59, rexeitado polo PP e que, de levarse adiante, arrasaría con esta parroquia e tamén coas do Viso, Ventosela, Vilar, Quintela e Saxamonde

PARTIDO POPULAR DO PORRIÑO PRESENTA AS SÚAS PROPOSTAS PARA MELLORAR MOSENDE
Os veciños están convidados ao mitin que se celebrará mañá mércores, ás 21.00 horas no centro cultural
Intervirán Antonio Bugarín e María Alonso como representantes do PP na parroquia de Mosende e Nelson Santos, actual alcalde e candidato á Alcaldía

 

Noticias Ayuntamiento de Vigo 10-05-11 Galicia


Os actos do Día das Letras comezan hoxe martes cun contacontos e o 15 de maio celebrarase en Castrelos a Festa das Letras

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, presentaron este martes a programación organizada con motivo do Día das Letras Galegas, que comeza hoxe cun contacontos a cargo de Helena Faria. Santi Domínguez destacou que as actividades propostas son “o colofón ao que vimos facendo na posta en valor da nosa lingua e a nosa cultura”. O nacionalista salientou tamén que o prato forte da programación será o 15 de maio en Castrelos, onde se celebrará a IV Festa das Letras.

 


Xabier Alonso di que o Campionato de España infantil de baloncesto feminino reunirá aos 32 mellores equipos

Vigo albergará do 19 ao 25 de xuño a maior concentración de clubs da historia en disputa dunha competición dun deporte olímpico de equipo. O 27 Campionato de España de baloncesto infantil feminino celebrarase en catro recintos, Navia, As Travesas, Bouzas e o Polideportivo Universitario, e participarán por vez primeira 32 equipos polo título, con máxima representación galega ao clasificarse o campión de Galicia, Arxil Pontevedra, o Celta Maristas Novacaixagalicia (subcampión autonómico) e o Maristas Coruña, terceiro na Liga Galega.

 


O alcalde participa na apertura do VI Encontro Sindical de xóvenes MCA-UGT

Abel Caballero animou onte aos mozos a debater e “deixarse escoitar” ao entender que son “os ollos e os oídos do presente”. Abel Caballero realizou estas declaracións no encontro nomeado “Es por tí” que se celebra no Auditorio “Mar de Vigo” e que remata hoxe. Na apertura interviñeron tamén o secretario xeral de UGT, Cándido Méndez, ou o Secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez Gómez, entre outros.

O Comité de Empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia de Pontevedra convoca unha nova concentración

O Comité de Empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia de Pontevedra convoca unha nova concentración, esta vez, diante da Residencia do Tempo Libre de Paxón (concello de Nigrán), para mañá mércores 11 de maio de 2011 ás 11:00 horas, contra a eliminación de postos de traballo e polo aumento dos cadros de persoal dos centros da provincia. Leer Más…

SE ANIMA LA VENTA DE ENTRADAS PARA EL CONCIERTO DE DANI MARTÍN EN A CORUÑA

n una hora vendió 6.500 entradas de su concierto en León, lleva más de 1.000 en A Coruña.

Las entradas salieron  a la venta el 7 de abril, alcanzando un buen ritmo de venta gracias a la promoción inicial, y actualmente se llevan más de 1000 entradas vendidas. El concierto del artista Dani Martín se convertirá en un gran éxito si continúa el ritmo de entradas actual. Leer Más…

O CENTRO DE DÍA ATALAIA DE VIGO CELEBRA O XOVES A FESTA DOS MAIOS NA PRAZA DO MERCADO DE TEIS

  • Tras recoller flores durante estes días, mañá mércores pola tarde adornarán o maio
  • A vindeira semana o centro celebra varias xornadas de portas abertas con motivo do seu tercer aniversario

Usuarios e traballadores do Centro de día Atalaia de Vigo celebrarán este xoves a festa dos Maios con bailes e cantos a partir das 11 horas na Praza do mercado de Teis, onde convidarán aos veciños e veciñas a participar. A preparación desta festa vén xa dende días atrás, xa que a semana pasada estiveron a ensaiar as danzas e os cantos, mentres que durante os días de onte e de hoxe traballadores e usuarios están a recoller as flores coas que mañá mércores pola tarde adornarán o maio. Nestas celebracións organizadas polos traballadores do centro Atalaia toma parte tamén un grupo de mulleres participantes no Plan Comunitario de Teis, que habitualmente desenvolve accións conxuntas co centro de día. Leer Más…

Novacaixagalicia organiza o concurso ‘¿Coñeces Galicia?’ con motivo do Día Mundial de Internet

Con motivo da conmemoración do Día Mundial de Internet o vindeiro martes 17 de maio, a Obra Social Novacaixagalicia organizou o concurso ‘¿Coñeces Galicia?’, dirixido a todos os socios dos seus dous centros Ciberalia, na Coruña e Lugo, e a súa rede de Centros de Maiores, situados en 11 localidades galegas: Betanzos, A Coruña, Ferrol, Lugo, Monforte, Ourense, Pontedeume, Pontevedra, Santiago, Vigo e Viveiro.

PORTOS DE GALICIA CELEBRA O PRIMEIRO ENCONTRO SOBRE NOVA ARQUITECTURA PORTUARIA NA ILLA DE SAN SIMÓNO presidente do ente público foi o encargado da apertura da xornada, que pon en valor un novo deseño construtivo sostible, eficiente e integrador, “do século XXI”

O presidente do ente público foi o encargado da apertura da xornada, que pon en valor un novo deseño construtivo sostible, eficiente e integrador, “do século XXI”.-.

  • A xornada contou coas ponencias de reseñados arquitectos como César Portela, Gustavo e Lucas Díaz, Álvaro Romero ou José Santos Portos de Galicia celebrou esta mañá o I Encontro sobre nova arquitectura portuaria, que tivo lugar na illa de San Simón, na ría de Vigo. A xornada estivo presidida polo máximo responsable do ente público, José Manuel Álvarez-Campana. O encontro, que dá continuidade a unha xornada sobre nova obra civil, celebrada hai dúas semanas en Miño, pretende difundir e poñer en valor a nova filosofía construtiva, que Portos de Galicia quere convertir en símbolo da arquitectura portuaria galega. Trátase dun prantexamento baseado na innovación, a aplicación dos coñecementos técnicos de última xeración, o respecto medioambiental e a integración entre os portos e as vilas que os acollen.

 

Para este fin, o Encontro contou coas ponencias de reseñados arquitectos galegos. Así, César Portela presentou o proxecto da futura lonxa de Ribeira; Álvaro Romero, o deseño do edificio do clube de remo Amegrove; Gustavo e Lucas Díaz, de Díaz y Díaz Arquitectos, os edificios náuticos de Portonovo e A Pobra; e José Santos, a futura estación marítima de Baiona. Todos estes proxectos son referencias dun novo modelo de construción de infraestruturas polivalentes, sostibles e eficaces, que teñen acadado o recoñecemento do sector profesional non só en Galicia senón tamén no ámbito nacional e internacional, onde os seus autores foron galardoados.