Campaña Psoe – Vigo

ABEL CABALLERO APOSTA POLO DESEÑO DUN VIGO EN FEMININO
Nun encontro con máis de 250 mulleres comprométese a incorporar a súa visión ao desenvolvemento da cidade
Crearanse garderías nos centros de traballo con horarios adaptados ao horario laboral O candidato socialista comezou hoxe a campaña “Porta a porta” na rúa Travesía de Vigo
O candidato á Alcaldía de Vigo, Abel Caballero comprometeu esta tarde nun acto celebrado con máis de 250 mulleres, que apostará polo deseño dun Vigo en feminino que incorpore a visión das mulleres ao desenvolvemento
da cidade. Caballero puxo como exemplo que son maioritariamente mulleres as que demandan as humanizacións, a construción de parques infantís, a mellora da limpeza das rúas .. e polo tanto manifestou o seu compromiso de ter en conta as súas propostas á hora de planificar o deseño da cidade. Caballero salientou que a transversalidade será o elemento que vertebre toda la cidade.

O CANDIDATO SOCIALISTA RETA A CORINA PORRO A DEIXAR DE ESCAPAR DOS DEBATES SOBRE PROXECTOS DE CIDADE
Atribúe a negativa da candidata do PP a que tería que recoñecer que o goberno liderado por Caballero fixo cen veces máis que o que ela presidiu Caballero asegura que Porro e o periódico “antivigués” se unen para opoñerse ás axudas do goberno municpial a Citroën, el Celta ou ao hospital público  O cabeza de lista do PSOE en Vigo, Abel Caballero, retou
esta mañá a Corina Porro a participar en debates “desde a limpeza e a educación” sobre proxectos de cidade . Os cidadáns teñen dereito a decidir con liberdade e a coñecer os programas e o balance de xestión que presenta cada partido. Na súa opinión, a negativa de Porro a debater débese a que “tería que recoñecer que nós fixemos cen veces máis que eles”, en alusión ao mandato no que Porro foi alcaldesa. Caballero insistiu en que a candidata do PP ten medo e escapa: “escapa da cidade -vive en Vilaboa-, escapa dos debates, e agora, ao parecer, tamén escapa da Policía”, ironizou. Por outra banda, Caballero referiuse hoxe tamén as críticas que desde o “periódico antivigués” se vierten ao convenio de 3 millóns de euros que se asinou onte con Citroën. Segundo Caballero, ese xornal é “realmente o que encabeza a lista do PP en Vigo, e poñense de acordo, indicou, para apoñerse as axudas que desde o Concello se outorgan a factorías que xeran na cidade 35.000 empregos, ao Celta ou ao hospital público”

CABALLERO ANIMA A RAJOY A APOIAR AO MINISTRO DE FOMENTO  NA ENTRADA DO AVE POR CERDEDO
Critica ao líder nacional popular porque, a pesar de vir a Pontevedra con frecuencia, só visita Vigo para participar en actos electorais O candidato socialista espera que o presidente do PP aproveite a súa comida en Vigo para expoñer os seus proxectos para a cidade  Abel Caballero indicou hoxe que espera que o líder do PP nacional Mariano Rajoy aproveite a súa comida en Vigo para darlle o seu apoio ao ministro de Fomento, José Blanco, na entrada do tren de alta velocidade a Galicia por Cerdedo. O candidato socialista criticou a actitude do presidente do PP xa que, a pesar de que ven a Pontevedra con frecuencia, “só visita Vigo para participar en actos electorais”. “Non veu como líder do PP, nin como ministro, nin como vicepresidente da Deputación”, recordou o cabeza de lista do PSOE, engadindo que “nunca trouxo proxectos para esta cidade”. Nesta mesma liña, Caballero lamentou que Rajoy non detalle as propostas que ten para Vigo, nin se preocupe por saber cómo pode cooperar coa poboación máis importante de Galiza.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: