PORTOS DE GALICIA CELEBRA O PRIMEIRO ENCONTRO SOBRE NOVA ARQUITECTURA PORTUARIA NA ILLA DE SAN SIMÓNO presidente do ente público foi o encargado da apertura da xornada, que pon en valor un novo deseño construtivo sostible, eficiente e integrador, “do século XXI”

O presidente do ente público foi o encargado da apertura da xornada, que pon en valor un novo deseño construtivo sostible, eficiente e integrador, “do século XXI”.-.

  • A xornada contou coas ponencias de reseñados arquitectos como César Portela, Gustavo e Lucas Díaz, Álvaro Romero ou José Santos Portos de Galicia celebrou esta mañá o I Encontro sobre nova arquitectura portuaria, que tivo lugar na illa de San Simón, na ría de Vigo. A xornada estivo presidida polo máximo responsable do ente público, José Manuel Álvarez-Campana. O encontro, que dá continuidade a unha xornada sobre nova obra civil, celebrada hai dúas semanas en Miño, pretende difundir e poñer en valor a nova filosofía construtiva, que Portos de Galicia quere convertir en símbolo da arquitectura portuaria galega. Trátase dun prantexamento baseado na innovación, a aplicación dos coñecementos técnicos de última xeración, o respecto medioambiental e a integración entre os portos e as vilas que os acollen.

 

Para este fin, o Encontro contou coas ponencias de reseñados arquitectos galegos. Así, César Portela presentou o proxecto da futura lonxa de Ribeira; Álvaro Romero, o deseño do edificio do clube de remo Amegrove; Gustavo e Lucas Díaz, de Díaz y Díaz Arquitectos, os edificios náuticos de Portonovo e A Pobra; e José Santos, a futura estación marítima de Baiona. Todos estes proxectos son referencias dun novo modelo de construción de infraestruturas polivalentes, sostibles e eficaces, que teñen acadado o recoñecemento do sector profesional non só en Galicia senón tamén no ámbito nacional e internacional, onde os seus autores foron galardoados.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: