O Comité de Empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia de Pontevedra convoca unha nova concentración

O Comité de Empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia de Pontevedra convoca unha nova concentración, esta vez, diante da Residencia do Tempo Libre de Paxón (concello de Nigrán), para mañá mércores 11 de maio de 2011 ás 11:00 horas, contra a eliminación de postos de traballo e polo aumento dos cadros de persoal dos centros da provincia. O comité de empresa segue coas mobilizacións contra a amortización de postos de traballo nos centros de Benestar na provincia de Pontevedra. A vindeira concentración realizarase as 11:00, o11 de maio, diante da Residencia do Tempo Libre de Panxón. O comité de empresa, decidiu no Pleno do 4 de maio de 2011, continuar coas mobilizacións contra das amortizacións de prazas e polo aumento do persoal nos centros de Benestar na provincia de Pontevedra. Esta postura do Comité foi avalada, en asemblea, polos traballadores/as da Residencia do Tempo Libre de Panxón afectados/as, tamén, pola amortización de postos. A entrevista coa Secretaria Xeral (Cristina Ortiz Dorda), da Consellería de Traballo, celebrada en Compostela o pasado día 29 de maio do 2011, foi totalmente insatisfactoria debido á falta de compromiso de non levar a efecto as amortizacións nos centros. Os postos afectados son máis de 50 nas catro provincias galegas. Estes postos pertencen ao Grupo V do Convenio en vigor. Son postos, principalmente no área de limpeza e cociña. Moi probablemente, a estes, lle sigan outros, no futuro, de outras categorías de niveis. Entende o Comité que o PP, que está ao fronte da Xunta, só lle interesa a privatización dos centros novos a crear e ir, pouco a pouco, deixando en mans privadas servizos de toda índole no centros que agora son públicos.

 

Por todo o exposto facemos un chamamento, aos medios de comunicación, para que se cubra a información exposta e a concentración do próximo mércores 4 de maio de 2011 ás 11 horas, concentración rexeitando a eliminación de postos de traballo nos nosos centros e Consellería, todo elo diante da Residencia do Tempo Libre de Panxón (concello de Nigrán) (rúa Cansadoura, 2) e a que acudirá o comité de empresa e traballadores/as dos distintos centros.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: