Noticias Ayuntamiento de Vigo 10-05-11 Galicia


Os actos do Día das Letras comezan hoxe martes cun contacontos e o 15 de maio celebrarase en Castrelos a Festa das Letras

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, a concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, presentaron este martes a programación organizada con motivo do Día das Letras Galegas, que comeza hoxe cun contacontos a cargo de Helena Faria. Santi Domínguez destacou que as actividades propostas son “o colofón ao que vimos facendo na posta en valor da nosa lingua e a nosa cultura”. O nacionalista salientou tamén que o prato forte da programación será o 15 de maio en Castrelos, onde se celebrará a IV Festa das Letras.

 


Xabier Alonso di que o Campionato de España infantil de baloncesto feminino reunirá aos 32 mellores equipos

Vigo albergará do 19 ao 25 de xuño a maior concentración de clubs da historia en disputa dunha competición dun deporte olímpico de equipo. O 27 Campionato de España de baloncesto infantil feminino celebrarase en catro recintos, Navia, As Travesas, Bouzas e o Polideportivo Universitario, e participarán por vez primeira 32 equipos polo título, con máxima representación galega ao clasificarse o campión de Galicia, Arxil Pontevedra, o Celta Maristas Novacaixagalicia (subcampión autonómico) e o Maristas Coruña, terceiro na Liga Galega.

 


O alcalde participa na apertura do VI Encontro Sindical de xóvenes MCA-UGT

Abel Caballero animou onte aos mozos a debater e “deixarse escoitar” ao entender que son “os ollos e os oídos do presente”. Abel Caballero realizou estas declaracións no encontro nomeado “Es por tí” que se celebra no Auditorio “Mar de Vigo” e que remata hoxe. Na apertura interviñeron tamén o secretario xeral de UGT, Cándido Méndez, ou o Secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez Gómez, entre outros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: