Campaña BNG . Vigo

SANTI DOMÍNGUEZ: “O PRIMEIRO QUE FAREI NA ALCALDÍA UN PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL QUE CRE 2.500 EMPREGOS”

O candidato do BNG expresou a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras de NovacaixagaliciaO Partido Popular leva dous anos na Xunta sen tomar nin unha soa medida para o emprego na nosa cidade”, afirmou.-.O programa electoral dos nacionalistas inclúe o desenvolvemento do solo industrial en Matamá-Valadares e Liñeiriños así como o Polígono Loxístico do Aeroporto

Santi Domínguez, candidato do BNG á alcaldía de Vigo, presesentou esta mañá diante do Centro Cultural Nova Caixa Galicia (Teatro García Barbón) as medidas do BNG en materia de emprego: o Plan de Emprego Municipal para xerar 2.500 postos de traballo, e a aposta polos polígonos industriais de Matamá-Valadares, Liñeiriños e o Polígono Loxístico do aeroporto de Peinador.O primeiro día que tome posesión como alcalde, sentareime a negociar cos sindicatos e cos empresarios para pór en marcha un verdadeiro plan municipal de emprego que cre 2.500 postos directos en dous anos”, explicou, tras expresar a súa preocupación pola situación económica de Vigo e da súa comarca. Porén, Santi Domínguez quixo matizar as capacidades reais do concello de Vigo: “Non é momento de frivolizar coas persoas que o están a pasar mal, hai que dicir que o concello ten as competencias que ten, e a maioría das competencias en políticas de emprego son da Xunta e do goberno central”. Iso si, explicou que “se hai un alcalde nacionalista nesta cidade esixirá desde o primeiro día que a Xunta e o goberno central cumpran coas súas obrigas”.

Polígonos industriais e transporte de mercadorías por aire

Así mesmo, o candidato nacionalista fixo mención a algunhas das medidas do seu programa de emprego, en concreto ás propostas para a posta en marcha dos polígonos de Matamá-Valadares e Liñeiriños. “É hora de empezar a mover o urbanismo de Vigo para aumentar as dotacións de solo industrial, como se fixo no seu día cando o BNG tiña a alcaldía e xestionaba o urbanismo”, explicou, en referencia ao período de goberno 1999-2003. Así mesmo, no seu discurso falou de especializar en mercadorías os tráficos de Peinador coa posta en marcha do Polígono Loxístico do Aeroporto, desde a convicción de que “se os tres aeroportos galegos traballan colaborativamente, Galiza será competitiva, e Vigo ten moitas posibilidades para ser un gran aeroporto de tráfico de mercadorías por aire”. “Se a Vigo lle vai ben, a Galiza iralle ben, e viceversa”, explicou.

Críticas á inacción do PP en materia do emprego

O Partido Popular leva dous anos na Xunta sen tomar nen unha soa medida en materia de emprego”, afirmou Domínguez. “Durante este tempo, derrogaron un concurso eólico perfectamente legal que podería ter creado milleiros de postos de traballo en Vigo e en Galiza e hoxe en día o noso país ten 75.000 parados máis que cando Alberto Núñez Feijóo chegou ao poder”, explicou. O alcaldable nacionalista tamén fixo referencia á candidata popular á alcaldía, Corina Porro: “Que opina a muller que aspira á alcaldía e leva dous anos calada ante a destrución de emprego en Vigo?”.

Solidariedade cos traballadores e traballadoras de NovaCaixaGalicia.-.O candidato do BNG expresou tamén a solidariedade desta organización política cos traballadores e traballadoras de NovaCaixaGalicia tras a ruptura de negociacións entre os representantes sindicais e a dirección da caixa. “Todo o noso apoio e a nosa cercanía cara ás vosas reivindicacións”, afirmou. Así mesmo, Domínguez lembrou a aposta do BNG “por un sistema financieiro no que as caixas manteñan a súa condición semipública”. “Galiza ten dereito á ter as súas estruturas económicas para que o aforro dos galegos non marche fóra”, dixo.  Chelo Lago.-.Antes de Santi Domínguez interviu Chelo Lago, candidata número 8 e dirixente sindical na CIG, quen recordou que “a comarca de Vigo conta con 60.000 persoas desempregadas, e en Vigo hai máis de 50.000 persoas por baixo do limiar da pobreza”. Lembrou tamén a perda de 7.000 empregos no naval e o peche de conserveiras como Alfageme. Segundo a candidata nacionalista, “como formación política de esquerdas que somos, non pode haber maior prioridade que a loita contra o desemprego, fronte ás políticas antisociais do PP na Xunta e do PSOE en Madrid”. No acto estiveron presentes outros membros da candidatura, como Iolanda Veloso, Xabier Alonso, María Bouza ou Manuel Caride, o deputado Henrique Viéitez, o ex alcalde Lois Castrillo ou o secretario comarcal da CIG, Serafín Otero, entre outros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: