O CENTRO DE DÍA ATALAIA DE VIGO CELEBRA O XOVES A FESTA DOS MAIOS NA PRAZA DO MERCADO DE TEIS

  • Tras recoller flores durante estes días, mañá mércores pola tarde adornarán o maio
  • A vindeira semana o centro celebra varias xornadas de portas abertas con motivo do seu tercer aniversario

Usuarios e traballadores do Centro de día Atalaia de Vigo celebrarán este xoves a festa dos Maios con bailes e cantos a partir das 11 horas na Praza do mercado de Teis, onde convidarán aos veciños e veciñas a participar. A preparación desta festa vén xa dende días atrás, xa que a semana pasada estiveron a ensaiar as danzas e os cantos, mentres que durante os días de onte e de hoxe traballadores e usuarios están a recoller as flores coas que mañá mércores pola tarde adornarán o maio. Nestas celebracións organizadas polos traballadores do centro Atalaia toma parte tamén un grupo de mulleres participantes no Plan Comunitario de Teis, que habitualmente desenvolve accións conxuntas co centro de día.

Portas abertas polo terceiro aniversario

Tras estes actos organizados con motivo da festa dos Maios, o Centro de día Atalaia continuará con celebracións a vindeira semana, xa que se cumprirá o terceiro aniversario da súa apertura. Por ese motivo, os días 18, 19 e 20 celebraranse xornadas de portas abertas entre as 11 e as 13,15 horas para ofrecer información e orientación a todas as persoas que se queiran achegar ata alí para coñecer o centro. Dentro dese horario, cada día haberá ademais unha actividade entre as 11,30 e as 12,30. Así, o mércores 18 repetiranse as danzas e cantos dos Maios, o xoves 19 haberá manualidades e o venres 20 de maio desenvolverase unha actividade de xerontoximnasia e xogos de movemento. O Centro de día Atalaia, situado na Avda. de Dona Fermina nº 9, no barrio de Teis, ten 25 prazas e pertence á Rede de centros de atención a persoas maiores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O Consorcio xestiona un segundo centro de día na Rúa O Grove, en Coia, cunha oferta de 70 prazas. Estes centros de día son servizos de atención xerontolóxica de alcance social e terapéutico e de apoio ás familias que prestan atención diúrna a persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no entorno habitual dos usuarios.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: